ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/01/13

O único que queda é o amor


Comentario de Andrea Meijomín



O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz
Xerais




Escollín este libro nada máis velo na lista polo seu autor, Agustín Fernández Paz. Xa lera catro libros del e todos me encantaran, e este non foi menos.
Adoito preferir os libros cunha soa historia, non con varias independentes, pero este gustoume a pesar diso, e todas as historias me engancharon. Todas teñen en común o amor, pero non o típico amor perfecto dos libros, senón un amor que non sae ben por diferentes motivos.
Recoméndollo a calquera, este e todos os del.

25/01/13

Titoán

Comentario de Andrea Meijomín




Titoán
Inacio
Demo editorial



O libro non me gustou nin me disgustou, pero debido a que non me atraen moito os cómics. Deixando iso a un lado é entretido e lese rápido, non é un libro que se faga pesado e díficil de ler e ten detalles graciosos, a verdade.
Está ben para quen lle guste este tipo de libros
.

24/01/13

A neta do señor Linh

Comentario de Tamara Pereiras Villamayor


A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte



Este libro pareceume inmensamente triste, pero á vez tan tan fermoso, que cando o rematei lino de novo.
Gustoume especialmente que a historia fose entre neta e avó, porque as historias que coñezo  desta temática son entre dous namorados, entre pais e fillos, etc., pero esta pareceume tan sinxela e tan conmovedora que.. quen me dera ter un avó coma o señor Linh.

23/01/13

O diario vermello de Carlota

Comentario de Yolanda López


Diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia





Encantoume este libro. É un libro entretido que te engancha xa no principio, é moi fácil de ler. A historia desta chica é a vida diaria de calquera adolescente que experimenta a sexualidade da que todos tivemos as nosas preguntas.
O primeiro día que o comecei a ler pensaba que non me ía enganchar xa que era moi longo pero con só ler un pouco xa me enganchou tanto que o lin ata o capítulo 16 e o segundo día lino ata o final, non podía deixar de ler.
Recoméndollelo a todos .

22/01/13

Titoán


Comentario de Andrés Seoane

Titoán
Inacio
Demo editorial




Titoán é un dous libros que antes acabei de ler, (pola sinxeleza e tamén polo curto que é) pero pola contra foi tamén un dous libros que máis me gustou.
Mentres o lin non se me fixo pesado en ningún momento e ademáis as imaxes eran moi interesantes.
Quedeime con ganas de ler e coñecer máis sobre a vida de Castelao, que neste libro descubrín dunha forma
máis divertida.
Recoméndollo a xente que lle custa bastante a lectura porque é moi facil e moi divertido.
 

21/01/13

Makinaria

Comentario de Martina Domínguez


Makinaria
Carlos Negro
Xerais




A min o libro, como á maioría de compañeiros, gustoume moito. Cando o comecei a ler pensei que ía ser un rollo porque a poesía non me gusta demasiado. Pero despois pareceume moi entretido porque é un libro que realmente conta feitos que a día de hoxe pasan habitualmente. 
O que penso que estaría ben sería facer "Makinaria 2" para os perigos da estrada nas persoas de máis idade, xa que normalmente os maiores tamén adoitan pensar que eles controlan e que como levan máis anos conducindo poden ir máis rápido ou beber máis da conta e conducir.
O que máis me gustou deste libro é que me fixo pensar como me sentiría se algún amigo/a meu morrese a causa de ser irresponsable na estrada e como se sentirían os seus familiares.
En fin, que "Makinaria" é un libro que animo a ler porque ademais de ameno é fácil de entender e real.