ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/06/13

O rastro que deixamos

Comentario de Ángela Silva Varela

O rastro que deixamos
Agustín Fernández Paz
Xerais



Un libro moi interesante sobre as súas memorias dende que era cativo. O nome do libro é moi adecuado xa que a vida e como un rastro que deixaramos cada un de nós.

De ratos e homes

Comentario de Ánxela Llinares


De ratos e homes
John Steinbeck
Galaxia




Pareceume curioso o libro, a reflexión tan certa que fai que aínda que esteamos rodeados de moita xente a soidade pódenos perseguir igual, coma a Crooks co que se ve un illamento polo simple motivo de ser negro, xa bo é que no caso dos protagonistas téñense o un ó outro polo motivo de que se coñecen de toda a vida. Tamén nos ensina que aínda que sexa difícil de aceptar hai soños que non se cumpren pero isto non significa que non haxa que loitar por eles xa que no caso desta historia non podemos saber se se ían cumprir ou non xa que a tráxica historia final arruinou todos os plans que puideran ter.

Seda

Comentario de Ánxela Llinares


Seda
Alessandro Baricco
Rinoceronte




Impresiona a historia, dá a sensación de que Hérvé quere á súa muller aínda que coñecera a outra, pero o que sente pola acompañante de Hara Kei son outros sentimentos, non se falan, só se miran pero iso é suficiente para o protagonista para querer volver a vela, mentíndolle á súa muller a cal acaba morrendo e facendo sentir a Hérvé máis só que nunca, pero aínda así sabe que a vida que tivo non tivo ningunha emoción e que coa acompañante de Hara Kei sentiu cousas moi emocionantes de súpeto, pero todo acaba volvendo á monotonía. 

Hora Zulú

Comentario de Ana Sofia Neto Cunha


Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia

 
Hora zulú é un dos libros nos que tan pronto empezas a lelo non o queres soltar xamais.  Un libro que é mais que recomendable.
Deste libro quéedome coa historia entre Fran e Ana, xa que é incriblemente preciosa, pero, quedo tamén coa parte do final xa que nos desvela o porqué das cousas. Transporta o  protagonista a unha das épocas da sua vida, a infancia. Creo que é unha época á que nos gustaria volver, xa que vives doutra maneira, no que o unico que pensas é en ir xogar. 

As Aventuras de Arthur Gordon Pym

Comentario de Manuel Fernández Cuiña


As Aventuras de Arthur Gordon Pym
Edgar Allan Poe
Xerais




Pareceume un libro moi interesante. É unha historia intrigante na que non se sabe o que lle vai acontecer a continuación e que deixa un final moi aberto para que os lectores se imaxinen o seu propio final. Hai momentos do libro totalmente imprevisibles, coma cando comen a Parker porque non tiñan nada para comer. En definitiva, estivo bastante ben o libro e eu creo que ninguén se arrepentiría de telo lido.

O único que queda é o amor

Comentario de Patricia Fernández



O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz
Xerais



Realmente foi un libro que me gustou moito, aínda que me parecen os capítulos bastante tristes. Polo xeral, os libros relacionados co tema do amor gústanme sempre, e este non podía ser menos. Paréceme unha obra moi sinxela de ler e entender. O capítulo que máis me gustou foi o primeiro, como Sara chega ao seu amado mediante esas notas. E o que menos me gustou foi 'Amor de agosto' pois pareceume moi triste. Como xa dixen, o libro trata sobre o amor, dende aquel amor adolescente ata o que vai despois da morte. Sen dúbida recomendaríao a calquera persoa e eu mesma volveríao ler unha e outra vez máis