ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/11/16

O club da calceta

Comentario de Zaira Soto González
 

O club da calceta
María Reimóndez
Xerais
 
 
 
A vida dunha muller é moi complicada, e iso os homes nunca o chegan a valorar. Os sentimentos que ten unha muller son moi contraditorios e detrás deles, sempre hai un home. Non podía soportar ler como Manuel insultaba e lle daba malos tratos á muller. É moi duro ver como unha muller é tratada así, e o peor de todo é que iso pasa moi a miúdo e sen darnos conta. Na miña opinión, as mulleres deberíamos valorarnos máis, valorar todas as nosas facetas, que nunca son poucas. Gustoume moito a actitude de Fernanda: positiva e soñadora. Así é como tiñamos que ser todas, positivas en todo.
Este libro axudoume moito para saber como actuar nun futuro próximo e saber que me teño que valorar como son. O día no que todas as mulleres se valoren, o machismo xa non existirá máis, porque podemos chegar a ser máis poderosas caos homes.

08/11/16

Marta ante o espello

Comentario de Noa Presas González


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais






Marta ante o espello é un monólogo teatral no que esta rapaza, Marta, duns apenas 17 anos nos conta como afectou a anorexia á súa vida e á dos seus familiares diante dun espello. Esta rapaza tópase nun lugar soa, onde xa non sente, non ri, ou sexa o limbo, dinos que foi todo un alivio deixar de oír os consellos da xente, o empeño de súa avoa porque comera que tan nerviosa a poñía, deixar de escoitar a súa nai chorar e deixar de odiarse a si mesma e ao seu corpo.

Vemos como empezou todo, cando o de adelgazar se converte nunha obsesión, logo como cada bocado de comida se converte en remordementos porque vai engordar, a necesidade que ten de pesarse todos os días e ver que segue adelgazando ou máis ben matándose.
Tamen nos fala da bulimia, como se empachaban as súas amigas e logo ían ao baño a vomitar todo.

Ata que logo se da conta, de todo o que perdeu por esta estúpida enfermidade cando se ve a si mesma como era antes de estar nese sitio, vese un saco de ósos, e desexa volver, desexa pedirlle perdón a seus pais, a avoa, ter as súas cousas con ela outra vez,estar na súa casa, volver a vivir…
Pero iso non pode ser, e todo esvaece.

Na miña opinión aborda con crueza, e moita ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, o que me parece ben porque así non soamente nos fai darnos conta ás lectoras máis novas que o adelgazar non se pode converter nunha obsesión, senón tamén aos lectores máis vellos a poñerse alerta a recoñecer este tipo de situacións polo que me parece interesante.

06/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Noa Presas González


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka





Esta novela pode parecer una historia ben simple e infantil, pero leva consigo unha seria de mensaxes e unha carga emocional incríble, que nos ensina a aceptar as cousas irreversibles e inevitables como a morte.Nas súas escasas páxinas deixa ver unha serie de sentimentos que van dende a ira e odio ata a desolación, todas as cales eu,como lectora experimentei profundamente. 

A temática vai dun neno chamado Connor cuxa nai está en tratamento de cancro, e este neno ten que asumir o inevitable a pesar da dor que iso trae.Pero non está só senón que sete minutos despois da media noite aparecerá un monstro, pero non un monstro malvado, é antigo, sabio e non busca aterrorizalo, senón que busca a verdade, algo que Connor teme contar.

O citado monstro,proponlle un trato, el contaralle tres historias e logo o neno  contaralle unha cuarta, que sería una revelación de que lle ocorre nun pesadelo que leva sufrindo dende fai un tempo, dende o meu punto de vista os relatos reflicten o carácter dos seres humanos, que non hai bos nin malos, e que todo pode verse dende outro punto de vista.Tamén temos a nai que encarna a loita e as ganas de vivir.E por outro lado a avoa, que representa una especie de “antagonista” na historia.


