ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/03/14

Todo ben

Comentario de Noelia Soto



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais

"Todo ben" de Manuel Rivas, foi para min un libro dificil de ler e de comprender porque utiliza moitos personaxes e hai, a miúdo, parágrafos en portugués. Todo xira en torno ao deporte de "bóla" e as súas lendas históricas do Brasil. Son os reis do fútbol e amosan a superioridade carioca sobre o deporte europeo. Marcos Andrade tamén vive a inseguridade e corrupción propia de Río; a maneira que teñen de cerrar os casos sen acabar de investigar, a necesidade de cambiar de identidade ás veces para non vivir coma un perseguido.
Por outra banda, ve como os outros "reis" do Brasil son moitos galegos emigrados hai anos que fixeron grandes empresas e queren participar no rico negocio do fútbol e da política.
 

Sen comentarios