Comentario de Antía Buján
Cráter
Olga Novo
Toxosoutos
“Importa a intelixencia fértil.
Importa a delicadeza doce. Importa a liberdade radical. O soño e a súa
realidade. Importa a feliz idade.”
Fermosas frases percorren este poemario ao comezo de cada capítulo, sen
dúbida unha forma de achegar ao lector unha pausa para os seus pensamentos, máis
alá da poesía. Ó igual que “Nós nus” e “A cousa vermella”, Olga Novo crea
mediante os seus poemas un espazo erótico, sensual, da vida cotiá. Con
cada libro que leo de Olga Novo dáme a sensación de que descubro un novo
segredo, unha parte dela que non coñecía.
Para min o título de este libro intenta saírse do convencional e suscitar no lector sentimentos de liberdade; ao igual que na Cousa vermella é mais
íntimo e en Nós nus os sentimentos reflíctense entre dúas persoas, neste libro
os sentimentos son máis amplos e máis diversos, dirixidos a distintos temas sen
esquecer a poesía erótica.
Un dos meus poemas favoritos deste poemario é "Vesubio":
“Se entro en erupción
ninguén está a salvo
Desde neniña sei
que estou feita
de lava prófuga.
A miña columna de fume
Ascende vértebra por vértebra
Á estratosfera.
Abrázote.
Abrásote.”
Este é un dos fermosos poemas que esconden os libros de Olga Novo,
recoméndollo a todos aqueles que busquen algo fóra do común, algo distinto que
mostre sentimentos máis alá do visual, máis ala das críticas e dos tabús.
Sen comentarios
Publicar un comentario