ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/11/15

Cousas


Comentario de David González Sampayo

 

Cousas
Castelao
Galaxia



Este foi o primeiro libro que lin de Castelao e, sinceramente, gustoume moitísimo. Esta é unha obra composta por varios relatos moi breves e de carácter satírico, cheos de humor. Outra cousa que me gustou destes relatos foi a ironía coa que Castelao escribe cada un deles. Os temas principais destes contos son a emigración, a pobreza e o abuso de poder por parte dos ricos, o cal é criticado continuamente polo autor, a honra, etc. Tamén cabe destacar que é un libro moi fácil de ler e entender. Eu sempre dixen que me gustan os personaxes e ambientación ben descritos, pero neste caso gústame que Castelao omita as descricións e se centre no transcurso da acción, é dicir, é conciso. Eu recoméndolle este libro a todo o mundo, xa que é un libro que vale para persoas de todas as idades. Vou destacar dous relatos positivamente, que son "O pai de Migueliño" e "Aínda eu non nacera". Houbo tres relatos que non me gustaron nada, os cales foron "Se eu fose autor", "No mar había un afogado" e "Nunha eirexa da montaña".

"O pai de Migueliño" foi, sen dúbida, o relato que máis me gustou. Nel un rapaz que nunca vira ao seu pai mira un retrato que hai na casa, para recoñecelo, xa que ese día volta de América, tras emigrar. Xa no porto, onde desembarcará o seu pai abrázase a distintos homes, que pasan del. Cando vira a cabeza ve a un home con roupa vella, sucia e moi delgado, que está abrazado á súa nai; nese intre, decátase de que ese home é o seu pai. Neste relato, refléxase que non todo o mundo que emigraba cara América se facía rico, senón, que moitos, coma o pai de Migueliño, fracasaban.

Outro relato que tamén me gustou foi "Aínda eu non nacera", xa que me fixo rir moito. Este relato céntrase na historia dun pobo no que aparece un raio de luz, o cal sembra o pánico nesta vila. Como os habitantes deste pobo crían que este era o fin do mundo, Ramón foi á igrexa coa súa moza a suplicarlle ao cura que os casase para non morrer en pecado. Finalmente, apareceu un home que lles dixo aos habitantes do pobo que ese raio de luz era luz eléctrca, que proviña dunha fábrica. Neste relato Castelao reflexa a sociedade galega daquela época, unha sociedade moi crente ou mou supersticiosa.

Os tres relatos que menos me gustaron foron "Se eu fose autor", "No mar había un afogado" e "Nunha eirexa da montaña", xa que, desde o meu punto de vista, estes relatos carecen de humor e sobre todo emoción, que é, na miña opinión, a base dun conto, o que fai que un relato sexa divertido e ameno. En "Se eu fose autor", tan só entendín que os pobres choraban por unha vaca e os fidalgos por unha cadela. En "No mar había un afogado" e en "Nunha eirexa da montaña", non entendín nada, e parecéronme aburridísmos. Os tres relatos que nomeei anteriormente, parecéronme as "ovellas negras" deste magnífico libro, e considero, que non deberían estar neste libro.

19/11/15

Titoán

Comentario de Cristina Costela



Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
 
 
 
Este libro chamado Titoán, foi un libro que me foi moi doado de ler e que me gustou moito, xa que me achegou máis a vida de Castelao dunha forma divertida, é dicir, a través dun cómic cheo de caricaturas. Este libro céntrase na vida de Castelao, e vai dende a súa xuventude ata a súa madurez.
Ao principio deste libro perdinme un pouco cos saltos de tempo ao pasado; móstranos un Castelao que rematou os estudos de medicina para contentar ao seu pa , xa que o seu punto débil era a caricatura. Durante a lectura, aparece un Castelao namorado e que quere casar, pero céntrase especialmente na figura do cabezudo que lle encargaron a Castelao para as festas de Rianxo. Para iso, escolle ao home máis feo da vila, Titoán, o que lle proporcionará algún que outro malestar pero tamén lle brindará unha eterna amizade. Ademais a Titoán acáballe gustando o cabezudo e ata lle chama “irmanciño”.
Un libro que me gustou moito e que deberiamos ler para coñecer mais sobre esta importante figura galega.
 

