Comentario de David Cabaleiro
Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara
Conta saldada xira en torno a unha adolescente de 17 anos chamada
Catuxa. O seu pai, xestor de profesión, acaba de suicidarse, ou polo menos iso
é o que se intúe das estrañas circunstancias da súa morte. Pero a súa fantasma
aparéceselle á rapaza, con toda a naturalidade do mundo, e rebélalle a verdade
do ocorrido, así como a existencia dunha gran cantidade de diñeiro escondido. A
partir deste momento, Catuxa sinte a necesidade de ir máis alá e vingar a súa
morte.
Xa
o ñoño prólogo me deu malos presaxios en canto á obra, pero as miñas sospeitas
confirmáronse ao longo das seguintes páxinas. O pensamentos de Catuxa estaban
cheos de tópicos e estereotipos triviais sobre o trauma que supón ser
adolescente: rebeldía, drogas ou o desesperante feito de que todo o mundo se
dirixa a ti como neniño/a. Non deixaba de ter a sensación de que se trataba
dunha novela oca, plana e predecible non só na protagonista, se non no resto de
personaxes: a nai, tremendamente afectada pola morte do seu marido; Manolo
Castiñeiras, obviamente o malo da historia dende a súa primeira aparición; e
Xermán, o clásico inadaptado de barrio, rebelde e ignorante. Na recta final da
historia, todo ten un ritmo trepidante e demasiado apresurado, chegando a
atropelar todos os sucesos. Todo isto, sumado á súa sinxela linguaxe, eran
motivos suficientes para abandonar a lectura.
De
todos modos, cando un escritor ten talento, sempre hai algúns trazos de
calidade por absurda que sexa a historia, sendo un deles a introdución,
dalgunha maneira, do Hamlet de Shakespeare no propio relato.
Cos
meus respectos ao autor, Conta saldada
é unha obra nula e pouco produtiva, polo que non é obxecto da miña
recomendación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario