Comentario de Patricia Lázara Framiñán

Unha historia familiar
Christine Nöstlinger
Oxford
Ao principio resultábame moi aburrido e parecíame que non o ía acabar nunca, pero pouco a pouco foi mellorando e a verdade é que me enganchou. Gustaríame que houbese un segundo libro, e un terceiro, e un cuarto, etc, todos os que fixesen falta.
O que máis me gustou foi que toda a historia fose real xa que, calquera rapaza pode ser coma Gretchen e calquera pode ter os mesmos problemas, tanto amorosos como familiares.
Non me esperaba que Gretchen fose tan forte e madurara tan rapidamente. Nin tampouco que ela e Hinzel, o rapaz da tatuaxe, isto realmente sorprendeume e resultoume moi curioso.
Recoméndolla a calquera persoa independentemente de se lle gusta ler ou non e diríalle que aínda que ao principio lle resulte aburrido que non abandone!
Sen comentarios
Publicar un comentario