ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/04/16

Don Hamlet

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



Don Hamlet
Álvaro Cunqueiro
Galaxia



A min sóenme gustar ler as obras de teatro , e esta non ía ser diferente polo que me resultou ser moi fácil e rápida de ler , non foi moi longa e tiña momentos divertidos ,as follas pasábanse rapidamente , onde as veces pensaba se esto sería verdade ou sería todo invención de Cunqueiro , pero eu penso que no fondo é verdade , dunha maneira ou de outra , é unha historia que ainda que parece que estea chea de mitos e incertidumes en algún momento debeu chegar a pasar .
No libro cóntasenos a maneira que tivo de enfrentarse o príncipe Hamlet en busca da súa propia identidade , pasou de ser o único que non sabía que en realidade o seu tío era o seu pai, o cal fixo que xurdise nel un sentimento de vinganza que o levou a matar a súa propia nai .
Toda a obra é coma unha especie de mentira para o protagonista onde concorren moitos sentimentos que se entremezclan como o amor , a ambición……. , chegando incluso a ira e o medo , que todos eles xuntos , eu penso , que son os causantes de que o fin do libro sexa así de tráxico .
Podo decir que para min , era un final esperado , onde non cabía outro máis feliz , xa que toda a obra está chea de malos agoiros e sentimentos , onde non se podía volver atrás , xa que as cousas tomaran un camiño , que para aquela época podía ser algo normal , pero non podía levar a nada bo .
Deime de conta de ata onde pode chegar o amor que se pode ter por alguén e que a vez se converte en algo enfermizo , como neste caso , e leva a cometer cousas que son inexplicables .

20/04/16

Botchan

Comentario de María Rodríguez


Botchan 
Natsume Soseki
Rinoceronte





“Botchan” de Natsume Soseki é o primeiro libro que leo deste autor. Conta as dificultades dun xove profesor de Tokio que traballa  por primeira vez nunha escola rural, nunha illa. O protagonista é un personaxe impulsivo, cabezota pero tamén idealista e inocente. Eu creo, que o seu carácter ven marcado pola  infancia que viviu. Botchan, despois da morte de súa nai, a relación co seu pai non é boa pero vese que tampouco lle preocupa. Tivo o apoio e sobreprotección de Kiyo. O relato empeza coas súas travesuras de neno deixando ver o gran cariño mutuo que  tiñan entre  a coidadora, Kiyo, e Botchan, a falta do dos seus pais.
Unha vez que acepta o traballo de profesor de matemáticas, non só é vítima das trasnadas dos seus alumnos e alumnas, senón que tamén se enfronta a unha mala relación cos seus compañeiros. As relacións profesionais entre o profesorado atópase con moita falsidade. Barchan, nada mais chegar ao colexio, empeza a pórlles motes relacionados co seu físico a todo o profesorado sexan ou non amigos. O protagonista, por ser de Toquio, crese superior aos provincianos.
 A súa inexperiencia e a súa dificultade para expresar as diferenzas fai que haxa certa crispación e que teña problemas para adaptarse tanto ao alumnado como aos seus compañeiros.
Nesta novela percíbese certa dignidade, honradez, nobreza pero por outra parte tamén invita a reflexionar sobre a hipocrisía e a envexa na relacións entre os adultos.
A lectura desta obra é sinxela e divertida. Encontrei escenas moi entretidas e graciosas polo que me fixo amosar o sorriso, aínda que as veces tamén me daba moita pena  Botchan.
Recoméndoa!
 

