ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/11/13

A evolución de Calpurnia Tate


Comentario de Lucía García Rodríguez


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
Este libro conta a historia de Calpurnia, unha rapaza á que lle apaixoan as ciencias. A súa nai quere que aprenda a bordar e a cociñar para facer dela unha señorita, pero Calpurnia non quere esa vida, quere ser científica.
Nesa época (1899) non era frecuente que unha muller tivese unha profesión así, pero a ela tanto lle ten o que digan.
Chamoume a atención como a protagonista con tan só 11 anos lle atrae o mundo que a rodea: o porqué das cousas.
O libro gustoume ao seu completo.

26/11/13

Todos somos

Comentario de Andrea Pérez Penela


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais




Gustoume moito porque ten moita intriga entre os personaxes. O libro trata da desaparción dunha rapaza chamada Natalia. Na nosa vida tamén me pode pasar o que lle pasou a rapaza polo cal demóstrame que hai que ter coidado. Os pais de Antón eran moi coidadosos co fillo e non o dexaban saír á rúa pola noite a tirar o lixo.
O final non me gustou moito porque non me aclarou ben as cousas pero despois o libro estivo moi ben.
 

Bágoa de Lúa

Comentario de Helena Pereiras Villamayor



Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia



En xeral, o argumento do libro pareceume interesante, pois cóntanos un pouco a vida das amazonas, unha vida ben  distinta á nosa.
Ao principio resultoume un pouco difícil debido á cantidade de nomes raros que hai, e aos saltos no tempo e cambios de historias.
Para o meu gusto, é un libro con moita intriga, pero tamén demasiado fantástico, xa que nos atopamos con sereas, elfos, centauros, meigos, magos, feitizos... 
Ao ter un final libre podes imaxinar ti o que vai pasar, cousa que non me acaba de convencer; ou esperar a que saia o segundo libro da triloxía.
Recoméndollo ás persoas que lles gusten os libros de fantasía e de aventuras.
 

25/11/13

Todos somos

Comentario de Julián Pereiro Rozas


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais






Para min este libro foi, por unha banda, moi confuso (sobre todo cara ao principio, con eses cambios de personaxe nos capítulos iniciais), e por outra moi fácil e rápido de ler, posto que me gusta ler os libros que tratan da realidade da sociedade actual, aínda que non sexa unha situación "agradable".
O primeiro problema, o dos capítulos, tampouco tivo grande transcendencia xa que ao final se xuntan as historias.
Para min, este libro foi unha maneira de "reflexionar" sobre a situacion social, os acosos, as folgas ...
Un tema que nin inflúe moito na lectura, pero si que destaco, e o tema das animacións, aínda que este libro non as teña, gustoume o mosaico da "cara" que se implementou na portada.
En resumo, gustoume bastante e resultoume entretido e fácil de ler, un libro que recomendo a todas as persoas as que lle gusten os libros deste xénero.

24/11/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Julián Gómez Villamayor


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka



Este si que foi un libro sinxelo de ler pero faltoume intriga. O único momento que me enganchou foi cando Harry botou a primeira moza, convidouna a ela e á súa familia a cear á súa casa. O avó de Harry díxolle á moza que o acompañase á biblioteca. Unha vez saíron, ela desculpouse dicindo que estaba indisposta e marchou coa súa familia. Días despois enviaron unhas cartas de agradecemento pola cea, pero non se volveu saber máis nada dela.
Eu esperaba que nos seguintes capítulos se explicase o que o avó lle dixera para que marchase daquela maneira, pero nada, esa parte quedou no ar.
Tamén non se sabe en que quedará o futuro de Calpurnia, se seus pais a deixarán seguir na ciencia ou terá que adicarse aos labores da casa.
Pareceume un libro con pouco gancho.