ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/05/15

Mutacións xenéticas

Comentario de Anxo Gil



Mutacións xenéticas
Fina Casalderrey
 Xerais





Xa esperaba moito do libro, tendo en conta de quen era. Gustoume moito, aínda que nalgúns momentos notei que a trama avanzaba moi rápido, e non deixaba moi claras algunhas cousas. Pareceume un pouco hipócrita a postura de Hadrián, xa que ao principio non quería visitar ao seu avó, e ao final acabou colléndolle moito cariño. Cando Hadrián exploraba a caverna mentres o seu avó ía comprar provisións, atopou unhas serpes que o atacaron, pero el fixo que fuxiran con só dicirlle que fuxiran, co que non entendín por que dúas serpes, as cales tiñan a Hadrián contra unha parede, fuxiron só porque el berrou unha soa palabra. Tal vez o personaxe que máis me gustou foi o avó de Hadrián, xa que este estivo máis de vinte anos recluído en soidade, experimentando, pero no fondo sentía unha tristeza fondísima, como demostrou cando mirou un álbum de fotos na presenza de Hadrián, na primeira noite que este pasou alí.

27/05/15

Pel de lobo

Comentario de Noelia García Bermúdez


Pel de lobo
Xosé Miranda
Xerais

 


Este libro pareceume moi entretido, un pouco estraño, interesante e sorprendente. Ao principio pensei que non me ía gustar xa que parecía que a historia era antiga, pero pouco a pouco foime gustando. Pareceume antiga porque agora xa non hai tantos lobos con esas características e xa non son un problema tan grave coma antes que facían verdadeiras catástrofes. Tamén porque hoxe en día ninguén ten o traballo de matar lobos, e vivir diso.
A relación de Xosé coas irmáns; Aurora e Ana, ao principio pensei que ía ser doutra maneira aínda que ao final se acabe casando con Aurora non foi moi bonita esa relación.
Cando dicían que podían ser lobishomes desconcertoume un pouco, porque uns defendían a posibilidade de que foran lobishome e outros rexeitárano totalmente debido a que lles parecía unha tolería. 
O final cando se soubo que os lobos eran Ana e Aurora por un feitizo que lles botou o pai inconscientemente non me gustou, tampouco me gustou cando mataron e feriron a algunha xente, nin cando ao final despois de casarse Xosé e Aurora morren todos só quedan eles e Ana, a loba.
 

26/05/15

Illa Soidade

Comentario de Guillermo Fernández Portas


 Illa Soidade
 An Alfaya
Xerais



Este libro de An Alfaya resultoume unha cousa moi distinta ao que tiña pensado dende o primeiro. A dicir verdade non foi dos libros que máis me gustaron e isto fíxome unha lectura un pouco máis pesada. A pesar disto é un libro que amosa a realidade, porque isto que nos conta está a acontecer.
 Si que me chamou a atención o papel de Lucía porque ela, nas súas charlas cunha persoa que vive na rúa (Soa) amosa que non ten prexuízos de ningún tipo e axuda a Soa a levantar cabeza. Tamén me chamou a atención como Soa pasou de ter un matrimonio a estar na rúa de repente. En resumo, esta historia que nos vai contando Lucía de camiño á universidade, non me fascinou pero tampoco pasou sen deixar marca.
 

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Guillermo Fernández Portas
 
 
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais
 
 
Este libro de Marcos Calveiro resultoume moi entretido. O feito de podelo ler con tempo e sen apuro resultoume máis interesante que o propio libro. Ao velo nunca me imaxinei que tratase de algo así.
 O papel que máis me chamou a atención foi o do rapaz que viaxa onda a súa tía, xa que aínda sendo un adolescente tense que enfrontar a moitas dificultades como non ser admitido pola sociedade rural que alí había, soamente por vivir nunha cidade como París. A situación máis complicada a que se enfronta é a morte de alguén que xa supoñía algo para el, xa non eran só axudante e pintor, eran confidentes uns dos outros porque Vicent lle contaba como se sentía despois de non ser consentido no amor. 
Os bonitos encontros amorosos entre el e Adeline tamén me gustaron bastante. Este libro foime moi sinxelo de ler e gocei coa lectura.

25/05/15

O neno do pixama a raias


Comentario de Mario Silva


O neno do pixama a raias
Jhon Boyne

Faktoría K




O libro “O neno do pixama  de raias “ non é precisamente un libro que me gustase moito ler pero decidín probar a ver que pasaba , e ao lelo vin que a historia non estaba mal , tócanos estar na segunda guerra mundial en Alemaña baixo a ditadura anti xudeus de Hitler que mandaba recluílos en campos de concentración onde mataban os nenos e nenas  e tamén os anciáns , precisamente o amigo do noso protagonista e un deses nenos que esperan a súa hora nun deses campos de concentración.
Posiblemente o personaxe co que me sinta máis identificado despois de ler  o libro sexa Bruno o noso protagonista , o que ten que descubrir a inxustiza que se produce no seu país  contra a xente que a calquera lle resulta diferente no máis mínimo . Eu síntome máis identificado con el porque eu tamén creo que  a discriminación que sofre a xente hoxe en día por ser  diferente .
Este libro inda que non me gustou moito merecese unha boa nota  xa que nos da unha fermosa lección moral sobre o racismo que se pode aplicar a calquera época , polo que lle dou un 7 sobre dez .