Comentario de María FramiñánQue me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Non me gustou moito xa
que levei unha decepción, xa que pensaba que o libro ía contar historias
relacionados co amor. Este libro conta con 16 narracións baseadas na melancolía,
o humor negro... Unha das historias que mais me gustou foi "A lingua
das bolboretas": está baseada nos incios da Guerra Civil, en Galiza,
onde o protagonista é un rapaz, chamado Moncho, non quería ir á escola porque
tiña pánico a que lle pegaron os mestres, xa que nesa época era moi habitual
que un mestre agredira fisicamente a un alumno, cousa que me fixo razoar moitas
cousas. Moncho só tiña un mestre que non agredía os alumnos, chamabase Don
Gregorio.
El ensinoulle moitas cousas o rapaz relacionados coa liberdade.
Non é un libro o cal penso que está ben para entreterse lendo, senón para
razoar moitas das cousas que temos é que por desgraza houbo xente que non
contou coa mesma sorte .
Este libro, está estruturado en 16 contos, polo xeral, a maioría gustáronme, o que mellor entendín foi A lingua das bolboretas, xa que vin a película e encadeei todo o que ía pasar dunha maneira diferente, recordándoa.
ResponderEliminarA este libro o único que lle cambiaría sería o título, xa que eu fixera unha valoración antes de lelo, só polo título e pensei que ía ser un libro de amor, romántico, ou algo dese estilo . Estou contento de que se me fixera ameno de ler e de que desfixera a miña primeira valoración.