ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 



O título do libro xa nos di moito, pero eu penso que aínda queda curto, xa que todo o que lle pasa a Marta é algo moi forte, pero o peor é que calquera podería estar na súa pel.
            Cando empecei a ler esta novela pensei que as rapazas da historia poderiamos ser calquera de nós dentro de dous ou tres anos, ou incluso agora mesmo, contando as nosas experiencias, que nesta caso son moi calafriantes. A min producíronme unha mestura de tristura, impotencia... xa que é moi complicado darse de conta destas situacións de malos tratos tanto psicolóxicos como físicos, que poden poñernos en situacións nas que non somos capaces de controlarnos ou darnos de conta do que realmente nos pasa, chegando incluso a rematar coa vida mesma, sen que ás veces se faga nada ou que cando nos deamos conta xa sexa demasiado tarde.
              Resultoume incrible como o “amor”, se así se pode chamar, en certas ocasións nos volve tan cegos e non nos damos de conta que é todo o contrario, que nos pon en situacións extremas e moi perigosas, onde non somos capaces de reaccionar, como lle pasaba a Marta. Pero por outro lado deime de conta que tamén hai cousas moi importantes como son os amigos, que che dan esa amizade de forma gratuita, que ningunha cousa , cando é verdadeira, é capaz de destruír, sempre que se precisan están aí, nos bos e malos momentos.
              Fíxome todo isto reflexionar que os amigos, a nosa familia, os nosos costumes… son algo moi importante, os cales nunca debemos renunciar por ningún motivo,

24/02/15

Durmido sobre os espellos

Comentario de Julia Cacheda

 
Durmido sobre os espellos
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia



Gustoume moito.
  É un libro que aconsello que lean todos os rapaces, trata da época de Franco, do machismo, de como un cargo superior pode abusar dunha rapaza...
  Tamén te mete por completo na historia de Cuba; en como o "Che" Guevera e Fidel Castro gañan a guerra é un dos temas principais e do bloqueo que sufriu o país e as súas consecuencias; o empobrecemento da poboación, as jineteras, os turistas en busca de sexo barato...
  Para min Diego é un exemplo a seguir, completamente intrépido, sen plantexarse as cousas dúas veces, e a súa curiosidade pola doce historia dos seus avós, o que lles ocorreu... Levouno ao seu propio amor.
  O personaxe que máis me gustou foi o de Noelia, unha gran muller loitadora que logrou sacar aos seus fillos adiante despois de todo o que lle pasou. Sorprendeume que cando Diego chegou de Cuba non quixese saber do seu namorado pero no fondo compréndoa.
  O único que non me parece normal e a vida sexual do avó de Diego, xoga cas mulleres, e a min paréceme que se estás tolamente namorado dunha e lle mandas cartas de amor non te deitas con outras... Pero esa é a miña opinión.
  É un libro con moito sabor cultural, romance, machismo e mantén a intriga ata o final.

22/02/15

Raquel

Comentario de Katia Pereira


Raquel
Isabel-Clara Simó
Xerais




Este libro está dirixido a rapaces da idade adolescente; é quizais por iso que en moitas ocasións fíxome sentir que a autora se refería á miña vida polo nome de Raquel.
Unha das escenas nas que máis me identifiquei coa protagonista, foi cando morreu a súa amiga Montse. Non porque me morrese algunha amiga miña, senón porque hai moitas formas de morrer, como marcha. Por iso, mentres lía as reflexións de Raquel, tras a morte da súa mellor amiga, recordei a unha amiga que marchou e coa que agora apenas manteño contacto; e notei esa sensación que deixa alguén cando marcha.
Na miña opinión, un bo libro é aquel que enche a alma do lector e consegue dalgún xeito deixar pegada nel. E este libro a min fíxome ver que por moito que intente aceptar a marcha de alguén sempre quedará ese pequeno sentimento interno provocado por esa ausencia.
Outro dos grandes sentimentos que me provocou o libro foi o de identificación. Sobre todo un momento do diario que me sorprendeu, foi cando Oriana fala con Raquel da vida despois do instituto. E pareceume importante porque sempre se dí que cando somos mozos tendemos a querer medrar á présa. Sentín que pode que sexa certo pero tamén sentimos un medo difícil de explicar cara ao que poida suceder unha vez que entremos no mundo adulto. Por iso, cando Oriana fala con Raquel e Raquel pensa que non é tan madura como pensaba, púxenme a pensar en como recoñecerei cando estea preparada para terminar de "medrar".
Finalmente este libro pareceume un gran libro porque me marcou.

21/02/15

O principiño


Comentario de Alberte Payo


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 
 
 
Esta obra de Antoine De Saint-Exupéry é un libro moi especial para min, pois foi o primeiro libro ilustrado que tiven, conmemorando os seus 50 anos de historia. O home que o traduciu ao galego foi Carlos Casares, un autor da nosa terra que fixo un bo traballo de tradución.
       Un home tivera unha avaría no medio do deserto do Sáhara, pero como non levaba nin mecánicos nin pasaxeiros decidiu arranxalo el só, sabendo que tiña auga para 8 xornadas. Esa mesma noite maldurmiu sobre a area, e ao amencer un rapaciño espertouno pedíndolle o debuxo dun año. Este colleu unha libreta e debuxoullo, pero ao rapaz non lle gustaba.
       Máis tarde o principiño, que así se chamaba o raparigo, contoulle a súa gran viaxe polos planetas, na procura de amigos e traballo. Nun había unha flor, no seguinte había baobabs, que eran unhas árbores xigantescas, e noutro había un faroleiro. É todo moi surrealista, polo que un debuxo feito polo protagonista, aos vellos lles parecía un sombreiro, pero ao Principiño ve nel o que realmente o debuxo nos mostra, unha serpe ``boa´´ dixerindo un elefante.

A min este libro gustoume moitísimo polo seu contido surrealista e divertido, que nos ensina o tipo de cambios que hai duns lugares a outros tanto no universo como no noso planeta. É un libro moi fácil de ler, sen expresións estrañas e emprega un vocabulario moi formal e traballado.