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Sonia Troitiño Loureiro


O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K




Esta pequena novela encantoume . O título xa me chamara a atención e cando o collín na biblioteca, tamén o formato da edición  coa portada toda en negro e as letras blancas e a cor verde gustáronme.

Este libro non ten un gran contido de acción narrativa, pero si de contido emocional e reflexivo. Faite pensar no afortunado que somos por ter quen nos queira e nos axude. A historia de Momo é triste ata que o señor Ibrahim entra na súa vida. É un rapaz sen cariño, só, amargado pola convivencia cun pai  frío e gris, un supervivente que se ten que buscar a vida cando o que tiña que recibir é cariño e apoio para medrar.

Coñecer  ao tendeiro árabe  cambia  a vida de Momo  xa que Ibrahim fai o labor dun pai amable e cariñoso  que o neno nunca tivo. Con el Moisés aprende, perdoa o seu pai e consegue entender e asumir o mundo. Con el vive , soña e disfruta da vida. Con el faise un home e aprende que “hai infancias das que cómpre curarse” e que se “queres ter amigos cómpre non bulir tanto”.  Entre estas dúas personaxes establécese unha conexión de amor e vida que me pareceu moi fermosa.

Na miña opinión é un libro sinxelo, pero profundo.
 

18/11/15

O faro escuro

Comentario de Silvia Bruguera


O faro escuro
María López Sández
Galaxia





Este libro gustoume porque fala da desaparición e do desacougo dunha famosa xornalista chamada Catalina Moscoso. É un libro que provoca intriga aos seus lectores polo misterio do comezo cando a xornalista desapareceu.

O faro escuro é unha pequena novela fragmentada en varios capítulos, en cada un dos seus capítulos o narrador varía: ás veces a narradora é Catalina, narrando a historia dende o seu punto de vista, no fondo do pozo, contando os seus sentimentos, inquedanzas e recordos do accidente do avión. Outras veces fala como narradora a inspectora Neira que leva o seu caso e conta como chega a dar con Catalina paso a paso e a quen ten que interrogar para atopala. O último personaxe que actúa como narrador é o fareiro.

O personaxe de Catalina é moi forte física e psicoloxicamente porque unha persoa nas súas condicións perdería a cabeza moi facilmente, pero ela soubo como afrontar a situación dentro dun pozo con pouca comida, as míninas condicións hixiénicas e coa única compañía dun canciño chamado Coco. Senón existise o personaxe do fareiro non teríamos historia, é o personaxe máis demente de toda a novela, cunha paranoia coas mulleres fermosas. A pesar do seu desequilibro mental, ao final da historia deixou un acontecemento moi importante de lado, porque sentía a necesidade de ir arranxar o faro que deixara de alumear, para que un pequeno barco que estaba á deriva non se estrelase contra a súa illa. Este acto demostrou a dedicación do fareiro ao seu traballo.

A xornalista cando atopa o can recén nacido na cesta e observa que ten medo, cólleo no seu colo e acariñao, nesta escena ensina unha faceta dela, na que aprecia moito a vida dos animais, e conservou o can ata que acabou todo o que lle sucedeu.

Unha parte do libro que me agradou moito foi na metade cando a inspectora Neira e os axentes Cuns e Silva descubriron que a desaparición de Catalina tivera que ver coas persoas que sobreviviron coma ela no accidente aéreo. Outra escena que me conmoveu foi cando a inspectora decide arriscar a súa vida embarcándose cara á illa cun temporal moi perigoso para poder salvar a Catalina do cal pensan que é o asasino das rapazas da Costa da Morte.

