Comentario de Lucrecia BalaguéO heroe
Manuel Rivas
Xerais
Relata unha guerra secreta de Sidi Ifni, o combate durou un ano. Morreron
moitas persoas, como é normal en cada guerra que acontece. A min estas
historias fanme recordar vellos tempos, cando os nosos avós, pais, etc,
tiveron que ir á guerra para apoiar ao seu pobo ou nacionalidade. Non había
forma de escapar, tiñas que ir obrigatoriamente, por sorte algún dos nosos
antepasados chegaron vivios, pero outros pode que non tanto. O meu pai foi á
guerra, xa que o seu avó era o comandante, ata que chegou o seu fin. Un día no
que el estaba tomando o seu café no bar de enfrente, viñeron uns homes e
comezaron os disparos, e por desgraza saíu ferido e morreu no instante. O seu
propósito era matalo a el soamente, pero morreron máis persoas. Dende aquela o
meu pai quixo ir á guerra en honor a el. Foron el e mais o seu irmán.
O protagonista regresa a España coa intención de que o alaben
polo que fixo, pero encóntrase cunha poboación que ignora esa guerra. Neste libro pódese percibir a angustia do guerreiro ante o engano desa guerra.
Estes libros nunca os leo xa que me fan recordar ese tempos,
aínda que non estivera no momento do asasinato, cada vez que penso niso sitúome
no momento da acción. Antes gustábame lelos, ata que meu pai contoume esa
historia e cada que vez que os intentaba ler nunca chegaba ao final. Con este
libro fixen un gran esforzo por poder acabalo, custou o seu pero
conseguino.
Recoméndoo ler á xente que está interesada nas guerras que
aconteceron en España.
Sen comentarios
Publicar un comentario