Comentario de Sonia Troitiño Loureiro

Do descoñecido ao descoñecidoManuel RivasEspiral Maior
Do descoñecido ao descoñecido, de Manuel Rivas foi un libro que me agradou realmente. Aínda
que debo dicir que nun primeiro momento a súa ampla extensión fixo que me
custase iniciarme na miña lectura, o certo é que me resultou máis sinxelo de ler do que eu me esperaba.
Dos sete libros nos que se divide este poemario: Libro do
entroido, Anisia e outras sombras, Balada nas praias do oeste, Mohicania, Ningún cisne, Costa da
Morte blues e Malabares e ourizos, debo dicir tamén que
o que máis me gustou foi Ningún cisne.
Houbo certos poemas que me
resultaron un tanto complexos, outros estraños e incluso algún máis longo do que
me podía esperar, pero si é certo que en moitos dos outros me puiden ver
reflectida, me resultaron entretidos ou simplemente conseguiron emocionarme. Entre
aqueles que eu defino coma os meus preferidos, podo destacar os seguintes:
O meu é un vello amor
Tiña un emprego,un coche e unha noiva.
Sempre quixen fuxir e aquí me tedes
Bailaban as noites dos sábados
a mover esa moa
e queimábanse cos labios.
que se resiste á inercia,
Ela quedou preñada
ao tempo e ás desfeitas.
Casaron.
Se é neno
chamarase coma ti,dixo ela.
O meu é un vello edén
Non me gustaría que fose nena,dixo el.
a rentes de ti.
Paréceme incrible o feito de poder escribir en tan pouco tempo quizais
centos ou miles de poemas tan orixinais e tan distintos entre si. Houbo algúns
que me impresionaron polo feito de ser diferentes, con diferentes estruturas ou
con argumentos do máis enxeñosos. Para rematar dicir que recoméndolle este libro
a todos aqueles aos que lles encante a poesía e lles encante disfrutar dela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario