Comentario de Marina Miguélez

Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Este é un libro misterioso, non chegou a chamarme tanto a atención coma As
Sete Mortes, decepcionoume moito o final que ten por moito que fose como el o
decidise. Deume pena que súa nai morrese e mais sen saber como, deixoume
intrigada nese aspecto. Gárgola lese moi rápido en dous días, xa o rematara de
ler, ten un contexto e un estilo sinxelos. En realidade, a pesar de todas estas
cousas non o recomendo, porque a min non me gustou moito, pero para a xente que
lle guste a intriga e o misterio mesturados con fantasía é un bo libro.
1 comentario:
Este libro non me gustou moito, porque lin tamén As sete mortes e Cartas de inverno. E prefiro os outros dous, porque este custoume máis lelo ca os outros, pero inda así lino bastante rápido.
Publicar un comentario