Obra teatral que nos conta unha historia que se vai
levar a cabo no bar La Boite de Pandora.
Nel aparecen unha serie de personaxes principais como son: Arturo Piñeiro, alias
Caronte, que é un ex boxeador coñecido como Robinson, agora camareiro do bar La Boite de Pandora; Lucía que é a dona
do bar e muller de Caronte; Lanzarote, un loitador antifranquista e vendedor de
maquinas de escribir.
Este
bar ofrece dous tipos de servizos. Por un lado, ten a función de bar onde
ocorren os sucesos e se levan a cabo unha chea de conversas e polo outro, ofrécense
combates de boxeo e loita libre.
Cando
vin que se trataba de teatro, non me chamou tanto a atención, xa que prefiro
ler unha historia que ler un diálogo.
O
libro non me gustou moito, no momento no que o comecei a ler non me decataba de
nada, e tiven que volver varias veces ao comezo. Despois, a medida que o ía
lendo pensaba que me gustaría máis e o entendería, pero non foi así.
Este
libro é unha mestura entre a ironía e a dureza que nos sitúa nun momento
histórico, como foi o franquismo.
Por
último, dicir que si que recomendo este libro porque me parece bastante bo
en canto aos acontecementos que nel se contan, pero que persoalmente a min non
me gustou xa que me resultou difícil engancharme e comprender esta obra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario