02/02/14

Cráter

Comentario de Antía Buján


Cráter
Olga Novo
Toxosoutos





 “Importa a intelixencia fértil. Importa a delicadeza doce. Importa a liberdade radical. O soño e a súa realidade. Importa a feliz idade.”
Fermosas frases percorren este poemario ao comezo de cada capítulo, sen dúbida unha forma de achegar ao lector unha pausa para os seus pensamentos, máis alá da poesía.  Ó igual que “Nós nus” e “A cousa vermella”, Olga Novo crea mediante os seus poemas un espazo erótico, sensual, da vida cotiá. Con cada libro que leo de Olga Novo dáme a sensación de que descubro un novo segredo, unha parte dela que non coñecía.
Para min o título de este libro intenta saírse do convencional e suscitar no lector sentimentos de liberdade; ao igual que na Cousa vermella é mais íntimo e en Nós nus os sentimentos reflíctense entre dúas persoas, neste libro os sentimentos son máis amplos e máis diversos, dirixidos a distintos temas sen esquecer a poesía erótica.
Un dos meus poemas favoritos deste poemario é "Vesubio":
“Se entro en erupción
ninguén está a salvo
Desde neniña sei
que estou feita
de lava prófuga.
                                        
A miña columna de fume
Ascende vértebra por vértebra
Á estratosfera.

Abrázote.
Abrásote.”

Este é un dos fermosos poemas que esconden os libros de Olga Novo, recoméndollo a todos aqueles que busquen algo fóra do común, algo distinto que mostre sentimentos máis alá do visual, máis ala das críticas e dos tabús. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario