Comentario de Noelia Blanco Pájaro
Dos días escuros
María Carmen Caramés
Xerais
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
05/12/15
Dos días escuros
Este libro está cheo de poemas descritivos da situación da muller fronte á violencia de xénero e as fases que sofre esta, no cal Mª Carmen fixo que pórse na pel destas mulleres fose moi doado.
En xeral fálanos das víctimas da violencia de xénero e o seu día a día nesa repleta escuridade.
O poema que máis me gustou é no que nos presenta a realidade comparándoa co oficio dos oleiros. Fala nel sobre esa ductilidade, esa forza que exercemos sobre o óleo e o transformamos, e que os homes tratan de facer o mesmo coa muller. Fálanos tamén dunha cunca, que contén os desexos de todo o que quixo ser pero non deu.
Outro poema que me gusta é o que fala sobre o primeiro golpe e di que é o que máis marca, pero que a cousa non queda aí, que detrás dun veñen máis.
Despois de todo, de reflexionar e pensar sobre este tema, aínda non son capaz de entender como pode existir xente dese tipo, xente que o pase ben pegándolle a unha muller e que sexa feliz véndoa sufrir. Con todo, cheguei á conclusión de que non é posible sentirse superior facendo iso, que é unha enfermidade. E nós como persoas debemos intentar poñerlle freno a estas situacións, así sexan directas ou non, porque hoxe non nos afectan, pero mañá podemos ser unha das tantas víctimas.
Atoparalo en Poesía, Violencia de Xénero, Xerais
03/12/15
Bícame, Frank
Comentario de Francisco Rodríguez
Bícame, Frank
Miguel Anxo Fernández
Galaxia
Este foi o primeiro libro que lin de Miguel Anxo Fernández polo que se xunta ó grupo de escritores aos que estou agradecido por realizar este tipo de obras. Este libro xa partía con algo de ventaxa, debido a que foi un libro pedido por min pero que á súa vez tiña a gran responsabilidade de cumprir as miñas expectativas.
É certo que tanto o número de páxinas coma o título botoume un pouco cara a atrás, pero deille un voto de confianza e boteime a ler e enseguida me metín na historia de Frank e "Sugar", xa que está chea de acción dende a primeira liña, que era o que precisamente buscaba neste libro e o que tamén contrasta co título tan amoroso, que foi unha cousa que me confundeu ó principio.
Pero non só foi a cantidade de acción o que me gustou senón tamén a calidade, xa que pareceume moi interesante primeiro o tema que foi o do intercambio do obxecto baixo o que se sustenta a historia, entre o portugués Nascimento e Sugar e que Frank investiga e chega a intercepatalo e facerlles chantaxe para conseguir que fixeran o que a el lle conviña.
Tamén pareceume interesante a mestura que fai do tema principal, que xira en torno ao papiro e á súa viaxe-tour por toda Galicia e tamén que as intercala perfectamente facendo que que sexan complementarias. A implicación dun escritor da talla de Ramón Cabanillas, facendo unha gran referencia a unha das suas obras cume como é "Vento Mareiro" pareceume un detalle a destacar.
A medida que ía avanzando a historia a acción volvíase máis acentuada coa implicación ata da Mafia Rusa que queiras que non sempre anima a historia, xa que moitas veces a mafia pode ser sinónimo de acción, pelexa,..., que sempre fai máis entretido un libro.
Tamén a medida que avanzaba aumentaba o número de personaxes o que foi unha cousa que non me acabou de convencer pois creo que hai algúns como Franeras ou Mardamas que, quitando o feito de axudar a Frank no asalto da casa de Lavandeira, non tiveron unha gran repercusión na trama. En cambio outros coma Melia parecéronme moi emotivos e emocionantes, e principalmente encantoume a parte da súa morte na que lle conta a Frank que sabía todo sobre o contido do papiro e dille ó final "kiss-me Frank" que é o mesmo pero en inglés que o que lle di a súa secretaria Pat, que levaba namorada do seu xefe Frank, cando se encontran debaixo da lúa "Bícame Frank", que é a frase que lle dá nome a este libro, esta foi unha parte que pareceume moi bonita pois despois de todo o vivido, aínda hai momentos para o amor.
En definitiva, un libro que cumpriu as miñas espectativas e que case non lle poño ningún pero polo que volveríao ler sen problema.
Atoparalo en Novela negra
02/12/15
Amor en alpargatas
Manuel Portas
Xerais
O libro Amor
en alpargatas de Manuel Portas, foi una historia moi interesante, no que o título engana xa que o
tema principal non é o que parece, senón que só o a idea do amor está presente nun segundo plano.
Non me resultou un
libro fácil de ler, xa que o vocabulario era complexo, pero por outra parte a
historia era fácil de entender, quero dicir, de seguirlle o fío. Xa que nos
contaba dúas historias de amor diferentes cun único protagonista, Senén. Para o meu parecer o autor utiliza os dous
personaxes, Amalia e Xian, e as súas dúas esposas para caracterizar ao
protagonista e a sociedade na que vivía.
A historia tivo
partes tristes que se che poñía o corazón nun puño, como a enfermidade de
Senén. A verdade é que nalgunhas partes desta narración sentinme identificada
porque (como di o autor do libro non é
una historia real pero podería selo) en moitas situación cotiáns
obrígannos a ser fortes e a afrontar situación complicadas e dolorosas como
neste caso a morte.
Atoparalo en Amor, Manuel Portas, Morte, Política, Xerais
01/12/15
Millo verde
Comentario de Noelia Blanco PájaroMillo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Lin este libro porque o tiña unha compañeira de clase, mirei o resumo por curiosidade e pareceume interesenta, pero todo se quedou no interés do resumo.
Na miña opinión segue o exemplo típico de sempre: un delito, un culpable e un suposto culpable que paga xusto por pecador. Neste caso, hai unha nena que é violada por seu pai e paga a condena un profesor. Que todo isto, xa se vía vir en canto lin algunhas páxinas do libro, no cal botei de menos máis profundidade e máis sentimento.
Teño ganas de ler un libro difrente, que non siga os roles de sempre, no cal non sexa un terceiro o que paga a condena dun culpable, algo que me sorprenda.
Atoparalo en Sociedade, Sufrimento, Violencia de Xénero, Xerais
30/11/15
O pobre Tolo
Comentario de María Mato Martín
O pobre Tolo
Inacio
Demo
Este cómic explica o período de tempo desde 1934, entre os dezaoito e os vinte e oito anos, que Castelao pasou en Badaxoz por mor do seu desterró despois da guerra civil. Cita que naquela cidade o escritor séntese coma un estraño; non tardou en coñecer a outros galegos emigrantes, e integrarse na situación política da provincia.
O libro non nos reflicte simplemente a "Castelao, o defensor nacionalista de Galicia", senón que se afonda máis na vida íntima do autor; realmente esta obra enmarca os sentimientos e emocións de Castelao por mor do desterro, botándoo da súa terra á que tanto agarimo lle ten, e polo sentimiento de intrusismo que sente en referencia a Estremadura, e tamén a felicidade de poder encontrar a outros "irmáns" galegos, o que fai que a soidade se disipe un pouco. Tamén recolle a evolución psíquica e emocional que sofre desde os dezaoito anos, sendo soamente un mozo, ata os vinte e oito anos.
A forma de ilustrar o cómic non se alonxa tanto da forma de debuxar de Castelao, e ten unha forma moi peculiar de facer os personaxes, caracterizándoos con detalles moi graciosos ao meu parecer.
Atoparalo en Cómic sobre Castelao, Demo editorial
A neta do señor Linh
A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
O libro A neta do señor
Linh, de Philippe Claudel, cóntanos a soidade do señor Linh, un señor maior
que perdeu toda a súa familia, agás a súa neta, por mor da guerra. Esa soidade
e esa tristeza é soportada con menos dureza grazas a esta pequena.
