ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

Hora zulú

Comentario de María Rey

Hora zulú
Santiago Lopo
Galaxia




Había tempo que un libro non me enganchaba tanto, que non sentía a necesidade de ler a cada instante. Dicir "encantoume" é quedarme curta. Páreceme un libro que trata sobre moitos temas dunha forma que che toca as entrañas, e que a realidade e a ficción está separada por unha línea moi fina.
Gustoume todo, creo que non podería dicir nada malo deste libro.
Gustoume a forma de narrar do autor, gústaronme os relatos de 'Hora Zulú' e conmoveume moito a historia da que investiga (non recordo agora mesmo o nome) con Francisco, pareceume super tenra. Aínda que non desmerece para nada a historia principal, de como un acto do pasado marca o futuro.
Non sei moi ben dicir por que me gustou tanto, pero enganchoume moito, non quedei tranquila ata que o acabei, e co transcurso das páxinas íame cativando un pouco máis...

Sen comentarios