Comentario de Antía BujánAs chamadas perdidas
Manuel Rivas
Xerais
Chamadas perdidas é o cuarto libro de Manuel Rivas
que leo e comezo a habituarme á súa forma de escribir e expresarse. Este libro
está dividido en distintos contos, algúns non os entendín moi ben, é dicir, non
sei que me intentaba dicir o autor con eles. Outros como Chiapoteco
gustáronme moito xa no seu comezo:
“ Gustaríame chegar a vello para dicirlle a un neto que teña que
non cace grilos, que non os espante. Gustaríame chegar a vello para dicirlle ao
meu neto que: están os que plantan maínzo e os que pisan o maínzo.”
Outro capítulo que me gustou moito foi ‘O partido de Reis’ no cal un neno
con síndrome de Down amante do fútbol consegue entrar nun equipo e por
circunstancias como é a sorte consegue xogar pero a pesar de ser infravalorado
móstralle aos seus compañeiros e incluso a min, que se o que fas é o que che
gusta podes alcanzar o teu obxectivo por moitas pedras que atopes no camiño.
Manuel Rivas pasa de forza de voluntade, tristeza, soidade a un toque
cómico en ‘A confesión’ onde me sacou un sorriso co principio :”
Que lle dis a un mozo cando se che arrima moito? – Digolle que non se arrime
tanto.” Ou no final onde de novo sabe como facer sorrir ó lector cun amago
de persiganción cómica:
“Por la señal
de pico real
comín touciño
e fíxome mal
se máis me deran
máis comía
polo mal
que me facía
fun tras del
cun cordel
e díxome merda
pra ti e pra el”
Recomendaríalle
este libro a calquera persoa que queira sorrir, esquecer, lembrar e descubrir
novas historias que dende o meu punto de vista merece a pena.
Sen comentarios
Publicar un comentario