19/04/16

Masculino singular

Comentario de Raquel García



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
'Masculino singular' de Carlos Negro é un libro que me chamou moito a atención. É un libro de poesía si, pero non é o típico libro de poesía aburrido no que rima a última palabra do verso e fala de amor. Para min "Masculino singular" foi un libro que me revolucionou, tanto polo contido dos poemas coma pola propia forma física destes.
Gustoume e pareceume entretido porque fala de temas reais, que lle afectan á sociedade hoxe en día. Un dos principais temas é o estereotipo, o estereotipo imposto na nosa sociedade de que o sexo masculino é o forte, o que viste de azul e o que mantén á familia, pola contra a muller segundo a nosa sociedade é a débil, a que chora, a que viste de rosa e a que só se ten que adicar aos labores domésticos; moitos poemas cuestionan estes estereotipos impostos.
Carlos Negro nos seus poemas tamén recalca que esta sociedade necesita o chamado 'feminismo' que establece a igualdade entre ambos os sexos e que segundo a miña opinión fan falla moitas persoas feministas nesta sociedade se queremos deixar de vivir en épocas pasadas nas que o machismo era algo aceptado. O que fai tamén este autor é non xeralizar porque é verdade que hai moitos homes que pensan máis co sexo que coa cabeza, pero hai outros que non.
Persoalmente recomendaría ler este libro a todas as persoas e as que non lles guste a poesía con máis razón, xa que con 'Masculino singular' poderán rachar todos os prexuízos dos libros de poesía.
 

18/04/16

A desaparición de Esme Lennox

Comentario de Carla González Silva


A desaparición de Esme Lennox
Maggie O ' Farrell
Galaxia
 
 
 
 
É a primeira novela que leo de Maggie O´Farell, e teño que dicir que estiven enganchada ao libro en todo momento.
Gustoume o xeito que a escritora ten para contar a histora; rápida, intelixente.. pero o que máis me sorprendeu deste libro foi que a maioría das veces te sitúa dentro da historia, a pesar de que tamén moitas veces fala doutros temas que non se relacionan.
Estamos ante unha historia na que Esme ten a mala sorte de ser diferente, ten ideas propias e opinións que non cadran coa mentalidade da época na que se relatan os feitos. A pesar de que a relación de Esme coa súa irmán fose boa, co paso do tempo o comportamento de Esme vese reflectido tamén no da súa irmán Kitty, ela ve como se van afastando de Esme, dos plans familiares...
Os pais de ambas as protagonistas comezan a perder a paciencia e amosan un comportamento de desexo para librarse de Esme, e é por iso que deciden encerrala nun psiquiátrico, onde pasará toda a súa vida.
É un libro que me encantou porque amosa moito cariño pero ao mesmo tempo enlaza momentos de moita tristura. Destacar que nesta novela descobres a vida dunha persoa que vive encerrada a maior parte da súa vida, que se atopa aislada da sociedade e sen saber moi ben o porqué. Podería dicir que nesta obra os sentimentos e pensamentos falan por si sós.
Recoméndollo a todos os meus compañeiros, de seguro que lles encanta.
 

17/04/16

Masculino singular

Comentario de David González Sampayo



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais



Este foi o primeiro libro de poesía que lin de Carlos Negro e a verdade gustoume máis do que me esperaba, aínda que sen dúbida ségueme gustando máis a prosa que a poesía. 
"Masculino singular", considero que é un gran poemario para todos aqueles que se están a introducir no mundo da lírica, xa que é un libro que non posúe poemas comúns, en canto ao que se refire á métrica e á forma. Todos os poemas deste libro son diferentes e cada un deles agocha un misterio que fai que queiras seguir lendo. Tras ler este libro borráronse da miña cabeza todos os estereotipos que tiña sobre a poesía, xa que sempre que se fala de lírica a case todo o mundo lle veñen á cabeza imaxes de poemas con rima e con estrofas de tres ou catro versos. Pero todos os poemas deste libro rompen co establecido, debido a que hai poemas escritos en prosa, caligramas, poemas nos que hai unha ausencia de elementos tipográficos, etc. Cabe dicir que todos os poemas gardan certa relación entre eles en canto á temática, xa que neles predominan temas como o feminismo, como deben ser os homes e as mulleres ou o machismo.
Como ben dixen antes gustáronme todos os poemas do libro e gustaríame destacar dous poemas por encima de todos os demais, debido á súa temática, á súa forma, ao seu léxico, etc.
Un dos poemas que máis me gustou foi o de "Baldosas", tanto pola súa forma como polo seu contido. Este foi un poema que tan pronto o vin sabía que me ía gustar, xa que a súa estética atrae ao lector. Este poema goza dun gran realismo, debido a que nel se narra como unha muller vive co seu marido machista, o cal a maltrata. Neste poema cóntase que a muller frega o chan de aí que o poema estea representado sobre un fondo de baldosas; mentres o seu marido ve o fútbol na sala. Finalmente a muller é golpeada, xa que se nomean as palabras sangue e bágoas.
Outro poema que tamén me gustou moito foi o de "Puntos de fuga", xa que nel Carlos Negro lle quere transmitir ao lector que o sexo masculino e o feminino non teñen uns trazos que o caracterizan, xa que como se explica neste poema non hai que ser home para que che guste o fútbol, nin ser gai para que che guste o rosa. Pero sen dúbida a parte que máis me gustou deste poema foi o último verso, o cal di: "Son feliz se me admites diferente". Eu considero que este poema nos transmite unha gran ensinanza, xa que moitas veces xulgamos ás persoas polos seus actos, sen sequera coñecelas, e iso non está ben.
 

