ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Belén Ansedes Cornado


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 

Deixando a unha beira se che gusta ou non ler teatro, este é un dos libros que comezas a ler e te olvidas de todo, porque a súa trama te enreda nun apaixoante mundo non moi fóra da realidade. Xa dende un principio sabes que o tempo que lle adiques á súa lectura non vai ser un tempo perdido. A habilidade que ten o autor de entrelazar tan ben o que ocorre na televisión co que pasa na realidade incítate a seguir lendo. "E se o comezo foi bonito, por que non seguir?", unha pregunta que se repite libro tras libro e que che fai atopar milleiros de historias. Cando apareceu Rosiña non había volta atrás, non te podías levantar da silla até que remataras o libro.
Sen dúbida, recomendaríalle lelo a todas aquelas persoas que coma min, pensaron que polo seu título ía ser unha historia de amor, porque resulta ser todo o contrario.

Sen comentarios