ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/06/14

Siddhartha


Comentario de Juan Ares Pérez


Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia




Comecei a ler o primeiro capítulo de Siddhartha e xa me adentrei nun mundo no que me atopaba perdido, e non tiña nin a máis mínima idea do que o libro me estaba contando.
Trátase dunha novela que ten unha evolución interior e aprendizaxe do fillo dun brahmán. A través do encontro con distintos personaxes como Govinda, Kamala ou Vasudeva ómonos encontrando co desenvolvemento persoal do protagonista e a súa busca dirixida á perfección e á paz interior. Deixa moito que pensar, porque ten razón en moitas das cousas que di, como o feito de que un busca algo e trata de encontralo de xeitos diferentes. Tamén di unha verdade moi certa: a sabedoría non é comunicable como o saber, porque a sabedoría dun non se pode compartir, en cambio o saber si.
Un libro moi recomendable e fácil de ler e entender (ao principio custa un pouco). 

Os Dous de Sempre



Comentario de Uxía Mosquera Castro

 
Os Dous de Sempre
Castalao
Galaxia


Pareceume un libro bastante interesante, pero non moi doado de ler, xa que está en galego antigo e ten as súas complicacións entendelo, pero ten unha ventaxa xa que os capítulos eran bastante curtos e isto facíao máis ameno. Este libro reflexa a vida de hai moitos anos, cando ter traballo para manter a unha familia era moi complicado e por iso moita xente emigraba cara a outros países, para así poder axudar a súa familia. Por outra parte no libro vese un gran contraste entre Pedro e Rañolas, que tiñan vidas moi diferentes, xa que a vida de Rañolas foi moi dura, tivo que emigrar de Galicia para ter unha mellor vida e Pedro tivo unha vida privilexiada dende que naceu ata que casou. 
Por último, quero recomendar este libro a todas as persoas, adolescentes e persoas de maior idade, xa que creo que lles vai recordar moito os tempos vividos na súa infancia.

Ás de bolboreta

Comentario de Belén Ansedes Cornado


Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais





Este libro gustoume por ter varias historias de persoas moi diferentes, e que todas acoden cada mañá á cafetería de Eusebio e Lola, aínda que agora a camareira sexa Patricia porque os donos son xa maiores.
Uns dos que van a esa cafetería son Manuel é seu avó, xa que a nai adoptiva deste rapaz africano morreu. Tamén a frecuenta unha muller que espera a chamada dos seus sobriños que intenta saltar o valado de Melilla. Un dos obxectos máis importantes do local é o ordenador, o cal revisan a diario Mohamed, un estranxeito que abriu un restaurante preto do bar de Patricia, e Iqbal, que lle escribe á súa familia.
O relato dános unha visión da sociedade actual; ensínanos que todos alcanzamos a vellez, que se pode convivir con xente doutra procedencia e a maneira de se integrar das persoas que veñen de fóra.
 

27/06/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de María Framiñán
 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 
 
 
Encantoume xa que á hora de lelo atopábame moi identificada. Un exemplo a destacar é que adolescente ou sen selo non navegou en internet para evadirse do mundo real xa que moita xente aférrase a redes sociais para  alonxarse da súa propia vida . Os temas que trata este libro son varios pero os que non se perciben a simple vista son os abusos que sofre no instituto ,os perigos que ten confiar en xente polas redes sociais que non coñeces...
O final non me convenceu moito, a verdade, aínda que aconsello moito este libro xa que te fai cavilar moito nos perigos da Internet. 

Orixe

Comentario de Ana Colmeiro Corral




 
Orixe
Séchu Sende
Galaxia








Ao comezar, Orixe recordoume un pouco ao libro de A. Fernández Paz "Aire Negro" no que tamén se trataba o tema dunha persoa á que a vida lle mudara repentinamente por causa dunha enfermidade. Porén, despois tomou un aire máis centrado na historia de amor nacido entre Mario e Laura no hospital e despois xa, na casa. Está tan ben explicada a enfermidade de Mario que ata se pode chegar a sentila un mesmo: as súas limitacións, a súa dor por non poder facer cousas que quere e finalmente a desesperación e conseguinte abandono do valor que o levaría á súa prematura morte.
Ao principio, non entendía moi ben tantas historias á vez, e despois deime conta de que só había dúas: a historia de Laura, Mario e a súa enfermidade, e a historia do Ditador. Unha historia que escribira Laura durante todo ese tempo e que fai crer que é real ata para o mesmo protagonista. Así mesmo, crin ata o final a historia do Ditador e penso que ese era exactamente o que pretendía o autor: facer crer nesa historia como unha paralela á principal pero que si existía de verdade.
A historia de amor de Laura e Mario pareceume moi bonita ao principio, pero moi baseada na rutina ao final. Laura era o motor da relación mentres que Mario se foi sumindo na soidade, cada vez máis e máis no seu interior.
Tiña outra expectativa deste libro mais a pesares diso gustoume bastante. É un libro que fai cavilar.