ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/02/12

Canto de Nadal


Comentario de Ana Ferreira

Canto de Nadal
Charles Dickens
Kalandraka

Gústame moito. É un libro que ensina que temos que aproveitar os momentos, axudar ás persoas que o necesitan e gozar da vida, sendo felices coa xente que nos quere.

14/02/12

Canto de Nadal


Comentario de Martín Arosa Sineiro


Canto de Nadal
Charles Dickens
Kalandraka



É un libro marabilloso no que cada folla transmite emocións, aínda que na metade custoume lelo porque non me gustou a parte das familias que ceaban por Nadal.
Narra as incribles historias do señor Scrooge, sobre o cambio dunha vida de antipático e egoísta, malo, que o leva ata unha morte en soidade absoluta. Pero os espíritos do nadal logran levalo pola súa vida para que sexa amable e lle cambie o carácter e mesmo o espírito.

10/02/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Tania López Varela

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Este libro gustoume moito porque é de aventuras. Relata como un neno pequeno se mergulla no reto das aventuras e nun proxecto de fantasía.
O profesor Hoffman é arqueólogo, historiador lingüístico e sobre todo explorador de mundos ocultos e estraños, que serve de guía ao seu sobriño Peter.
Gustoume porque trata de moitas cousas, cada capítulo é mellor e diferente. Un libro para todas as idades.

09/02/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Almudena Otero

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Gústame este libro por distintas razóns, entre elas porque fala e conta cousas mitolóxicas moi interesantes que fan que empeces a lelo e non pares.
Cando o vin non me gustou pola cantidade de páxinas que ten, pero logo ao lelo deime conta de que o exterior non ten nada que ver con interior desta xoia de libro.
O meu personaxe preferido é Rivka, porque se me parece a unha amiga, que se comporta como un felino.
O tío compórtase moi ben co neno e iso tamén me gusta, aínda que o neno pensaba que se ía aburrir moito nesa casa, pero despois non se quería ir.

08/02/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Lucía González Bouzas

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Este libro gustoume moito porque está relacionado cun mundo estraño, complexo e no que a maxia xoga un papel importante. Recordoume a moitos outros libros que lin, pero neste relacionan lendas e mitos de moi diferentes culturas co único fin do destino da humanidade.
O que máis me gustou do libro foi o personaxe de Rivka, porque a pesar de ser enganada e utilizada logrou encontrar o bo camiño e ir vivir a un lugar no que se encontrara a gusto xunto coa súa nai. O que menos me gustou fooi a despreocupación dos pais de Peter polo seu fillo e a súa felicidade.

02/02/12

Fantasmas de luz


Comentario de Cristina Núñez Sanmartín


Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais


É un libro que non engancha ata que o rematas, pero gustoume, aínda que eu contaría algo máis da historia. O que non me gustou é que o home comparara todo coas películas, aínda que traballe nun cine, a vida real non é un filme.
Produciume moitas sensacións. Cando se poñía a falar das películas pensaba que o home era un pesado, cando falaba coa súa dona do mal que lle ía o matrimonio dábame moita mágoa e case se me saltaban as bágoas, cando ían roubar por aí tiña moito desacougo por se os pillaban e cando o home descubriu que había máis xente setín alegría de non sabelo só.

01/02/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Andrea Mijares

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco



A min este libro gustoume moito, é moi entretido. Cada vez que ía avanzando na lectura gustábame máis.
Gustoume a parte do libro do principio, cando o neno chega a casa do seu tío Basilius e cando atoparon a máscara da deusa gato, e final do libro.
Gustaríame moito ler libros así habitualmente.

24/01/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Roberto Pérez Canabal

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco

Este libro encantoume, aínda que ao principio non o lin con moitas ganas acabou sendo moi interesante, cun moi bo argumento, emocións e terror.
Reflicte as aventuras dun explorador, os misterios, os tesouros, as investigacións, as historias... Cousas emocionantes que non adoitan pasarlle a ninguén, claro que... mellor así! Se me chegan a pasar a min... en fin, prefiro ler estas aventuras que vivilas, iso seguro.

20/01/12

O mundo secreto de Basilius Hoffmann

Comentario de Ernesto Fragual Corbal

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Cando vin o libro, impresioneime e pensei que non ía ser quen de lelo: cantas páxinas!!!
O libro gustoume moito porque nos leva a todos os lugares do mundo, dende o deserto de Exipto á Cidade dos Tellados...
O libro é fabuloso e gustoume moito.

19/01/12

O mundo secreto de Basilius Hoffmann

Comentario de Andrea Raíndo Míguez


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Cando tiven por primeira vez este libro nas miñas mans, pensei que non ía ser capaz de lelo, pero unha vez empecei estaba desexando acabar un capítulo para empezar o seguinte.
É un libro que nos fai viaxar a lugares do mundo, algúns reais como o deserto de Exipto e outros imaxinarios como a Cidade dos Tellados. Os personaxes principais son Peter e o seu tío Basilius, un rico e importante científico pero con sona de estar algo tolo. Van vivindo un montón de aventuras rodeados de misteriosas irmandades, animais imaxinarios e deuses do antigo Exipto.
Con todo isto, vaise desenvolvendo unha trama na que hai amizade, ambición, arrepentimento e os desexos de loitar por un mundo mellor.