03/02/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Julián Gómez Villamayor 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 
 
O personaxe que máis me gustou foi Mar, sobre todo sincerándose con Isla de que era lesbiana cando apenas a coñecía. Desde un principio apoiou a Isla en todo: defendeuna no instituto de Carballo e os seus amigos, e advertiulle en varias ocasións que Xúpiter non era de fiar, xa que Isla falaba con el case tódalas noites nun chat e non sabía nada del. Carballo non me gustaba nada, pero cando souben que súa nai era drogadicta, que despois morreu, e a vida desorganizada que levaba entendino e deume pena. Sentín a morte de Isla, tan ilusionada que estaba esperando a noite de San Xoán para coñecer a Xúpiter, para acabar sendo asasinada por el. Anxo tampouco foi correspondido por Isla, pensei que acabarían xuntos.
Non me gustou a actitude dos pais de Isla cando a pillaron fumando un porro, obrigada por Carballo. En vez de apoiala, castigárona porque non a crían.
Aínda que o libro tivo un final triste gustoume, serve para advertirnos dos perigos das redes sociais.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario