ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/05/13

O país adormentado

Comentario de Aida Vilariño




O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais







A verdade é que este libro abreume un pouco os ollos xa que tanto el como o autor, Xabier DoCampo na súa visita ao Instituto, intentaron darnos a entender que todos temos medo, un medo que nos meteron no corpo, é algo inconsciente, ata agora non me decataba pero como dixo Xabier, vivimos nun país que ten medo e non fai nada para deixar de telo.
Unha das frases que máis me gostaron da súa visita e da explicación do libro foi a que lle deu ao meu compañeiro Alberto sobre o Dragón, parécenos algo incrible cando aparece o Dragón no libro pero estamos rodeados de cousas que tamén o son e pola contra as cremos, como  a historia relixiosa de Adán e Eva e a árbore da froita prohibida, a frase é a seguinte:
“O ser humano o que quere e o que necesita é saber e coñecer”
Volvendo ao libro gustoume bastante, lino nunha tarde, á parte que máis interesante me pareceu foi cando a xente para non  morrer durmía, xa que tiñan o privilexio de que mentres durmían non morrían e entón pasábanse a vida durmindo para non morrer, pero mentres dormen non gozan da vida e polo tanto é coma se estivesen mortos, porque a vida está para disfrutala sen medos, vivimos esperando a que o mundo cambie por sí só, pero nada cambiará se non facemos nada e esta é a menxase, (penso) que quere transmitir o libro.
 O meu lema é “Carpe Diem” pero sempre pensando no mañá.

25/05/13

As sete mortes

Comentario de Flor Agión

 

As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia 





De todos os libros que levo lido, este sen dúbida é un dos que máis me gustou. É un relato ambientado en Galicia, relacionado coas orixes de Breogán e onde o misterio e o suspense están reflectidos desde principio a fin; escrito nunha linguaxe sinxela, transcorre por varios lugares de Galicia, que ao ser coñecidos e familiares, fai que un se involucre aínda máis na historia.

24/05/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán



 Comentario de

Tamara Pereiras Villamayor



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K



Este libro pareceume sumamente triste. Ao principio, pareceume un pouco frío, pero a medida que fun coñecendo a Momo deime conta de que o simple feito de que sorrise, xa era un gran esforzo pola súa parte. Desde logo que non tivo a vida que lle gustaría ter, deume moita pena, especialmente nun momento no que precisa ligar con urxencia para saber que se pode chegar a querelo.
O señor Ibrahim, convértese no pai que a Momo sempre lle houbese gustado ter, co que aprende que a vida non sempre  é un camiño de rosas, pero que  lle hai que mirar o lado positivo, e sorrir, sorrir moito, porque, ás veces, a felicidade comeza por iso, un simple sorriso.
O final do libro foi quizais a parte máis triste de todas. Despois da marabillosa viaxe por Europa co seu novo pai, na que aprendeu tantas cousas da vida, foi moi duro para Momo que o señor Ibraim marchase ao “mar único”. Aínda que o libro remate cun “viviron felices e comeron perdices”, é unha felicidade que chega despois de moito tempo de sufrimento e malos tragos, de aprender a base de golpes; pero malia a iso, o libro está moi ben, o que máis me gustou del foi a tolerancia das distintas culturas, que cada unha aporta cousas moi importantes.

23/05/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Lucía Silva



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K

Este é un libro curto, pero cheo de significado. Gustoume a pesar de que ao principio non comprendía ben o argumento, pero a medida que ía lendo funme dando conta de que trata a integración racial e o abandono que se sente Moisés co desprezo de seu pai e o abandono da súa nai cando era pequeno.
Chocoume bastante o tema da rúa do Paraíso xa que el aínda é un neno cando vai por primeira vez. A historia está ambientada nos anos 60 na cidade francesa de París nun barrio con mestura de culturas, como a árabe ou a xudía.
O señor Ibrahim convértese nun pai para Moisés, ou Momo como adoitaba chamarlle. Ensináballe leccións vitais e dáballe consellos prácticos para afrontar a vida.
Ao final Moisés reencóntrase con súa nai pero ela non sabe que el é o seu fillo. O pai de Momo abandónao deixándolle unha nota e pouco despois recibe a mala nova de que se suicidou nas vías do tren.

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Ana Brandariz Quinteiro



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K






Hai cousas que che chegan ao corazón, e para min esta foi unha delas, só por ver as cousas que lle ocorren a Moisés ou Momo (como o señor Ibrahim o chamaba).
O libro gustoume moito, e recomendaríalloa  calquera, xa que se le pronto, fácil e é bonito.
Nada máis empezar a lelo empezoume a gustar. Penso que a ninguén lle gustaría ter unha vida así, pero por desgraza hainas, pero o bo é que esta historia acaba con Momo feliz.