ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/03/13

Non hai noite tan longa

Comentario de Rebeca Broemser
 

Non hai noite tan longa

Agustín Fernández Paz
Xerais


Sinceramente o libro pareceume aburrido, non me interesou nada e lino só por un motivo: non me gusta deixar un libro empezado.
A actitude do protagonista de deixar todo atrás incluído os seus seres queridos ppor unha falsa acusación do pasado paréceme do peor. O mero feito de que non asistise ao enterro do seu pai e a súa avoa, estivese como estivese a situación, resultoume reprochable.
Sábese de sobra que nesa época houbo moitas inxustizas e vir da realidade, do que forma parte de nós, é indignante; máis polo abandono da súa familia a mecer do que estaban a sufir por parte de todos e cada un dos cidadáns do pobo, que por outra cousa.
En definitiva, ler este libro fíxome ver ao autor doutra maneira xa que era o meu escritor favorito da literatura galega e agora perdín totalmente o interese pola súa obra.

27/03/13

Noite de voraces sombras

Comentario de Rebeca Broemser


Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais


Non teño moito que dicir sobre este libro posto que esperaba máis del do que atopei.
É bo, encántame Agustín Fernández Paz polo que ao ser seu este libro xa me ía gustar. Ata agora as novelas que lera del foran de misterio cunha alta dose de intriga e un final moi aberto, atoparme con Noite de voraces sombras resultoume estraño; non é que non me agradara exactamente, simplemente agardaba máis desta historia.
Provocoume diferentes sentimentos, en principio sentín ganas de continuar lendo, despois, a pesar de chegar a trama da historia, non sentín aprecio ningún aínda que tampouco me disgustou; soamente como levo dicindo ao longo deste comentario, cría que me ía atopar con outro tipo de relato e unha expresión diferente por parte do autor.

26/03/13

As luces de setembro

Comentario de Ana Colmeiro


As luces de setembro
Carlos Ruiz Zafón
Rodeira Edebé

Ao empezar xa coa morte de Arman Souvelle, comeza forte o libro e iso gústame.
É un libro que pode dar medo incluso nos momentos nos que a sombra persegue a Dorian, Irene e Ismael. A min non me dou xa que son pouco impresionable e xa lin libros coma este, pero admito que este libro dá máis acción e medo que por exemplo La leyenda del segundo féretro que lin hai uns anos.
Ao acabalo de ler sigo sen saber cantos anos ten Dorian xa que ao comezo do libro dicía que era o fillo máis novo dos Sauvelle e que Irene tiña 15 anos pero logo dicía que quería ser cartógrafo e que se ía vivir a outra casa e non me cadra que un rapaz de menos de 15 anos vaia vivir só.
Polo demais o libro é xenial. Vívense moitos momentos de tensión e iso a min encántame.

25/03/13

Proxecto Pomba Dourada

Comentario de Ana Colmeiro


Proxecto Pomba Dourada
Miguel Vázquez Freire
Xerais


Este libro pareceume un pouco raro xa que moitas das cousas eran inventadas, como as borrallas, pero gustoume ao acabar de lelo. Era como se vivisen nun mundo futuro.
Un libro pequeno, para o meu gusto, xa que me gustan máis os longos e con máis acción, pero este pasóuseme moi rápido todo: morreron os pais, o comiño ata a "casa" dos borralla, a loita e a victoria.
A verdade non sería un libro dos que me encantaron ou nos que pensara ao recomendarlle sobre lectura a alguén.

24/03/13

Cartas de inverno

Comentario de Ana Castro

Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais




Cartas de inverno é un libro que combina a emoción de coñecer algo por primeira vez e o medo que esta pode chegar a provocar en ti. Porque o que Adrian non sabía, era que cando reformou toda a casa encontraríase cunha serie de misterios, os cales nos envolven nunha
sesión continua de terror.

Porque, que segredos poderá agocharnos unha casa? Pois esa resposta atoparémola neste libro xa que ten tanta emoción que todo parece real.

Persoalmente, eu recomendo este libro xa que é moi interesante e apto para todos os
públicos. Un público que sentirá como cada palabra que está a ler traspasa fronteiras
provocando en nós algo inexplicable.

23/03/13

As laranxas de Alí Babá

Comentario de Ana Colmeiro

As laranxas de alí babá
Carlos Negro



É moi curioso, todos os poemas que tratas de laranxas reunidos nun libro que, como non, tamén leva laranxas no título. Gustáronme as historias que contan eses poemas e como están escritos de maneira diferente cada unha delas.

22/03/13

A neta do señor Linh

Comentario de Ana Castro



A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte



Como todos ben sabemos o que é a morriña poderiamos dicir que aquí refléxase moi ben xa que todo comeza cando o señor Lihn ten que marchar do seu país. Este ancián decide abandonar a súa terra por medo da guerra.

Unha guerra pode xuntar a aquelas persoas que menos imaxinamos xa que, aquí, amósase a capacidade de entenderse mediante distintas linguas. Unhas linguas moi diferentes entre si pero que fan que o importante sexa saber comprender a aquelas persoas que máis
o necesitan. Porque iso é o que fai que cada persoa sexa un mundo e cada mundo sexa
especial.

Persoalmente, este libro gustoume moito xa que non é nada fácil o sentimento de ter
que abandoar unha terra que sufriu cos teus recordos e emocionouse cos teus sorrisos.
Ademais, o importante desta pequena novela é saber coñecerse a un mesmo e saber
relacionarse cos demais.
 

21/03/13

O neno do pixama a raias

Comentario de Mario Salgueiro



O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K



É un libro que fala da realidade na época nacista como os retiñan nun campo de concentración e como os mataban.Trata dun neno aleman fillo dun xeneral encargado dun campo de concentración e outro neno xudeu retido nese mesmo campo.O fillo do xeneral faise amigo ás agochadas deste neno xudeu.A parte que mais me emocionou foi cando o fillo do xeneral se cola dentro do campo de concentración para axudar ó neno xudeu a atopar ó seu pai ,entón  métense nunha cola de xudeus onde os levavan á camara de gas.é un libro aparte de realista e igualadora de razas.

20/03/13

Poetízate

Comentario de Tamara Pereiras



Poetízate
Fran Alonso
Xerais





Antes de ler este libro, para min, o concepto de poesía era sinónimo de aburrimento, pero cando comecei a lelo, decateime de que a poesía é algo realmente marabilloso.

Gustoume moito o prólogo de Fran Alonso antes de comezar a lectura, pareceume unha maneira moi amena de achegarse ao lector.

En canto ao contido do libro, gustoume moito a selección de poemas do autor, en especial gustáronme os poemas de autores máis contemporáneos, pero os poemas seleccionados dos “grandes” da poesía galega tampouco están nada mal.

Non sería quen de quedarme cun só poema, xa que todos me pareceron xeniais, pero o que máis me chamou a atención, foi o de “Autopsia” de Carlos Negro, xa que con tan poucas palabras expresa unha das desgrazas máis comúns na adolescencia.

Gustaríame rematar dicindo, como ben dixo Fran Alonso, que a poesía non morde, e que é un
xénero moi entretido e que transmite moito.