ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/12/17

Febre

Comentario de Alba Gómez Barros


Febre
Héctor Carré
Xerais
 
 
Trata dunha moza de 17 anos sen ningún medo que decide axudar as persoas máis humildes despois de descubrir as inxustizas na mina e de cabo Marelo. Unha historia sobre o contrabando nas minas de volframio.
Este libro gustoume moito xa polo simple feito de que un avó contalle a historia a súa neta. Esta forma que utilizou o autor para narrar fixo que me meterá perfectamente no libro e me parecera unha historia que vivíu o meu propio avó e que está a contarma.
Enganchoume dende un primeiro momento, cando mencionaba os distintos lugares de Galicia facendo que me espertase o interese por saber onde se encontran e situar mellor a historia.
É importante resaltar que este libro está ambientado na época do volframio, os sucesos que ocorrían nas minas intentando sacar o material as agochadas. Para min foi un tema atractivo e moi interesante dos anos 40 sobre o que decidín indagar.
A miña curiosidade mantívose dende un principio ata o final. Acontecementos como que Félix fose o guardacostas de Carmucha ou a relación dela co seu pai tívome entretida todo o tempo.
En conclusión un libro espectacular cunha trama moi chamativa.  Recomendaría este libro xa que é moi cautivador.
 

04/12/17

A dúbida

Comentario de Noelia Ferreiro Reboredo


A dúbida
María Reimóndez
Xerais




A dúbida é un libro escrito por María Reimóndez, escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación española. Cultiva a narrativa, lírica, teatro e o ensaio.
Esta novela trata dunha muller loitadora e forte, decidida a achar a verdade por moi decepcionante que sexa. Ela chámase Deli. O seu marido, un home do mundo da política, é detido por un delito de abuso sexual a menores. A vítima é unha nena que se chama Ana, a filla duns amigos deles.
Deli esforzárase por saber se o seu home foi capaz de facer semellante atrocidade. Na súa investigación descubrirá o lado escuro, cruel e arrepiante  da persoa coa que viviu e cría coñecer dende había anos; pero non foi só del, senón tamén do alcalde da cidade, un compañeiro e amigo do seu cónxuxe.
É importante indicar que nesta novela vemos reflexados moitos valores e eivas  da sociedade na que vivimos. A protagonista, que é Deli,  encarna moitos dos bos aspectos como son: loitar por achar a verdade, a xustiza ou  non ser escrava dos chamados canons de beleza.
Pola contra tamén vemos ese flanco da sociedade infectado por comportamentos inmorais, e algúns, ata pavorosos.  Exemplos destes  son: a corrupción, menosprezar a unha persoa polo seu aspecto físico, o abuso sexual a menores, a prostitución, o poder que pode chegar a ter o diñeiro e a posición social ante a xustiza. Todos estes aspectos van facer que a nosa protagonista comece a ver o mundo dende outro punto de vista.
 Finalmente  este libro ensínanos  algúns dos trazos do mundo no que vivimos, sexan bos ou malos, pero que están aí, ao noso redor, e que debemos loitar contra eses aspectos daniños para as persoas  e loitar pola xustiza.
Persoalmente  pareceume moi interesante, xa que  mostra temas que pasan na actualidade. Tamén me gustou moito a maneira de escribir da autora xa que é capaz de manterte con intriga durante todo o libro.

03/12/17

Chamando ás portas do ceo

Comentario de Cristina Guerra Vila


Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
Edebé





Este libro, do que vou falar hoxe, é de Jordi Sierra I Fabra. Cóntanos a historia de Silvia, unha rapaza de dezanove anos, estudante da carreira de medicina, filla duns dos máis prestixiados cirurxiáns e doutores de Barcelona e do mundo, que renuncia ó que podía ser un fantástico verán de festa e diversión cos seus amigos, para axudar como voluntaria nun hospital da India. O seu camiño non será sinxelo. Atopará obstáculos, persoas que non a valoran o suficiente só polo seus apelidos e polo seu físico. Pero nunca se rende, sendo unha rapaza cunha personalidade e unha forza envexable.
Persoalmente, este libro pasou a converterse nun dos meus favoritos. Nos momentos nos que o lía era capaz de absorverme e esquecerme do reloxo mentres pasabas páxinas e páxinas. Ademáis de ser un libro sinxelo de ler, dinme conta da realidade do mundo no que vivimos. Dinme conta da desigualdade que existe, na falta que facemos todos e cada un de nos para axudarnos e da sorte que temos algúns de ter todo o que temos, e que por desgraza, non sabemos valorar. Tamén aprendín a crer en min mesma, e loitar polo que quero sen medo os prexuízos que atoparei.
Para rematar, recomendo moito este libro a todos para que sexan quenes de sacar as súas propias conclusión e aprendizaxes.

02/12/17

As palabras poden matar

Comentario de Alba Gómez Barros


As palabras poden matar
Marcos Calveiro
Xerais





Na colonia de Seavia situada en Santa Clara. O Chibo e os seus sicarios controlan todo o que ocorre por medio do terror. Os personaxes desta colonia morren a causa da violencia. Logo aparece Silencio, un personaxe que só se comunica por sinais e que desafía a autoridade de Chibo.
A pesar de que este libro non me enganchou tanto coma outros, gustoume bastante sobre todo pola forma na que está narrado e polos sentimentos dos personaxes que están expresados minuciosamente.
A presenza de Silencio chamoume moito a atención, nun primeiro momento non entendía esa parte, pero logo decateime do seu obxectivo xa que a historia está baseada na inxustiza.
Cómpre salientar que este libro pareceume entretido nos capítulos que se centran en Efrén e no seu amigo que cae nas mans de Chibo.
En conclusión, As palabras poden matar gustoume polo feito de que amosa a violencia agochada en moitos lugares do mundo e non se busca solución. Recomendaríao para que todos pensen no que está a suceder e non lle damos importancia. Por exemplo nesta colonia de Seavia que me transmitiu tristeza xa que na actualidade non lle poñemos remedio a situación como estas.
 

19/11/17

Unha puta percorre Europa





Comentario de Alba Gómez Barros


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia
 


Unha puta percorre Europa é un libro de Alberto Lema no que dúas lesbianas feministas se fan pasar por prostitutas e van asasinando aos seus clientes.
Este texto ten como obxectivo facernos reflexionar sobre a sociedade de hoxe en día, facer visible o invisible, ver como están usando as mulleres como obxectos sexuais. O que máis me chamou a atención é como este tema de gran importancia na actualidade se trata con total normalidade e ata chégase a facer bromas.
Con respecto ao título pensei que o libro ía contar os feitos que lle acontecían a unha puta nos distintos países de Europa, pero o gran cambio de tema fixo que me encantase este libro.
É importante salientar a forma na que as prostitutas acaban cos seus clientes, sempre asasinados, agás nun caso. Por exemplo na primeira situación mataron a Santiago cunha pistola e deixaron encima da mesiña unha tarxeta que pon “Putas Asasinas”. 
A verdade, pareceume entretida a forma na que se desenvolve a historia e como Pereira coa axuda de Diana e outras persoas despois de comezar a darlle importancia ao asunto comezan a investigar.
O único que cambiaría neste libro é a forma na que os clientes sofren as consecuencias. Na miña opinión intentaría que eles se puxeran no lugar das prostitutas para ver todo o que pasaron e sufriron.
En conclusión este libro gustoume moito. Especialmente a forma na que está escrito e distribuído, xa que o lin rapidamente. Recomendaría este libro xa que é un tema moi interesante do que todos deberían reflexionar e os homes pór da súa mana para que isto remate.