ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/10/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Andrea Pérez Penela

Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  




O libro "Bágoa de Lúa"ensínanos a ser máis tolerantes e a convivir coa xente. Unha convivencia marcada por individuos de distintos países que deben adaptarse a certos costumes.

Eu penso que este tema ten certa relevancia e ademais é algo relacionado coa vida real e actual

Dragal

Comentario de Mariña Castro Fontao


Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais




O simple feito de que este libro sea de xénero fantástico e de aventura resulta atraente.
Mestura a fantasía das misteriosas lendas de séculos atrás e os segredos da alquimia co día a día de Hadrián, o suposto "Gran Mestre da Orde do Dragal" que empeza a escoitar a voz do dragón,e se verá envolto irremediablemente nesta historia, tendo que superar moreas de obstáculos.
O misterio e as pescudas están presentes nestes dous mundos unidos por unha antiga crenza.
Por outra parte, contando con estes ingredientes e estas ideas, podería haber sido unha historia menos repetitiva e máis emocionante, xa que pode resultar algo pesado de ler. Algo que tampouco me convenceu é a relación dos dous protagonistas, Mónica e Hadrián, que cae no cliché: a rapaza intelixente e "chapona" do instituto que fai case todo o traballo no referente á investigación e o rapaz solitario e pouco popular que resulta ser extraordinario con habilidades que nin el mesmo sabía que tiña.
Recoméndollo a persoas "impacientes", que queiran ir directamente á acción, xa que se sabe moi pouco do que pensan ou senten os personaxes, centrándose nos feitos principalmente. 
Resumindo, non é dos meus libros favoritos pero non está mal.

28/10/13

Todos somos

Comentario de Mariña Castro Fontao


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais





A historia xira en torno dunha rapaza, Natalia, popular e bonita, que vive nunha urbanización acomodada, e de como afecta a súa misteriosa desaparición ás persoas da súa contorna.
A desesperación dos pais, a tristeza dun amigo de verdade, a indignación dos veciños, a loita dunha inspectora por atopala e o beneficio que a noticia lles provocará aos medios de comunicación.
Considero que o autor nos transmite moi ben os sentimentos dos personaxes, amosando recordos e pequenos detalles que fan que a un "lle chegue" a historia e que sinta unha profunda empatía cos personaxes.
Trátase, na miña opinión, dun relato dramático, xa que nos mostra unha realidade que non ten nada que ver coa ficción. Para ser un libro curto, cóntanos moito. Recomendaríallo a calquera persoa de calquera idade, porque nos reflicte a vida mesma, a crueza e o desamparo da perda inxusta de alguén querido, dunha infancia interrompida. Non sabería dar unha crítica mala deste libro, porque non trata temas banais nin ten só unha finalidade de entretemento, senón tamén de ensinanza.

27/10/13

Todos somos

Comentario de Helena Pereiras Villamayor


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais





Todos somos conta a historia dunha rapaza desaparecida nunha pequena cidade galega. Dende o meu punto de vista, é un libro moi interesante xa que narra os problemas da vida cotiá, cos que nos podemos atopar cando menos o esperamos. Cousas tan simples como unha desaparición, nun día e nun sitio calquera.
En canto ao final, gustaríame que se aclarase o tema da desaparición de Natalia, xa que non queda moi claro se se resolveu o caso ou non.
En xeral, o libro gustoume moito, porque unha vez que empezas a lelo non podes parar ata chegar ao final.
 

Todos somos

Comentario de Ana Cuíña Iglesias


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais




Todos Somos, conta a historia dunha rapaza de doce anos, desaparecida nunha pequena vila.
Unha historia como outras tantas que se escoitan a miúdo na televisión.
O que a min non me parece normal é que a xente da televisión, como Belén Soliño, se aproveite destas situacións para conseguir audiencia e ganar máis diñeiro, moitas veces ata manipulado a verdadeira historia do que acontece na realidade.
A pesar de todo, o libro gustoume, o único que me gustaría que acabase contando o que verdadeiramente lle aconteceu a rapaza.