ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/04/13

O neno do pixama a raias

Comentario de Andrés Salgueiro




O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K

O libro é alegre nalgunhas partes e noutras moi triste. Esta partes non me gustaron moito, pero é un libro entretido.

04/04/13

Héleris


Comentario de
Sonia Framiñán Gozález

Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior 





      O libro gustoume bastante, máis ou menos vai contando a vida vista desde dous puntos distintos, os sentimentoos que provoca e as reaccións dos dous ao coñecerse.
     Non sabería dicir certo se o autor quere dar a coñecer as diferenzas e coincidencias dos dous sexos, pero a min faime entender iso.
     Gústanme especialmente as palabras que usa e a forma en que as expresa o autor para dar a coñecer a súa idea.

03/04/13

Héleris


Comentario de  Laura Presas Mato

Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior 




O libro trata a historia de dúas persoas Héleris e Paris. Conta a historia de Héleris dende que era nena e quería ser princesa, o final o seu soño non se convertiu en realidade, e tivo que traballar para gañar cartos. Paris é un home coma outro que ten que traballar para manter a súa familia.
É un libro moi interesante xa que os seus poemas non teñen ningunha dificultade na lectura, tal como teño dito a poesía non é que me guste moito pero este libro a verdade pareceume moi bo, tendo poemas sinxelos e curtos de varios temas, un deles o amor. 

Far-West


Comentario de Laura Presas Mato


Far - West
Carlos Negro
Xerais






Un libro que trata a desigualdade social. Que na actualidade ese é un tema moi común, xa que para moita xente non todos somos iguais e temos as nosas diferenzas. É un libro fácil de comprender, cando menos para min non tivo problema. Gustoume que trate estes temas porque están moi relacionados co presente.