ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/16

Enderezo descoñecido

Comentario de Zaira Míguez



Enderezo descoñecido
Kressman Taylor
Xerais 
 
 
 
Enderezo descoñecido nárranos a correspondencia que se establece entre Max, un xudeu americano e Martin, un alemán que volve a súa terra natal durante a época de Hitler. Ademais tamén nos fala dun amor que houbo entre a irmán de Max, Priscilla, e Martin, do cal súa muller Elsa non sabe nada.
A medida que vamos lendo observamos un avance psicolóxico de Martin ao chegar a Alemaña no que pouco a pouco vai rexeitando a raza xudía e acepta a autoridade de Hitler facendo así que este  non queira saber máis nada de Max por medo a que o maten, a quen nalgún día o considerara un irmán. O libro móstranos como a sociedade pode cambiar a unha persoa  por medo a ser xulgado e como a xente se une ao bando equivocado para ser levado ao triunfo, a pesar que isto mate a miles de persoas inocentes.
Gustoume moito o libro e algo a destacar del é a súa axilidade para ler, ademais que é moi curto ten un poder atrapante. O que non foi do meu agrado foi o final xa que esperaba que Martin se dera conta das inxustizas da súa terra volvera a América e que todo fora como antes de voltar a Alemaña. Un feito que me marcou moito foi a morte de Griselle e como Martin mirou atrás aínda que el cría que a axudara.
Recomendo moito este libro xa que a pesar das súas sesenta páxinas abráiate coa cercanía da realidade que trata . Ademais achégate moito a esa Alemaña nazi pasada, da que aínda hoxe se fala.
 

05/12/16

Marta ante o espello

Comentario de David de la Torre

Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais
 
 
 
Editado por Xerais, Marta ante o espello é unha fantástica obra de teatro, escrita por Teresa Calo Fontán, e fálanos do misterioso e complicado tema da anorexia.
Sendo un monólogo, Marta, a nosa protagonista, fállale a un suposto público co que intenta averiguar onde se atopa, e así vainos contando a súa historia. No escenario van aparecendo diversos obxectos, un espello que nos representa a transparencia da merma, un báscula da que se nos conta outra historia, tamén presenta mais personaxes.
Preséntasenos temas coma é o sufrimento dos pais, o adelgazamento dunha enferma, e logo a desesperación e o abandono... ata chegar á morte.

Notamos como Marta nos humoriza o desestimento da nai, como nos presenta os estereotipos que forzan a sociedade dunha “ beleza” perfecta?, a forza que exerce Internet sobre estes casos…

Gustoume moito a portada, polo menos a min refléxame moito, tamén me gustou a escena na que o esqueleto representa a atrocidade que Marta lle fixo ao seu corpo.

En xeral gustoume o texto, e gustríame poderlla recomendar a alguén; teño oído por aí que non se deberían ter libros destes temas nunha biblioteca dun instituto… e enfatizo en que debe haber máis dado que calquera persoa que sufra esta enfermidade poida atopar imformación, non só diagnóstica, senón tamén literaria e que descubra que neste problema non está soa.
 

04/12/16

Nubes de evolución

Comentario de Marcos Quintana Cuñarro


Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais





Nubes de evolución é unha historia de fríos, de inestabilidades, de soidades, de encontros casuais,e de personaxes que, unidos pola frase dunha canción e tamén pola presenza de dúas persoas co mesmo nome, unha delas soamente citada ao final do relato, conseguen atoparse a si mesmas.
Esta novela  é moi boa de ler tanto para adultos como para adolescentes. A novela narra as historias de tres personaxes, que casualmente sempre se encontran nunha estación de autobuses, onde o frio e a soidade se aprecian nela con moita frecuencia.
Os personaxes son Amanda,unha moza de 19 anos que xa ten unha filla (Ánxela), pola parada tamén pasa un rapaz chamado Uxío,que trata moi mal á súa moza por mor dos comportamentos dos seus pais, e outro personaxe que se chama Luís que o está a pasar moi mal tras a morte da súa muller e parece incapaz de superalo.
A escritora do libro (Andrea Maceiras) pretende achegar ao lector como a vida de tres persoas distintas, se lles cruza no camiño e estas comezan a empatizar uns con outros. Pareceume unha gran novela que narra historias moi tristes, pero finalmente a felicidade vence á tristura e á amargura destes tres personaxes e a novela acaba cun final feliz para todos.