Na niña opinión persoal parecerme una novela que a primeira vista pode parecer simple pero é una historia incrible e emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor.Dende logo identifiqueime con Connor porque aínda que non vivo a mesma situación ca el, gañou o meu corazón dende o principio da novela.En definitiva, recomendo esta novela a todos os públicos, xa que a min fíxome rir,chorar, pero sobre todo gozar.

05/11/16

O Libro das Viaxes Imaxinarias

Comentario de Silvia Souto Froján


O Libro das Viaxes Imaxinarias
Xabier Docampo
Xerais


É un álbum ilustrado escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas que me encantou. Cóntanos a viaxe do Viaxeiro por distintas cidades, cada unha diferente, pero que todas comezan por a. Narra nalgúns casos, como é unha certa persoa dun lugar, ou simplemente como é esa cidade imaxinaria.
Gustoume moito e sorprendeume. Ten uilusnha historia fermosa e unha maneira de narrala que me encantou. Cada cidade é totalmente distinta das outras en calquera sentido; pasando por habitantes, formas de vivir ou de gobernar. Ademais, as ilustracións son preciosas e as perfectas para a situación. Todo é imaxinario, pero á vez fermoso.

Deume pena acabalo, é un deses libros que nunca queres que acaben.

04/11/16

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Roberto Agra


O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños
Fernando M. Cimadevila
Urco
Debo admitir que cando empecei a ler este libro, non o fixen con moitas esperanzas de que me fose gustar e collino por cumprirlle o gusto a un amigo, pois non son moi afeccionado ao xénero fantástico, pero pouco a pouco funme quedando abraiado con como Fernando Cimadevila, o escritor, dirixía a historia. O que acabou de conquistar o meu corazonciño de lector foi que o libro non está baseado na literatura fantástica clásica.
Sen destripar moito o argumento, o libro trata da búsqueda que o prefesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter empreden en busca da resposta de por que un extraño felino se colou na habitación de Peter para roubarlle os seus soños.
Os personaxes merecerían a súa propia crítica na cal só falase deles pero tratarei de facer un pequeno resumo e só contar o que na miña humilde opinión é o máis destacable deles. Todos os personaxes teñen un carisma que fai que desde o primeiro momento que os coñeces te inviten a seguir lendo para descubir máis sobre eles; iso si, a min os personaxes que máis me gustaron foron Basilius e Duncan que, pese a que este último faga acto de presenza só cara ao final do libro, ambos os dous son personaxes que a min me pareceron do mellorciño do libro.
En resumo e acabando con esta crítica, "O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños" é un gran libro que fixo que en canto o acabei fora directo a ler tanto a segunda parte como a terceira, as cales non defraudan se o que se busca son máis aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter.

03/11/16

As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres

Comentario de Silvia Soutro Froján


As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres
Xosé Duncan
Urco





Escrita por Xosé Duncan, é unha novela de fantasía que se desenvolve nunha cidade construída dentro da Montaña Sagrada chamada Elawei. Dividida en tres grandes partes: o barrio dos explotados mineiros, dos comerciantes e, separados por unha barreira natural, os habitantes do palacio. Alí residía o Gran Forxador e a súa familia. El gobernaba a cidade e tamén posuía grandes coñecementos sobre maxia que o seu fixo Bran algún día aprendería. Tamén estaban os seis mestres, que tiñan un gran papel dentro da cidade e que en secreto conspiraban para porder gobernar eles coa axuda dun novo Gran Forxador.
Gustoume o libro, está cheo de segredos e a fantasía desátase no momento de loitas. Encántame como desenvolveu as loitas que se producían, como utilizaban os mestres esas invocacións onde todo ocorría grazas á maxia. Quizais non me gustou que metese tantas conspiracións polo medio pero en si o libro estivo ben. Mantén un certo punto de realidade e todo ocorre dentro do común aínda que é un libro de fantasía. Non lle falta emoción e como primeira novela da trioloxía, teño ganas de ler a seguinte.