Choiva, vapor e velocidade
Raúl Gómez Pato
Positivas
Sendo totalmente sincera, os libros de poesía non son o meu punto forte xa
que prefiro as historias completas no sitio de poemas nos que cada un trata
sobre cousas moi distintas. Lense moi rápido pero non me resulta nada doado o
seu entendemento e interpretación. Resúltame bastante raro que non haxa
rima nos poemas. Este autor mestura termos como o amor con temas que non teñen
nada que ver como pode ser as filloas da avoa ou mesmo un eucalipto e iso non é
algo que saiba facer calquera persoa. Os poemas en si non me gustaron demasiado
pero se tivese que elixir algún sería o que di:
"Quérote como o meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.
Gústame a poesía, polo que leo bastante poesía, pero nunca lin este tipo de poesía, os temas que se tratan neste libro son moi moi diversos e non son tópicos poéticos, gustoume ler este libro porque lendo descubrir outro tipo de poesía.
ResponderEliminar