ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/11/12

Unha estrela no vento

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Un libro cheo de bos momentos e auténticas traxedias, pero sobre todo de pura maxinación. O sufrimento, a discriminación, son dous factores que a min non me gustan, pero lendo o libro xa non me desagradaron tanto. Pode que a raza de Reina e a discapacidade de Abel fixeran dar un xiro importante na vida de Miguel, pero mentres me mergullaba no sen fin de letras, saíron do libro e tamén chegaron a min. Cada páxina que pasaba era unha bágoa, ata que cheguei a páxina da terrible morte de Abel, onde se incrementaron. 
Ogallá non fose un final tan tráxico, porque non me gustan, pero polo resto...
Ledicia, tes unha estrela na imaxinación, segue escribindo así e terás un gran fan.

Unha estrela no vento

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Un libro que fai reflexionar sobre moitas cousas, entre elas, o mcahismo, tan estendido na sociedade actual. Gustoume moito, aínda que ten un final moi triste.
Se tivese que elixir con que parte me quedaría, escollería cnado Reina e Miguel están sentados nun banco da rúa, abrazados e namorados.
Un momento que me impactou foi cando o pai Miguel apareceu na súa casa coa amante, non estivo ben.
Creo que sobraba a parte na que xogan ao billar, non ten moita importancia, podíase cambiar por outra cousa.
O mellor de todo, sen dúbida ningunha, foi o final, tan triste como a soidade. Cando estaba lendo, co libro suxeitado polas miñas mans, e chegou o momento en que tiran a Abel é coma un puñal se me cravase no peito. Sinto unha bágoa derramándose pola miña meixela.


25/11/12

Dragal


Comentario de Alba Camanzo Feros

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais




A min, sinceramente, o libro non me disgustou, aínda que tampouco foi dos que máis me emocionase.
Ao principio o libro non me convenceu moito porque a min os libros de fantasía non me gustan pero decidín non cambialo e lelo antes de terminar por cambialo, cando xa ía pola metade do libro e empezoume a enganchar a historia e unha vez que me enganchei por completo xa non daba deixado de lelo ata que o terminei. 
Non me gustou como terminou a historia pero gustaríame ler a segunda parte de Dragal para ver que lle sucede a Hadrián.
 

Dragal


Comentario de Andrés Cangas Sánchez

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais





Dragal, a herdanza do dragón  de Elena Gallego Abad conta as aventuras dun rapaz chamado Hadrián que despois conta coa axuda de Mónica, unha rapaza que é moi aplicada nos estudos.
     A min, persoalmente, nin me gustou nin me deixou de gustar porque na introdución non me enterei ben que pasaba e porque ten pasaxes aburridas, aínda que tamén é moi interesante polas expedicións ás catacumbas, isto dálle ao libro certo toque de misterio, e isto gústame. Por outra parte o final do libro é moi aberto, o que aínda ofrece máis misterio. O libro tamén me pareceu sorprendente e raro, nunca pensei que Hadrián se convertería en dragón. Tamén me gustou porque me deixou coa curiosidade de que pasou ao final con Mónica, polo que ocorría no libro supuxen que estaba namorados e gustaríame saber como acabarán. En resumo, o libro gustoume e desgustoume, ten cousas interesantes e aburridas. Non foi o mellor libro que lin pero tampouco o peor.
     Tamén non se sabe que pasou ao final, que fixo a policía coa denuncia de Don Xurxo, non se sabe quen foi o culpable, pero para saber iso será necesario comprar a segunda entrega da saga que eu non lerei porque penso que non é un libro que valla a pena lelo e perder o tempo. Espero que o seguinte libro sexa algo máis entretido e que o final non deixe tantas cousas sen aclarar.
     Volvo destacar que o que máis me gustou foi cando foron de aventura polas catacumbas e mais concretamente cando os seguiu o acosador e os morcegos lle tiraron o facho e se quedara ás escuras a causa do berro de Mónica, esa parte fíxome moita graza.
     Este libro recoméndollo aos que lles gusten os dragóns cun toque de misterio senón non creo que lle guste a ninguén.

24/11/12

Dragal


Comentario de Alba Iglesias López

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais



Dragal é un libro que me interesou xa que tiña partes de misterio, pero tamén de tristeza.

Ó principio contaba a vida do rapaz e non sabía o que pasaría despois. Facíase máis interesante cando a súa nai lle entregou un medallón de seu pai e que a partir de aí Hadrián e Mónica,
unha rapaza da súa clase, resolven cousas que pasaron no pasado e cada día que o lía enganchábame máis. A min, persoalmente , a parte que máis me interesou foi cando os dous rapaces entran na Igrexa de San Pedro e van polo túnel para encontrar respostas a moitas preguntas.

Gústanme libros como este, pero ó final quédanme algunhas dúbidas e apetéceme ler o
seguinte para aclaralas e pasar a tarde imaxinando o que lle pasará ós protagonistas. 
Grazas a
autores e autoras podemos desfrutar e divertirnos con historias sorprendentes como Dragal.
 

Dragal


Comentario de Andrea Fernández Ramos

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais





"Dragal" é un libro moi interesante, cando comezas a ler un capítulo xa non podes parar. Encantoume o libro porque ten misterio, amor, amizade, enganos e mentiras... É un pouco fantástico polo tema dos dragóns.
O final decepcionoume un pouco; dende que Mónica apareceu na vida de Hadrián pensei que ían ser mozos, e cando se bicaron xa o pensei seguro. Pero cando non pasou nada entre eles despois de sair das catacumbas xa non sabía que pensar.
O que máis me sorprendeu foi que ao final Hadrián se convertese en Dragal, aínda que me sorprendeu tamén me decepcionou. Quedei coa intriga de saber que pasará no próximo libro.

23/11/12

O corazón de Xúpiter

Comentario de Andrea Meijomín 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais

O libro gustoume.
Sentinme identificada varias varias veces, por exemplo coa amizade de Mar e Isla, xa que eu tamén teño a alguén así, ou cando Isla usa as redes sociais para evadirse do mundo e de todos os problemas, creo que a maioría dos adolescentes o facemos. 
O final non é que me encantara, pero tamén está ben que haxa libros con finais así, máis realistas, por dicilo de algún xeito, non todo acaba sempre ben e con finais felices.