ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/01/11

Menú de enganos


Comentario de Bruno Rivas Fernández

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia

Gustoume moito este libro. A primeira vez que o abrín chamoume moito a atención, xa que hai algúns capítulos que só teñen unha liña ou dúas e preguntábame como era posible que un libro estivese escrito dese xeito tan peculiar.
Agora centrándome no que conta, teño que dicir que hai algúns capítulos que din moito con moi poucas palabras. É un libro fácil de ler, xa que ao se capítulos tan curtos anímaste a ler o seguinte.

27/01/11

Menú de enganos

Comentario de Julio Alberto Barros

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia

Este libro é moi emotivo, está moi ben e é gracioso e entretido.
Gustoume sobre todo o capítulo do "Inhalador", son a maior parte pequenos e entretidos.

26/01/11

Ollos de auga

Xa temos falado deste libro. Agora topamos este vídeo:

20/01/11

Menú de enganos

Comentario de Sarai López Espiña

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia

Para min é un libro moi orixinal xa que se trata dun menú de verdade, posto que non só ten os mesmos pratos senón tamén no tempo no que discorre a acción e isto é algo moi interesante. Ao principio era algo estraño porque cada historia tiña un tema diferente.
Gustoume moito

19/01/11

Menú de enganos


Comentario de Carmen Campos García

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


Este libro pareceume moi interesante xa que a forma de levar un libro coma se fose un menú faino máis entretido e máis sinxelo de ler.
As historias que máis me gustaron foron as dos primeiros e segundos xa que contaban todo con maior detalle.
Recomendaríallo a moita xente xa que é un libro sinxelo e entretido. O que máis me impresionou foi que todos os textos comezan dun xeito pero ao final dan un cambio. Por exemplo, o da solidariedade occidental cando parece que lle van a axudar a salvar o neno o que fan é roubalo para así vendelo.

17/12/10

O neno do pixama a raias


Comentario de Santiago Villaverde Fernández


O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K


É un libro que me gustou moito porque nos fala do nazismo e dos campos de concentración. Estamos acostumados a ver no cine o que acontece nestes campos dende fóra, como acontece nesta obra.
Bruno ten nove anos, sae dos privilexios e Berlín para achegarse a un campamento nazi do que seu pai ten que se facer cargo. Dende os seus inocentes ollos explícase o que ocorre e o que el ve, fanlle pensar que dentro dos arames hai unha granxa pero non entende por que nesa granxa todos levan pixama; a inocencia do rapaz é a clave da obra.
Relaciónase cun dos rapaces con pixama porque necesita amigos para xogar. Esta relación acaba de xeito tráxico por teren un mesmo final.
O libro é moi curto e moi fácil de ler porque utiliza unha linguaxe sinxela e é contado por un rapaz, de modo que sentimos o que eles facilmente.

16/12/10

Cousas


Comentario de Eduardo Villaverde Iglesias

Cousas
Castelao
Galaxia


Deste libro o que máis me gustou foi a crítica qeu fai Castelao das persoas que maltratan, humillan e desprezan os galegos. Aos galegos que con tanto esforzo, con tanta dor por abandoar as súas casas, as súas familias, marchaban de Galicia para o estranxeiro.
E marchan por tentar dar unha vida mellor á súa familia e impedir que pasen fame.
Este libro é fácil de ler porque está dividido en pequenos contos, en pequenas historias independentes. Deberiamos tomar exemplo deste libro para tratar ben aos inmigrantes que veñan buscar vida con tanto esforzo e traballo.

15/12/10

Memorias dun neno labrego


Comentario de Aroa Espiña

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro

Este libro gustoume, hai moitas palabras que me soan de oírllas aos meus avós e fíxome graza.
Dábame un pouco de pena mentres lía polo pobres que din que eran pero ten outras cousas boas como por exemplo un capítulo que me gustou moito: "O meu amigo".
O primeiro capítulo para min é o mellor.
Ten un texo que di: "Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois durmo como unha pedra. Quedo desafogado, libre, coma se me quitase de enriba un bocoi." Neste texto vinme reflectida, en certo modo.
Gustoume

14/12/10

Estudio en Escarlata


Comentario de Sarai López Espiña

Estudio en Escarlata
Sir Arthur Conan Doyle
Galaxia


Este libro gustoume moito porque me gusta a novela negra.

Ten tres partes, en dúas hai crimes que se resolven. A primeira é como unha introdución da vida de Sherlock Holmes e o Dr. Watson.
É un libro que engancha porque ata o final non di o que ocorre, así que hai que lelo moi seguido porque o lector está intrigado.
Os métodos de deducción de Holmes son alucinantes e moi divertidos.
Recoméndoo a todos aqueles amantes da novela negra.

13/12/10

Memorias dun neno labrego


Comentario de Bruno Rivas Fernández

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro


Este libro gustoume moito porque Balbino é un rapaz da aldea coma nós, que nos conta, dunha maneira sinxela, a súa infancia e preocupación de todo rapaz da nosa idade con ganas de saber o que lle depara a vida. A súa linguaxe é sinxela, o que axuda á súa fácil lectura.
Ao mesmo tempo está cargado de emocións, explícanos a sorte que temos por non vivir nunha época tan complicada. Hoxe en día permítimonos o luxo de nos enfadar cando non nos mercan un antollo mentres que se nos comparamos con estes nenos de hai un século témolo todo. A vida de Balbino é a de un máis daquela época, un rapaz que traballa moito, estuda o que pode e vive terribles inxustizas por ser un ninguén ao lado dos que tiñan cartos.