Comentario de Esperanza Caramés

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
Moisés,
un rapaz cunha vida baleira de amor, grazas ao propietario dunha pequena tenda
de ultramarinos chamado Ibrahim, experimenta o máis parecido á felicidade no
que leva de vida.
Para min
o señor Ibrahim é a voz da experiencia que ensina as leccións que lle deu a
vida ao longo dos anos ao vital, novo e desamparado Momo.
Este
libro ten unha cousa que me gustou moito e é a forma na que está narrado:
rápida, directa, sen redundancias, contando só o preciso.
Eu
atopei detalles graciosos, pero tamén tristes coma a actitude dos pais.
En
definitiva o libro gustoume.
Sen comentarios
Publicar un comentario