En resumo, esta novela curta foi moi interesante de ler, non me causou ningunha dificultade para o seu entendemento, e foi moi entretida á diferenza doutras novelas mesmo que eran máis curtas ca esta.

17/11/15

Os últimos fuxidos

Comentario de Miguel Oro Vence


Os últimos fuxidos
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais





Pareceume un libro bastante entretido xa que trata un tema o cal me atrae.
A historia está ambientada en decembro do 1950, o cal lle dá un toque verídico e axuda a enfrascarse na historia. O seu tema principal é o crueis que eran os falanxistas e a garda civil chantaxeando aos fuxidos e levandose consigo as mulleres do pobo dicindo que como non confesaren onde se agochaban  as ían fusilar.
É una historia que mestura o drama coa violencia, reflexando como foron aqueles tempos e narrando o tráxico final dos últimos fuxidos da guerra civil.  
 

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Comentario de Noelia García

Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
  


Este libro, gustoume moitísimo e ensinoume a que se en verdade queres algo loita por el ata conseguilo.
A protagonista Leo ensínanos que a pesar de todas as desgrazas que lle ocorreron á súa familia, de que todos os seus amigos á abandonaron, ela seguiu adiante soa. Atreveuse a viaxar soa á todos os lugares do mundo sen medo ningún.
Aínda que os primeiros días non foron nada fáciles, ela conseguiuno cando atopou o grupo de viaxantes e músicos coma ela, xa foi todo moito máis doado aínda que cada un tiña unha maneira diferente de pensar poñíanse de acordo.
Leo con esa viaxe aprendeu a non ter temores nin medo a nada, descubriu o amor e deuse conta de que ela se quere pode chegar á facer calquera cousa.
Con este libro aprendín que non sempre é o que parece, os que ao mellor están hoxe ao día seguinte abandónante e dun día para outro encontras persoas increíbles que te valoran como outros non o fixeron pero os que sempre estarán son a familia, coma no caso de Leo os seus pais e o irmán que a pese a non estar moi de acordo apoiárona e axudárona.

16/11/15

Cousas


Comentario de Vanesa Lalín Pousa

 




Cousas
Castelao
Galaxia




Este é o primeiro libro que leo de Castelao. Cada historia vai acompañada dun debuxo moi concreto sobre ela e pareceume moi especial xa  que nunca lera un libro tan curto no que había tantas historias diferentes e o que máis me sorprendeu foi que ninguna delas tivera nada que ver unha con outra, cada unha delas contaba algo distinto, tan ben trataba sobre a pobreza nos galegos, a morte, o amor, a emigración como pasaba por lendas antigas a cousas da natureza. Pero o que si cadraba en todas era que o relato era breve, contaba algo preciso, sen moitas descricións, onde normalmente en cada relato había só un persoaxe principal que era o protagonista.
Por outro lado eu non souben con certeza en ninguna das historias a que sitio concreto se refería Castelao o que si penso e que todas elas trataban do rural pero un rural costeiro de Galicia .
Para min con este libro Catelao quérenos contar os problemas que nesa época sufría a sociedade galega onde os máis importantes eran a pobreza e a emigración como deixa ver en varias das historias.
Trátanse temas que foron moi importantes para entender mellor a vida neste caso do pobo galego, pero pensó que podería valer para describir a de calquera outro pobo que pasara polas mesmas situación. É dicir, debo destacar a súa universalidade.
Como resumo podo dicir que foi un libro que me resultou fácil de ler, pero non me enganchou demasiado porque era empezar un relato e remátalo xa, sen ter nada que ver co anterior, non había intriga, eu penso que canta máis intriga teñan os libros me están a gustar máis.

