ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/02/14

Ela, maldita Alma

Comentario de Mariña Castro Fontao


Ela, maldita Alma
Manuel Rivas
Galaxia




"A alma habita o estómago e non o corazón. 
Debe ser pola amplitude e porque a alma é moi larpeira"

"A alma é un certo tipo de elemento quente,de forma esférica,
comparable a unha desas motas de po que se deixan ver gracias á luz das fendas."

Este libro de relatos, a pesar de que o lin rápido, non logrou conquistarme de todo.
Chegaba a un punto no que quedabas algo saturado polas metáforas e polos finais abertos e ambiguos.
Aínda que A traxectoria do balón, Charo A Rubia e o relato homónimo do libro, Ela,maldita alma, historias que van seguidas polo principio do libro son sinxelas e sorprendentes.
Aínda así, hai pequenos momentos que te obrigan a encariñarte cos personaxes. Ou polo menos, sentilos un pouco. 
Os diferentes matices que cobra o significado dela en cada historia, fanche preguntarte: Que é a alma en realidade?
Vese que este libro non foi escrito porque si, que quere transmitir e facer pensar no fermoso e bondadoso sentido da palabra ALMA.

22/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Julián Gómez Villamayor


 
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
 
 
Conta con dezaseis narracións dedicadas ao amor, cariño, melancolía, algunhas moi duras e con humor negro. A min gústanme máis os libros que contan unha soa historia ca este tipo. Cando empezo a collerlle o fío xa remata, teño que volver a empezar de novo con outra e pérdome lendo. Adoita acabar as narracións cun humor que ás veces non acabo de entender.
Un dos relatos que máis duro me pareceu foi "A lingua das mariposas", a boa relación que tiña Monchiño co mestre ata que descubriu que era anarquista. Cando o detiveron non podía conter a rabia
O capítulo máis gracioso para min foi o de "Conga, Conga" cando Pico o pallaso foi á festa de cumpreanos de Óscar e este encerrouno nunha especie de invernadoiro no que había un caimán.
As narracións desenvólvense en distintas épocas, algunhas actuais e outras remontan anos atrás.
Non é o tipo de libro que me gusta, porque non acabo de entendelo ben, aínda que recoñezo que é moi interesante.
 

Rapazas

Comentario de Aida Vilariño


Rapazas
Agustín Fernández Paz
Xerais






Para comezar farei un breve resumo do contido do libro.
Son seis breves historias que teñen todas como protagonista unha rapaza na fase da adolescencia. A primeira gustoume moito, recordoume a unha película que se estreou non hai moito. Fala dun extraterrestre que se instala no corpo dunha rapaza para investigar a forma de vida dos humanos, comeza criticándoa pero ao final acaba namorándose dela e queda a vivir no corpo da rapaza.
O segundo fala dunha pedra atopada na area dunha praia que supostamente dá sorte.
Non recordo moi ben a orde dos relatos pero sen dúbida un dos que máis me fixo cavilar foi o da historia de Ana, unha compañeira nova nunha clase na que predominaba o machismo e que pouco a pouco foi conseguindo que se tratara ás mulleres por igual.
Outro foi a historia dunha rapaza que se sentía orgullosa de súa avoa ata que se deu de conta de que tiña ideais racistas, aínda que isto non fixo cambiar o moito que quería a quería, sentiu unha gran tristura ao comprobar eses ideais.
A última historia fala sobre unha rapaza de oitavo curso que suspendera tres asignaturas e seus pais a mandaran todo o verán á vila donde se criara e onde vivían seus avós. Cando era pequena adoitaba xogar todo o día co seu amigo Pablo e no último verán que pasaran xuntos a relación de amizade fora trocando por unha relación máis alá de amigos. Pablo morrera había un ano afogado no río.
Durante ese verán Carme, que así se chamaba a rapaza, estivo visitando o lugar onde afogara o seu amigo e incluso soñaba todas as noites con el, comezaba a asustarse cando xunto coa súa avoa lle levou un ramo de rosas á tumba de Pablo. Quince días despois de levarlle as rosas, o pai de Carme veuna recoller para volver á cidade e cando Carme se dispoñía a recoller as súas cousas observou que enrriba da cama había dúas rosas das que deixaran no panteón.
En xeral as historias gustáronme moito, algunhas máis que outras, a que máis me gustou foi a primeira, o xeito no que o extraterrestre explicaba a vida dos humanos sorprendeume moito.
A outra que máis me gustou foi a da rapaza que intentou cambiar as inxustizas que vivía a muller no seu colexio e segue vivindo hoxe en día pero quizais non tan fortes.

21/02/14

Todo ben

Comentario de Diego Cangas



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 
 
 
Certamente, aínda non comprendín moi ben o argumento do libro, quizais se o propio autor explicara un pouco mellor a vida dos personaxes, e o propio argumento, sería un libro mais entretido. Certas cousas puxéronme nervioso de cara a este verán (debido á celebración do campionato mundial de seleccións) xa que en fragmentos da historia se fai mención do estadio de Maracaná, en Brasil, e fala bastante sobre o fútbol; teño que admitir que eu son fanático deste. Polo tanto o libro ten os seus pros e os seus contras. A dicir verdade non me gustou tanto coma Unha rosa é unha rosa.
 

Que me queres, Amor?

Comentario de Alba Iglesias


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
Ao comezar a lelo non me gustou moito porque non me enteraba moi ben de que trataba, resultábame aburrido e non me chaman moito a atención os libros que se contan en relatos diferentes pero a súa comprensión foi fácil. Houbo partes que si me gustaron como ‘’A lingua das bolboretas ‘’ ou  ‘’ A leiteira de Vermeer’’.
 A amizade que se crea entre un profesor e o seu alunmo, unha persoa que está namorada pero que non é capaz de dicirllo ao seu amor, pero principalmente neste libro reflíctese a  dor e a soidade, …  e estas son algúnha das cousas que non só pasaban hai anos, senón que agora tamén suceden e fanme reflexionar na sociedade na que vivimos  .
Para rematar, dicir que non foi un dos mellores libros que lin, pero ao final non me disgustou tanto como pensaba ao principio e ademais que me fixo pensar sobre cousas que moitas veces non nos damos conta delas. Recoméndollo ás persoas que lle guste saber máis da vida que levaban antes porque seguro que tamén se van parar a pensar nesas cousas .