O señor Linh abandona o seu país e coñece ao señor Bark, encontrándose ambos
en semellante situación, a pesares de
falar distintas linguas, xorden entre os dous homes solitarios unha gran comprensión en silencio,
con pequenos xestos, miradas, sorrisos...
Este libro describe, por un lado, o sufrimento, a resignación
e a tristeza das secuelas da guerra ao arrebatar das mans os seus seres máis
queridos. Por outro lado, a dozura e o gran amor que teñen os avós polos netos;
encántame o momento no que lle
tararea unha nana para adormecela.
Para min, o máis bonito que atopei nesta historia foi o valor
da amizade e entre os dous señores e o afán
de superación, maneira na que conseguen ambos aliviar as penas e os
sufrimentos.
Este libro engancha, unha vez que comezas apetéceche seguir
ata o final. Pareceume moi fácil de ler. Véxoo como unha historia real que
posiblemente moitas das nosas familias
sufriron e que hoxe en día aínda
ocorre como consecuencia das guerras.
É un libro que paga a pena lelo.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
29/11/15
Unha puta percorre Europa
Wow!, eso foi o que dixen nada máis rematar este libro de Alberto Lema. Esta foi a primeira novela que lin deste autor e impresionoume e encantoume, e como consecuencia disto, anímome a ler máis novelas deste escritor. Os motivos principais polos que me gustou moito esta lectura foron a acción e os temas ilegais e relacionados coa prostitución, nos que se centra esta magnífica obra. Por outra parte, nesta obra, as súas protagonistas defenden o feminismo; e chegan ao punto de asasinar aos que non respectan esta ideoloxía. Sen dúbida, de todos os libros optativos que lin ata agora, este foi o meu preferido. Os motivos que fan que este novela me encantara son a intriga e emoción da historia; o realismo que esta posúe e o doado que é de ler e entender. Esta obra parecéuseme a un libro que lin o ano pasado, "A punta de pistola", non só pola súa temática; senón, porque en ambas novelas, os seus respectivos autores, enlazan e fusionan, de maneira excelente, dúas historias nunha; xa que nuns capítulos cóntanse as investigacións da policía para atrapar ás "Putas Asasinas", mentres que noutros fragmentos, cóntanse a vida e accións destas. A pesar de que me gustan os libros breves, esta obra é todo o contrario, gustaríame que fose máis extensa. Eu recomendo ler este libro.
Nesta obra cóntase a historia dunha parella de lesbianas feministas, Ada e Luz, que se fan pasar por prostitutas e matan a todos os clientes que as contratan para manter sexo a cambio de diñeiro, na defensa das mulleres que exercen esta profesión. Ao lado do corpo da persoa á que matan, deixan unha tarxeta na que aparece escrito:" Putas Asasinas". A súa terceira vítima é o fillo dun narcotraficante moi perigoso, que non as deixará en paz. Este narco contrata uns sicarios que matan a unha amiga de Ada, por non dicirlle quen son as mulleres que asasinaron ao seu fillo. Un dos obxectivos desta banda é conseguir que todas as noticias internacionais se centren nelas, cousa que conseguen. A policía e o goberno intentan acabar coas "Putas Asasinas", pero non o conseguen. Estas fundan unha páxina web, a raíz da cal se crean suborganizacións desta parella de feministas ao longo de Europa, Asia e América.
O título está perfectamente relacionado coa historia, xa que a raíz da parella de feministas xorden pequenas células ou filiais das "Putas Asasinas", que seguen os pasos desta parella de lesbianas radicalistas. Por outra parte, os personaxes da historia gustáronme pola súa ampla descrición física e moral, ao igual que a ambientación na que se desenvolve a historia.
O final da historia entendino tras darlle moitas voltas e buscar información na rede. O que non me cadraba do final era que na penúltima páxina se narrara como morre Luz no tiroteo e se detén a Ada, mentres que, na última páxina se conte como as dúas se reúnen e se bican. Tras informarme decateime de que na última páxina o que se conta é como imaxinaban as asasinas que ían saírlles as cousas.