03/12/16

Alicia no país das marabillas

Comentario de Lorena Vázquez Codesido


Alicia no país das marabillas
Lewis Carroll
Xerais


Este libro saca o lado máis fantasioso e imaxinativo dunha persoa, neste caso, o meu.
Ao ler o libro, a imaxinación e a forma de ver a vida da protagonista, vaite involucrando no libro, unha das cousas que máis me sorprende é a confianza que exerce Alicia sobre os personaxes deste conto, como por exemplo cando quixo entrar no xardín máxico e bebeu a poción para minguar de tamaño.
A súa relación co reloxeiro, co coello, coa eiruga (e a súa falla de entendemento entre eles), e o xogo do croquet coa raíña…. demóstranos a facilidade que tiña Alicia para facer amigos.
Eu creo que o único malo que ten este libro é o final , que parece que o autor o contou de corrido, querendo acabalo canto antes.
O que sen dúbida máis me gusta é o surrealismo da historia e os xogos de lóxica que presenta cada unha da súas páxinas, ademais tamén se poden apreciar as críticas que abertamente fai o autor sobre a sociedade.
Non resulta un libro aburrido, creo que podería lelo un montón de veces e xamais perdería a súa esencia. O libro en si é un pouco tolo, pero como di o gato de Chesire: ”Aquí todos estamos tolos”.
Se alguén me pedira consello para mercar un libro sen dúbida entre outros, recomendaríalle este. Porque creo que á pesar da idade que teña o lector vaille aportar algo diferente.
Este intre que pasei ao carón da xanela, recordando este libro que acabo de ler, fíxome chegar á conclusión de que todos aportamos algo, aínda que non sexamos semellantes.

02/12/16

Harry Potter e a pedra filosofal

Comentario de Noa Presas González



Harry Potter e a pedra filosofal 
J. K. Rowling
Galaxia




Esta novela xuvenil Harry Potter e a pedra filosofal de J.K é unha historia chea de misterios,comedia, e maxia a rebosar.

Conta a historia dun neno orfo chamado Harry Potter, que vive na casa dos seus tiránicos tíos.Harry síntese só e pouco querido ata que un día recibe una carta da escola de magia e feiticería de Hogwarts, e a pesar das prohibicións dos seus tíos, consegue matricularse.Alí descubrirá cousas sobre a estraña morte de seus pais.Eles tamén eran magos;Liliy Potter e James Potter, pero desgraciadamente foron asasinados polo mago máis malvado da historia Lord Voldemort, entón Harry descubre o por que da súa cicatriz na fronte con forma de raio, el era especial, Lord Voldemort tamén intentara matado a el, pero non funcionou, foi a única persoa do mundo a que sobreviviu a maldición avada kerdavra.Moi pronto fai amizade con moitos outros nenos pero en especial con Ron Weasley e Hermione Grainger,os cales o axudarán nas pescudas por descubrir máis e forxarán una forte amizade.Relacionado coa morte de seus pais comezan  a suceder cousas estrañas no castelo de Hogwarts, e Potter chega a conclusión de que é unha conspiración para roubar a Pedra Filosofal, que está escondida no castelo, e grazas a ela poderían volver a Lord Voldemort máis forte, polo que Ron,Harry e Hermione tratan de impedilo.  

Esta primeira parte da saga paréceme frouxa en comparación co resto das novelas, pero xulgada individualmente paréceme xenial,é una lectura sinxela e desde logo mol entretida, non hai ningunha parte do libro que sentirá a necesidade de saltar senón que devorei as páxinas con moito interese. A parte de todos os conxuros, lugares máxicos e cousas extraordinarias que J.K puxo nestas marabillosas páxinas,coa que máis me quedei dentro foi a preciosa amizade que estes nenos forxan entre si.E non podía quedar sen dicir que a saga de Harry Potter xunto con este libro, son as únicas novelas que nunca me cansarei de ler, sen dúbida os meus libros favoritos, e aínda que sexa un soño cada vez que abro a caixa de correo espero esa carta de Hogwarts que nunca chegará.