Comentario de Ana Castro

Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Balnco
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
18/12/12
Cochos
Tras rematar de ler
este libro teño que dicir que foi un tanto estraño para min xa que a estrutura que
plantexa é diferente á dos libros que lemos anteriormente. Ademais podíase apreciar que en
pequenos anacos, a historia estaba contada noutros idiomas como por exemplo o
castelán e o alemán.
Porén, intenta
explicar os feitos dende diversos puntos de vista, é dicir, que sempre lle vai engadindo
a aparición dunha serie de personaxes que pouco a pouco aportan novos datos ou
incluso crean novas intrigas.
Persoalmente, este libro
non é dos que mais me gustou pero creo que ten moito mérito ser capaz de crear un
libro así de complexo xa que ao principio atópaste como perdida, pero a medida que segues
lendo todo trascorre con máis rapidez e facilidade da que te poidas imaxinar.
Atoparalo en Emigración, Teatro, Vidal Bolaño
A esmorga
Comentario de Ana Catro
A esmorga
Vicente Risco
Galaxia
Este
libro tívome en vilo ata o último momento. Todo comeza cando os tres esmorgantes
deciden ir un día de festa. Un día para moitos moi longo pero para eles curto xa que
fan unha gran cantidade de cousas.
A acción non decae en
ningún momento da historia e os personaxes están en continuo movemento polos distintos
escenarios da novela. Unha novela que ten fins didácticos e que para min é un dos
libros que máis me gustou, un deses, que a pesar de que o leas cen veces sempre che fará
a mesma ilusión como aquel día no que sentiches que todas aquelas palabras formaban
unha perfecta historia.
Eu recoméndolle este
libro a todas aquelas persoas que aínda non sabían da súa existencia porque, a
pesar de ser un clásico, ten matices que fan que semelle actual.
Cochos
Comentario de Esperanza Rodríguez Caramés
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Balnco
Certamente este é o libro máis peculiar que lin, e
non pola demanda que fai nin o tema principal, senón polas circunstancias do
protagonista e a situación que se dá.
Miña parte preferida?, pois cando Sebas lles conta
que non entregaba a porca porque ela mesma lle dixera que non quería morrer en
Alemaña, senón que prefería ser degollada. Gústame esta parte pois porque, nese
momento, imaxineime a situación e non puiden evitar rirme ao ver na miña cabeza
á porca gruñindo no momento oportuno e as caras do cónsul e o seu compañeiro
ante esta situación. O protagonista pareceume, non sei, un bo tipo cunha
opinión que defender. Iso si, estaba un tanto tolo pero supoño que sería por mor
do tempo sen durmir. A parte final gustoume pois non deu o brazo a torcer e ese
acto de valentía e rebeldía pareceume un bo final! E ademais outra cousa que me
gustou do libro, é que retrataba tal cal a maneira de falar das personaxes sen
censuras.
Este libro fixo que no prólogo do principio me
perdera e en fin non entendía nada. Porén ao lelo mais adiante e xa cando o
comprendín, provocoume moitos momentos de risa. A min gustoume e pasei un bo
rato lendo!
Atoparalo en Emigración, Teatro, Vidal Bolaño
Cochos
Comentario de María Rey Villar
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Balnco
En realidade non entendín moito, só vin o sufrimento daqueles que emigran
buscando unha vida mellor para a súa familia, e encóntranse que a vida é mais
dura se cabe e a fustración que iso conleva.
Non entendín moi ben se o da Porca é unha metáfora ou simplemente quería
dicir o que se entende a simple vista, pero sexa como sexa, apréciase a teima
de 'antes morto que vencido'.
Non podo dicir se me gustou ou non, xa que non sei a interpretación que lle
debería de haber dado, pero creo que nos intenta amosar unha historia chea de
emocións que espero poder chegar a captar ao relelo.
Atoparalo en Emigración, Teatro, Vidal Bolaño
O diario vermello de Flanagan
Comentario de Javier Barreiro Rey
O diario vermello de Flanagan
Andreu Martin
Galaxia
O diario vermello de Flanagan é un libro moi interesante para todos os
adolescentes en xeral, porque narra a vida sexual
dun rapaz de dezasete anos, máis ou menos.
Parécenos que sabemos moito sobre os temas sexuais, pero con este libro
daste de conta de que non é así, que aínda temos moito que aprender.
Se o ledes, espero que vos guste.
Atoparalo en Adolescencia, Diario, Galaxia, Sexualidade, Tradución
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)