16/04/16

Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan

Comentario de Ánxela Barrio Varela


Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan 
Wolfgang Koeppen
Rinoceronte



Eu sempre estiven moi interesada no tema do Holocausto, todos os libros e películas que vexo producen en min calafríos a pesar de ser sempre o mesmo argumento. Ao comezo do libro pensei que ía ser una historia esperanzadora pero a medida que avanzaba vía todo mais escuro.

Nos libros coma este podemos observar a inxustiza e desigualdade que existía en Alemaña hai setenta anos, que se di pronto. Impresionoume moito as condicións de vida que tiñan, o feito de ter que estar agochado nun burato oscuro e frio durante días é algo infrahumano que agora semella imposible.

Christa paréceme una persoaxe imprescindible na historia, a pesar de verse pouco, pois, sen ela non vivirían, grazas a ela poden permitirse vivir nun burato e non enfrontarse ao mundo exterior.

Penso que todo o mundo debería ler historias coma esta, non só por imaxinar o que ocorría anos atrás, senón porque foi un libro que me conquistou dende a primeira páxina.

15/04/16

Masculino singular

Comentario de Adrián Mato



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais

Gustoume moito este libro, xa sabía que este autor era (para min) un dos mellores poetas galegos, mais outra vez neste libro superouse. Encantoume a sutileza coa que critica na maioría dos seus poemas, a violencia de xénero, pero incluso máis aínda como el tamén se declara feminista e defensor das mulleres. Parece mentira que na sociedade do século XXI teña que haber libros de crítica contra un problema tan grande e que este siga ocorrendo. Admiro de verdade a Carlos Negro por declararse feminista e crear una obra coma esta, penso que se todo o mundo fixera o mesmo e dera un paso adiante en favor da muller, poderíase erradicar ou cando menos diminuír, o número de mulleres mortas a man de homes.

Se tivera que escoller un par de poemas serían sen dúbida: "O muro" E os das múltiples interrogacións retóricas