Atila





Comentario de Lucía Otero



Atila
Inacio
Demo
Este libro pareceume unha boa idea, xa que á parte de que se pode ler en pouco tempo, é diferente do resto de libros obrigatorios; a min persoalmente gústame este tipo de lecturas.
Tamén me gustou que tratara dunha personaxe que esteamos estudando, xa que lle dá un toque máis persoal, non é só unha figura histórica, da que aprender a súa vida e traballos, é dicir, que fai que esteamos máis preto del, e vexamos un pouco mellor como foi a súa forma de vivir, costumes e biografía, que formou parte das súas obras.

Non me gustaron demasiado algunhas partes nas que falan de política, xa que non logrei comprendelas moi ben e fixéronseme algo aburridas. Pero todo isto fai un bo contraste para esas partes cómicas, que te fan rir e pasar un bo cacho.

O que máis me gustou desde cómic foi o final inesperado, que che deixa un estraño sabor de boca, que che fai pensar en que sucesos coma eses, pódenlle pasar a calquera en calquer momento e lugar.

 

15/11/15

Un animal chamado néboa

Comentario de Carla González Silva


Un animal chamado néboa
Ledicia Costas
Xerais
 
 
 
En primeiro lugar dar as grazas a miña profesora por recomendarme este libro tan excelente.  
 
Un animal chamado néboa da escritora Ledicia Costas é un libro que traspasa as fronteiras e resalta nun mesmo unha chea de emocións e sentimentos. Debo dicir que é o primeiro libro que fai brotar de min as bágoas e iso é algo que me sorprendeu.

Este libro está baseado na Segunda Mundial e o dominio nazi, nel relátanse varias historias de diversas familias durante anos. Sentín moita impotencia unha
vez penetrada nas historias pero sobre todo moita dor.
Nunca imaxinei que no mundo poida haber persoas tan malvadas e ao mesmo tempo crueis con outro tipo de xente. Neste libro as persoas tratan de sobrevivir
e de saír adiante.

Debo destacar que ou capítulo que me chegou moi ao fondo do corazón foi ou de `un animal chamado néboa´ non polo feito de ter o mesmo nome que o título do libro senón porque nel fálase do maltrato cara ás mulleres e como eran sometidas a diversas accións repelentes.

Para rematar, debo dicir que Ledicia nesta ocasión tivo que facer un grande esforzo para poder relatar todas as historias que acontecen.
Recomendo moito este libro para que a xente sinta algo especial.
 

14/11/15

Titoán


Comentario de Nerea Álvarez



Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
 
 
 
 
Este libro gustoume moito porque conta un anaquiño da vida de Castelao.
Gustoume moito o feito de que estivese escrito en forma de cómic xa que se fai moito máis ameno ler a súa vida. 
A parte que máis me gustou do libro foi cando fabricou o cabezón e parecíase, debido as espullas que tiña no nariz, a un veciño da súa vila. Fíxome moita graza cando o veciño perseguiu o cabezón porque pensaba que se estaban a rir del.
Outras das partes que me causou moita gracia foi cando o veciño ,unha vez que Castelao lle quitara as espullas ó cabezón , lle obrigou volverllas poñer xa que xa non pensaba que se estaban a rir del ,xa o tomaba como unha gracia,incluso lle chamaba irmán ó cabezón.
Outra das partes que máis me gustou foi coñecer o gran corazón que tiña. No libro vese refrexado un día chuvioso, no que súa nai lle di que vaia ver ó fillo duns veciños seus que está moi enfermo e están moi preocupados. Unha vez que examina ó neno e lle di que precisa de medicamentos para poñerse ben, os pais do neno confésanlle que non poden pagarlle os medicamentos o seu fillo porque non teñen cartos suficientes. Ó momento de que os pais do rapaz dixeron iso Castelao  deulle todos os cartos que tiña enriba para que puidesen comprarlle os medicamentos ó neno. Ese momento foi sen dúbida o que máis me gustou deste fragmento da súa vida; a dozura que ten polos que non se poden permitir mercar cousas tan imprescindibles como medicamentos.