ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/02/14

Que me queres, Amor?


Comentario de Martina Domínguez


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
 
Ao principio pensei que non me ía gustar demasiado e algunhas persoas dixéronme que era un libro estraño pero cando o comecei a ler atrapoume. A primeira historia pareceume moi interesante e ao seguir lendo máis comprendín como era o libro, e como se ían desenvolvendo os relatos.
Algúns non os acabei de entender pero outros parecéronme moi conmovedores como por exemplo o do mestre ao que mataron por ser comunista cando houbo a Guerra Civil, ler como o pai ten que botar por terra os seus principios e as súas ideas foi devastador igual que ver como o neno o insulta e sen saber por que.
A verdade é que este libro pareceume unha boa chamada de atención á xente en xeral, e o mellor é que o fai dende varios puntos de vista. Estes son totalmente opostos e fan referencia a moitos ámbitos e situacións.
O que máis me chamou a atención foi como relata historias dende épocas tan distintas.
Dos relatos que máis me gustaron está o de "Un saxo na néboa" porque me encantou a metáfora de identificar ao home que maltrataba á muller co lobo que supostamente a atacara e a calara para sempre. Pareceume unha historia fermosa.
Tamén me gustou o de "A moza do pantalón pirata" e esa dureza e crueldade coa que se conta o atentado que ían facer.
A de "Conga, conga" deixoume de pedra, o final pareceume impresionante e quedei un pouco coa dúbida de que lle ía facer o home aos nenos.
Ben, finalmente só direi que recomendo a todo o mundo ler este libro para adquirir unha nova visión da vida e de moita xente.
 

Sen comentarios