Atoparalo en Asasinatos, Feminismo, Galaxia
28/11/15
Conduce rápido
Comentario de Jorge González
Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
Ao ler o título desta novela, "Conduce rápido", pensei que a historia ía estar ambientada no interior dun coche, pero ao ír lendo deime conta de que non era así.
Mentres lía o libro sentía coma se eu tamén estivese involucrado na tema da droga.
A estrutura deste libro pareceume un poco estraña, xa que a novela non estaba dividida por capítulos senón que a historia transcorría nunha semana e o autor ía indicando a hora dos sucesos.
Eu penso que o autor quixo transmitir con esta obra a súa opinión de pertencer a unha banda dedicada ás drogas e ao branqueo e préstamo de cartos.
Penso que tamén quixo transmitir que é mellor non involucrarse nos asuntos turbios dos demais.
En resumo esta novela de Diego Ameixeiras pareceume moi boa e con un argumento moi entretido.
Atoparalo en Diego Ameixeiras, Novela negra, Xerais
27/11/15
Ás de bolboreta
Este foi o primeiro libro que lin de Rosa Aneiros e xa podería dicir que acadou un seguidor máis. Pareceume un libro moi sinxelo de ler, o que axudou a miña inmersión na trama e sobre todo entretido, xa que case en ningún momento houbo ningún asomo de aburrimento baixo as palabaras impresas destas páxinas.
Outra característica pola que este libro espertou este sentimento tan bo en min é que trata sobre unha situación ou sobre unhas acción totalmente cotiás xa que en calquera bar ou taberna pódense reunir clientes e pasar alí as longas tardes contando as suas marabillosas e sempre deductivas aventuras.
No ámbito dos personaxes houbo un que chegou con especial delicadeza ó meu corazón, ese foi Manuel, ese neno de cor moi simpático e faladeiro no que me sentin moi identificado por esa parte, e que tiña esa inocencia propia dun neno pensando que súa nai, xa morta, era catwoman e que cada fenómeno fantástico que ocorría, el coa súa marabillosa imaxinación relaciónabao coa acción da súa nai.
Outro personaxe dos que máis me gustaron foi Igbal, un paquistaní que aínda tras vivir a experiencia traumática dun atentado, é capaz de erguerse e seguir unha vida normal, o que me parece un gran exemplo de superación dos que moitas persoas deberían aprender tras as precarias situacións que se están a ver recentemente.
Tamén parecéronme moi tenros os personaxes de Eusebio e Lola xa que tras pasar toda a vida partindo o lombo traballando moitísimo, agora teñen que seguir loitando con tantas limitación como a vellez e como as súas respectivas enfermedades lle plantexan.
Un defecto que poderíase dicir que é o único é, para min, unha excesiva adxectivación, o que fai algo lioso algúns fragmentos do libro.
En definitiva un libro que me deixou un bo sabor de boca, polo seu entretemento e pola súa sinxeleza que non me importaría telo que volver a ler.
Atoparalo en Rosa Aneiros, Xerais
26/11/15
Chamábase Luís

Comentario de Alberte Payo
Chamábase Luís
Marina Mayoral
Xerais
Este libro de Marina
Mayoral ten como tema un problema social moi dado nos últimos tempos: as
drogas. Nárrase a historia dun rapaz chamado Luís, que se meteu nas drogas
aos vinte anos. Rosa, súa nai, fai de
narradora, contando o que tiña que facer polo seu fillo, que tiña que coidar
dos seus netos e que xa perderá ao seu marido e a un fillo polas consecuencias
nefastas das drogas (tabaco e mais heroína respectivamente).
Na miña opinión foi
un libro moi interesante e moi educativo, pois nos ensina a cara mala (a única
que ten) das drogas; como poden chegar a deteriorar unha persoa (e tamén a
todos os seres que a queren) en cuestión de pouco tempo e que normalmente ou
se deixan de consumir ou acabas morto, como lle pasou ao seu irmán Pablo e
como lle acaba pasando a Luís. Deixa aos seus fillos, nai e irmáns cunha pena
ben grande por non saber ninguén que facer para que o noso protagonista deixe o
consumo destas substancias mortais como son as drogas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