14/04/16

Bilbao-New York-Bilbao

Comentario de Vanesa Lalín



Bilbao-New York-Bilbao
Kirmen Uribe
Xerais



Outra vez atopeime cun libro que ten un título que me gustou moito , pero unha vez que o rematei de leer desilusionoume un pouco, non sei se foi por ese final tan aberto, onde a miña cabeza pensaba varias cousas ou pola maneira de transmitir a historia que se nos conta durante un voo que vai de Bilibao a New York. Para min é como se lle faltara movemento, acción…, non sei como explicalo, pero ás veces pareciame que estaba lendo historias todas diferentes, aínda que no fondo tiñan todas en común a historia de tres xeracións da mesma familia, que había que ir unindo e enlazando para así poder formar a historia, onde o protagonoista, Kirmen Uribe, era como o eixe que unia esas historias, que unha vez aparecían como cartas, outra como diarios, poemas, e incluso como e-mails, onde se intenta reflexar o paso do tempo, é dicir, o pasado e o presente, e ás veces dabame a impresión que quería chegar o futuro.
Por outro lado creo que no fondo este libro o que intenta transmitir e que o protagonista sente unha especie de rexeitamento a continuar coa tradición de pescadores que tiña a súa familia, pero a pesar disto vese o gran amor que el sente por todos os pescadores, que neste caso son os vascos, pero as historias que nos conta poderían ser as de calquera mariñeiro de calquera lugar.
Para min este libro esta cheo de moitas ideas diferentes e acontecementos onde me fixeron reflexionar e pensar en varias ocasións para así entender o seu contido pouco a pouco, onde descubrin que a tradición oral era moi importante, pero que as veces me facía difícildiferenciar os feitos reais do que podían ser mitos dunha familia de pescadores en concreto.
Como resumo podo dicir que non é un libro que me entusiasmara, pero que no fondo me fixo ver cousas para comprender mellor outras maneiras de vivir.7

13/04/16

Masculino singular

Comentario de Christian Domínguez



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais





Neste libro amósasenos como Carlos Negro racha para sempre co mito da virilidade de que os roles non deben estar preconcibidos: os nenos de azul e as nenas de rosa, os nenos xogar con camións e as nenas con bonecas.
Iso é o que non debe ser, e así o plasma Carlos Negro, autor do libro. É unha reflexión sobre o que supón ser home hoxe en día: Dende o “home macho” ata o heterosexual tenro, afectuano e non predominante.
Como se consegue iso? Grazas á educación, a rachar cos tópicos educativos e culturais a ter contacto co feminismo. Todo isto dende poemas curtos ata poemas visuais ou caligramas, con certa ironía sobre todo no nome dos poemas << just for men >> , << código de barras >>. No libro está claro o que quere o autor, concienciar o home de ser mellor persoa  e ensinar todo aquilo que ten de muller.

12/04/16

Os caloteiros

Comentario de Raquel García


Os caloteiros
Jim Thompson
Rinoceronte



Os caloteiros de Jim Thompson foi un libro no que a primeira cousa que me chamou a atención foi o seu título xa que eu nunca oira aquela,para min,estraña palabra "calote".

Ao principio o libro non me engaiolou moito xa que só contaba feitos e anécdotas que lle sucederan ao protagonista da historia chamado Roy Dillon sen ningún tipo de intriga nin misterio.Según avanzaba pasando páxinas e sen querer,o libro ía atraéndome cada vez un pouco máis xa que aí foi cando empecei a descubrir como era a verdadeira vida de Roy Dillon,distinta a calquera outra vida dunha persoa normal.En parte,entendo que Roy puidera ter unha vida tan fora do legal xa que a infancia marca e marca máis ainda o ambiente no que medras.
Roy bota tanto tempo fora do legal que cando ten a oportunidade de deixalo e mesmo de ter unha boa moza,humilde e modesta prefire seguir coa súa vida ilegal anque despois encamiña a tempo o seu futuro profesional.O que máis me gustou deste libro foi que seguro que no mundo do ilegal tamén hai persoas que viven así,calculando cada palabra e movemento que fan para non botarse a perder.
En canto a personaxes,o personaxe que máis me impresionou foi Lilly Dillon porque eu cría que,a pesar de todo unha nai sempre ía ser unha nai e como tal pese a todo querería o mellor para o seu fillo;Lilly Dillon non,para ela o máis importante son os cartos e a fin de contas no libro ben o demostra. Moira para min é un personaxe bastante secundario e que case podía sobrar xa que só participa nunha escea relativamente importante.
"Os caloteiros" a fin de contas gustoume bastante,non só polos feitos en si senón tamén pola súa fácil lectura xa que utiliza un vocabulario preciso e sinxelo.Recoméndoo!