ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/12/14

Silencio

Comentario de Katia Pereira


Silencio 
Fran Alonso
Xerais




Silencio é un libro un tanto peculiar. Primeiramente porque non aparece en ningures o nome do protagonista mais si o do resto de personaxes.
A trama do libro correspóndese cos recordos do protagonista da época na que tivo que exiliarse a Madrid debido á publicación de artigos en contra da política. Unha vez nesta cidade, alugou un piso e pouco despois comprobou que os veciños eran moi estraños e terminaron por converterse nunha obsesión para el.
O personaxe que máis me gustou foi Catulo porque, tras anos sen apenas manterse en contacto co protagonista, seguía a mostrarse como o mellor dos amigos.
Porén, non logrei comprender o personaxe do Pai e non queda moi ben explicado que pasou con el ao final.
Por outra parte, botei en falta espazos abertos xa que a maioría da historia transcorre no interior dun piso.
En liñas xerais, considero Silencio como un libro interesante e diferente ao que estamos acostumados a ler ademais de simple de comprender.

26/12/14

Reencontro

Comentario de Katia Pereira González



Reencontro
Fred Uhlman
Galaxia






Este libro pareceume entretido.
En canto os personaxes, non me gustou nada a actitude dos pais de Konradidid, porque todos somos iguais sexamos xudeus, españois ou da orixe que sexamos. O  personaxe que máis me gustou foi Hans.
Por outra parte, a min pasoume que me parecían  Hans e Konradid moi infantís nalgunhas cousa, como respecto ás rapazas, e sen embargo, fan cousas dunha maneira natural, como pasar os fines de semana viaxando a outras cidades os dous sos.
Non me parece nada normal o trato que recibía Hans na escola por ser xudío.
O que máis me estraña deste libro e que ante todo é unha historia de amizade, aínda que fale dunha  época terrible.
Referente a linguae, ten un todo lixeiro.
Por último, recomendaría este libro aos 3º e 4º da ESO.

25/12/14

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Ánxela Barrio Varela

 
Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
 


Como a profesora dixo, este libro é moi triste, só a idea de que un mozo tan xove vaia morrer de cancro déixame os pelos de punta.
A súa actitude paréceme algo normal, se eu estivera no seu caso creo que tamén sentiría o mesmo, a forma de falar coa xente, algo borde, xa que é moi duro polo que está a pasar.
Entendo que non saiba se quedar coa súa nai, Maja e o mozo da súa nai ou co seu pai cabendo a posibilidade de estar só na casa polo que decide quedar no hospital e así ter a oportunidade de estar con Helene.
En xeral o libro gustoume moito xa que trata un tema moi serio e tráxico á vez, e serve para darse de conta do duro que é ter una enfermidade coma o cancro.

24/12/14

A modelo descalza



 Comentario de Nerea Álvarez


A modelo descalza
Jordi Sierra I Fabra
Galaxia




Este libro foi, sen comparación, o que máis me gustou ler durante este curso. É un libro que xoga co amor e co misterio. Gustoume moito porque o protagonista Jon despois da súa longa viaxe por África ao chegar ten que afrontar a dura noticia de que a súa exparella se atopa detida por un suposto crime de asasinato. El aínda que quere facerlle crer a súa nai que Alexandra é cousa do pasado quere axudala de todas as formas para demostrar que é inocente.
O que máis me gustou desta historia foi como Jon a pesar das súas dificultades para contactar con ela fai o posíbel por estar con ela e demostrar que é inocente. Aínda que Jon crera que era inocente, o que contaban os xornais de como a encontraron na habitación co top model era difícil de crer que fose inocente.
O que menos me gustou deste libro foi que houbese tan poucos diálogos, é dicir, sempre estaba reflexionando só e tratando dun tema tan importante na historia, como é o suposto crime de Alexandra, que non houbese máis diálogo coa nai ou coa xefa de Alexandra desconcertoume un pouco.
Esta historia reflexa como Jon a pesar de todo o que lle pasase con Alexandra deixa eses problemas a un lado e fai todo o posible por sacala da comisaría e do futuro cárcere que lle esperaba.

23/12/14

Tres pasos polo misterio

Comentario de Francisco Rodríguez


Tres pasos polo misterio
Agustín Fernández Paz
Xerais




Este libro, como xa o indica o seu título, relata tres contos independientes, aínda que algún con máis dose de misterio ca outros.

O primeiro relato cativoume desde o principio, a forma de contar a historia faise moi amena, relatando feitos que veñen de moitos anos atrás, civilizacións antigas que tiñan crenzas mitolóxicas xa estinguidas hoxe en día, como o culto á Deusa Serpe, e o misterio que rodeaban as serpes nese momento histórico. O protagonista chega a obsesionarse coa idea de que profanou os ritos ou sitios sagrados, como eran os monumentos megalíticos que conservamos hoxe en día en Galicia, e a súa obsesión e falta de credulidade do que el dicía levárono finalmente a un sanatorio mental.

O segundo relato aínda que é curto tamén resulta apaixoante, pois o que parece de entrada un plan nada apetecible para a protagonista, que vai facer o Camiño de Santiago cos seus pais durante quince días do verán, convértese nunha historia que non olvidará facilmente mentres viva, pois acaba falando á luz do ceo totalmente estrelado do Cebreiro cun rapaz que resultou morrera xa había un ano...

E o terceiro relato xa me pareceu un pouco engorroso, pois para contar unha historia de misterio adorna moito o relato con descricións das paisaxes, lugares e sentimentos persoais do protagonista, empeñado en descubrir por todos os xeitos o segredo que escondía un faro que había na vila onde vivira uns anos de adolescencia, marabillosos por outro lado porque alí coñece o amor, e tamén o desamor.