ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Marcos González Fernández


Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Impactoume moito o conto do pequeno Samuel, porque sendo un rapaz tan pequeno, que se sinta tan triste e o pase tan mal na escola, paréceme moi triste.
Empaticei moito co protagonista do relato titulado Nin o Austro, polo seu carácter: tenacidade, firmeza, etc..
Non entendín o final do conto Dous amigos.
Persoalmente, estes libros con historias curtas gústanme bastante, xa que como xeralmente se dan lido enteiras dunha tirada, non se perde o fío da historia e non son moi complexas, así que son sinxelas de ler. Pero para a miña opinión teñen unha péga: que moitas veces carecen de historia, é dicir, que son tan pequenas que teñen unha historia ás veces sen moito interese.

Concretamente este libro agradoume bastante, aínda que non foi dos mellores que lin, ao meu entender.

Mércores de cinza

Comentario de Antía Iglesias Otero

Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia



É o libro que máis me gustou de entre os tres que lin de Miguel Anxo Murado. Transmite o mesmo ca Ruído. A realidade do día a día cotiá con sucesos frecuentes.
O meu favorito é "Dime algo bonito", o espello de como todos observamos o mundo cando somos pequenos e como desexamos ter e facer o mesmo que os demais aínda que sexa prohibido.


19/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Thalía Troitiño González

Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Creo que este libro ten relatos verdadeiramente entretidos e que me gustaron bastante. Tamén é verdade que algúns se me facían monótonos, como se xa intuíra o que ía pasar.
Un dos que máis me gustou foi o de "A floración das cerdeiras", non sei moi ben por que, pero fíxome sentir ben. Será porque a historia do Profesor L. me fixo cavilar en que a vida é demasiada curta e moitas veces enchémola de cousas insignificantes e de pequenos detalles que son os que verdadeiramente lle dan sentido.
Creo que as persoas vivimos sempre con algunha incertidumbre, non a damos resolto e non nos atopamos tranquilos. Neste caso, o Profesor L. no fondo non daba desafogado o sentimento de dor e pena que lle facía sentir a enfermidade que o ía levar á morte. El non era quen de aceptar que ía morrer, non o encaixaba. Pero no momento que aceptou e comprendeu que o seu camiño xa atopara o final conseguiu a calma que tanto anhelaba. A pesar de que sabía que lle quedaba menos para morrer, era feliz, pois pronto o seu sufrimento remataría.
Recomendo o libro, pois é curto e fácil de ler, e ten relatos que seguro vos van gustar. Paga a pena.

18/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Lorena Bibián Caramés


Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Este libro dá a entender que todos os relatos son parte das longas etapas do ser humano. Gustáronme moito os relatos de "Mércores de cinza" e "Dime algo bonito". En xeral, o libro é interesante e moi fácil de ler.
Cóntanos a experiencia de distintas persoas que sufriron ao longo da súa vida, e que nos falan da infancia, amigos, pelexas por rapazas, o sufrimento dun incendio...
Gustoume moito.

17/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Carla Gómez Ferradás


Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia



É un libro moi bonito que nos trata de explicar os cambios humanos mediante relatos que nos falan de distintas etapas da vida e de como cambiamos nelas e como nos enfrontamos a elas.
Gústame moito esa sensación que deixa o libro logo de lelo.
Podo recomendalo porque é marabilloso.


16/04/09

Casas baratas

Comentario de Thalía Troitiño González


Casas baratas
Antón Riveiro Coello
Galaxia


Foi importante para min coñecer ao autor antes de enfrontarme á lectura deste libro, xa que me influíu para entender moito mellor algúns detalles e saber que ía pasar nalgúns momentos.
Para min, este autor escribe moi ben e todos os libros que lin del me gustaron, por iso recomendo que o o leades, pois ides disfrutar moito. Ten un xeito particular de enganchar coa súa escrita, e cando o coñecemos démonos conta de que tamén o fai ao achegársenos.
Casas baratas está baseado na súa vida, as anécdotas que a enriqueceron e que axudaron a formalo para ser como é hoxe.
Unha das partes que máis me fixo rir foi cando el foi para o coche do seu amigo coa rapaza que lle gustaba, non sei se foi porque o lembraba a el contándonolo ou pola situación en si, pero paseino moi ben.
Lédeo, en serio. Ides pasalo ben.

15/04/09

A esmorga

Comentario de Thalía Troitiño González


A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia


Recomendo este libro, pois considero que é unha parte importante da literatura.
Considero que nun principio me foi un pouco difícil de ler, pois non estou acostumada a ler o galego do século XX. Pero tamén hai que dicir que despois me acabei acostumando a certas palabras.
Para min este libro foi entretido e en gran parte divertido.
Os tres protagonistas son moi peculiares e á vez moi distintos entre si. Creo que se reflicte con claridade como uns son quen de arrastrar aos outros a facer algo.
Espero que todo aquel que se propoña ler este libro chegue ao final e non se rinda antes, polo feito de que sexa un pouco complicado.


14/04/09

Siddhartha

Comentario de Laura Carballo Mato

Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia

Siddhartha pareceume un libro fermosisísmo. Xa dende as primeiras páxinas souben que era un libro diferente aos que lera antes, e fixo que me encantase desde as primeiras páxinas ata as últimas.
É incrible como un neno, intelixente e querido, decida abandonar xa dende pequeno á súa familia para dedicarse a atopar a paz.
Gustoume como Siddhartha nunca se atopaba completo, e aínda sendo o mellor decide abandonar esa vida para tentar ser un Buda- E con iso tivo tamén o valor de abandonar ao seu fiel amigo.
Chamoume moito a atención cando comezou a meterse no mundo matinal e era capaz -ao principio- de conseguir todo o que desexaba só cos valores que aprendera na súa etapa espiritual: xaxuar, pensar e agardar.
Nesa etapa coñeceu o amor dunha muller e caeu en todos os vicios que tanto detestaba. Esta parte, sen dúbida, foi a que menos me gustou xa que a imaxe de Siddhartha, aquel ser case perfecto, botouse á perda, na miña opinión.
Pero logo deuse conta e deixou ese mundo. Gustoume que fixese iso, aínda que podería facelo antes.
Tamén me pareceu moi interesante a figura do barqueiro, xa que se lle deu pouca importancia e pareceume un personaxe fantástico. Ensinou moitas cousas a Siddhartha.
E como non, o final, un final que non me sorprende xa que o maxinaba dende as primeiras páxinas e é o mellor final que podía ter este libro.

Aconsello ler Siddhartha xa que a min pareceume un libro diferente, e ata agora o que máis me gustou dos que lin. Ten moitas cousas que fan reflexionar e encontoume a maneira de falar e todo o que di Siddhartha.
É un libro marabilloso

13/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Mateo Cornado

Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Este libro gustoume moito, sobre todo algunhas historias, como a primeira, ou a do rapaz que mata o gato, mentres que outras non tanto. O que me fascinou moito foron as palabras propias da súa zona, que utiliza para escribir o libro.
Eu prefiro libros así con historias distintas.

12/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Cristina Ares Carballude


Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia



A verdade é que comecei a ler o libro como por obrigación, sen ganas ningunhas de poñerme a lelo. O seu título así en si, non me entusiasmaba moito. Comecei con ganas de que terminase xa, pensando que era unha novela coma outra calquera ata que me der conta de que estaba composta por varios relatos, que para nada espertaron en min ese afán por seguir lendo por querer saber máis e máis; non era capaz de sentirme dentro da historia como acotío me pasa. Sinceramente, había tempo que un libro non me decepcionaba tanto. Creo que me tivese gustado se o lese hai dous ou tres anos.