Comentario de Nuno Pérez Fernández
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Nesta novela, Manuel Rivas fala dun amor en
segredo no que dúas persoas suspiraban, un polo outro, pero teñen medo de
expresalo, e por culpa diso, non puideron disfrutar un do outro.
Nesta
historia vin o malo que é non poder expresarse por medo a non ser
correspondido, a non dicir as cousas cando podes, a sentirse invisible cando
es a persoa pola que sempre se preocupa outra. Este relato fainos pensar
sobre o que é capaz de facer unha persoa por amor, cando o que realmente ten
que facer é fixarse na propia persoa. Tino cre que Lola non o quere polos
cartos, porque pensaba que era un mocoso sen futuro nin plans na vida... Pero
confundíase, Lola queríao moitísimo, iso vese cando morre Tino, o problema e
que ninguén dos dous tivo valor a expresarse antes, e nese intre xa era tarde.
Unha
das cousas polas que me gustou este libro foi polas ensinanzas que dá, dando a
entender a importancia de vida e do coraxe, dúas cousas que fan que saias
adiante, e non te estanques nos teus propios soños, aquí invítache a vivilos.
Este
libro, para comenzar recomendaríallo a xente que lle gustan as historias de
amor, porque está cheo de amor, coidado pola outra persoa, lealtade e bastante
tristura.
Sen comentarios
Publicar un comentario