ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/03/09

O porco de pé


Comentario de José Fontao Salgueiro

O porco de pé
Vicente Risco
Galaxia


Pareceume un libro moi simpático e interesante. Tamén me gustou a crítica que fai das clases ricas, como por exemplo a crítica a Don Celidonio. Claro que hai que situarse na época na que escribe. Pero en xeral gustoume.

16/03/09

Mércores de cinza


Comentario de Eva García Bibián

Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Escollín este libro porque mo recomendou unha compañeira. Polo título non me maxinei o seu contido, xa que está cheo de diferentes historias que captan distintos aspectos da vida que nuns pequenos relatos plasman de xeito case exacto os problemas da vida cotiá, moitas situacións nas que poucas veces se pensa e que seguen aí.
Aínda que me gustaron todos os relatos, non da mesma maneira. O libro conseguiu que eu quixese que a historia continuase. Quero seguir lendo libros que me produzan ese efecto.

15/03/09

Fin de século en Palestina

Comentario de Thalía Troitiño González


Fin de século en Palestina
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Encantoume. Gustoume moitísimo. Recoméndollelo a todos e a todas @s que estean interesados en saber o que pasa no mundo, concretamente en Oriente Medio.
Este libro fíxome sentir moitas cousas, que non dou explicado con palabras. Por exemplo, o simple feito de que unha cidade estea dividida por residir nela culturas diferentes pareceume moi sorprendente.
Tamén me pareceu incrible a idea que poden chegar a ter unhas persoas doutras. Gustoume o xeito de escribir de Murado, sobre todo a forma que ten de expresar os sentimentos.
E encantoume a frase coa que remata o libro "Un só ano en Xerusalen aseguraba unha vida eterna no paraíso".
Pareceume moi sorprendente que ao final se acabara acostumando aos constantes atentados que nese país ocorren, como cando é quen de seguir a durmir a pesar de que estoupan as bombas ao seu carón. É abraiante como os seres humanos nos acabamos adapatando ás cousas.
O longo período de 5 anos que pasou o autor en Palestina... ao principio parecían eternos, pero ao final comprendín que para poder chegar a entender o que neses países ocorre foron necesarios e tamén suficientes.
Ao principio, non sei se era que o tempo pasaba moi lento ou que era, facíame sentir rara polo feito de que el non me amosaba sentimento de morriña e en ningún momento falaba da súa familia. Pero cando cheguei á parte na que ía a España sentín como se algo se liberase dentro de min. É como seu eu sentise morriña por el.
Creo que podería seguir falando durante moito tempo deste país e do que alí acontece, pero considero que todo aquel que de verdade queira entender isto ten que ler o libro, pois paga a pena.
Eu despois de telo lido sinto como se estivese máis preto.


14/03/09

A conta atrás

Comentario de Marcos González Fernández


A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


A verdade é que me gustou, sobre todo porque os cómics me gustan moito, pero este é diferente: fala
da política e dos seus enredos, dos problemas sociais causados polo Prestige e polas formas de actuar
dos políticos, etc..

Ademais, é moi rápido de ler, aínda que polo feito de ser contado ao revés no tempo, dificulta algo a
comprensión; mais a min, sobre todo, deixoume con moitas ganas da próxima parte, a pesar de que
non tiña moi boas referencias deste cómic e eu mesmo pensaba que ía ser moi aburrido por falar
da política e esas cousas.

11/03/09

O diario vermello de Flanagan


Comentario de Sara Vallo Munín


O diario vermello de Flanagan
Andreu Martín e Jaume Ribera
Galaxia


ENCANTOUME!!! É un libro entretido, podes pasar toda unha tarde léndoo e rindo sen parar, é informativo, sabes o que pensa un rapaz normal da miña idade.
A historia é moi divertida, pero creo que deberían contar máis cousas, eu quedei con ganas de saber máis cousas de Carlota e da relación que ten con Flanagan despois de estar Carlota con Nines. Pareceume algo moi curioso, cando Flanagan di que cando era un cativo se levaba moi ben coa súa irmá maior, cando a min co meu irmán pasoume o contrario, lévome mellor agora con el que cando eramos cativos.
Neste libro pódese apreciar como co "físico" un se pode chegar a namorar.
Para a súa idade Flanagan pareceume bastante maduro, ou ao mellor non, xa que o comparo cos seus compañeiors que son moi inmaduros.



10/03/09

Os ollos de K


Comentario de Laura Carballo Mato


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Gustoume moito o libro. É verdade que cando o comecei a ler non me tiña moi boa pinta e pareceume que me ía resultar bastante aburrido e cargoso, pero para nada. A medida que o ía lendo metíame máis na historia. É un libro que fai pensar.
Normalmente os libros de intriga non me gustan, non me chaman, pero este foi diferente.
Chamoume moito a atención como lle buscou o nome ao libro: gustoume esa historia. E a historia de Dimitrie pareceume moi interesante.

09/03/09

Os ollos de K

Comentario de Patricia Taboada Espiño

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Non é un libro tan sinxelo de ler como parece. O vocabulario que emprega é claro pero a historia en si é bastante enrevesada, levando a perder o fío con facilidade.
En xeral gustoume o libro, sobre todo o que conta da nai que busca os ollos do seu fillo morto e donados a un descoñecido. Pareceume moi bonito ese xesto.
Recomendo este libro, xa que é diferente. Non é o típico narrado sen máis e todo continuo; senón que esa intriga dálle un toque moi particular.

A conta atrás

Comentario de Cristina Ares Carballude


A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Hai que dicir antes de nada, que son unha persoa que odia os cómics. Pero a pesar disto este en concreto non me desgustou moito: empecei a lelo descontenta polo simple feito de que era un cómic pero pouco a pouco foime enganchando cos seus temas de política, os problemas do Prestige...

Tardei un pouco en comprendelo, xa que a historia comeza de atrás para a diante, pero non é complicada a súa lectura. En xeral gustoume, pero para min segue a ser un cómic...

Os ollos de K

Comentario de Cristina Ares Carballude


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Unha novela que me enganchou dende o principio a pesares de que non lle encontrei moito sentido ata ter lido unha boa parte. Cando comecei a lela pensei que me ía encontrar con outra cousa, non me esperaba esta novela. En xeral non me gustou, só me gustaron algúns momentos concretos nos que estaba a ler e non quería parar.

A conta atrás

Comentario de Adrián Furelos Sampayo

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Pareceume un cómic bo pero a forma de contar a historia era moi revolta e custa moito traballo darlle seguido o paso porque pegaba non uns saltos temporais pequenos se non que eran xigantescos. Logo o pescador sempre cunha cara, pobres todos os pescadores que quedaran sen traballo por culpa da marea negra e o goberno pouco facía.