ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/09

As rulas de Bakunin



Comentario de Andrea Díaz


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Aburrinme un pouco ao principio do libro, pero cando comecei a enlazar o que explicaba nuns capítulos coas historias que contaba noutros empecei a engancharme e a interesarme por chegar ao punto no que as tres historias se unen e os tres personaxes se ven identificados nun só.
Fíxoseme un libro de lectura sinxelo e rápido precisamente por ese xeito de narrar en capítulos curtos e con diferentes historias.


Os ollos de K


Comentario de Andrea Díaz


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia



A pesares da linguaxe clara que o autor emprega non me resultou fácil ler este libro, levoume máis tempo que As Rulas, tamén creo que polo tema que trata, ao ser menos real e menos comprometido, non me emocionou nin logrei maxinar a historia coma no outro libro.
Pese a isto, gústame a imaxe do protagonista, creo que porque o autor mesmo nos dixo que non lle gustaba. O feito de que teña que resultar desagradable faino atractivo.

27/02/09

Con Riveiro Coello

Hoxe foi un día absolutamente especial porque tivemos a excepcional ocasión de compartir as nosas lecturas cun home que se fai querer e admirar non só por como escribe senón por como é. Dende as 12,30 que chegou ao noso instituto até as 20,30 (si, ledes ben) que marchou, a nosa admiración por el foi en aumento.
Primeiro encontrouse co alumnado de 4º de ESO que lera Homónima, e logo co de 1º de Bacharelato que lera Os ollos de K; e pola tarde -despois dun bo cocido lalinense- club de lectura para falar d' As Rulas de Bakunin. Un día produtivo e especial.



Ruído. Relatos de guerra

Comentario de Susana Cumbraos


Ruído. Relatos de guerra
Miguel Anxo Murado
Galaxia


De novo volvín a mergullarme entre as páxinas escritas por Miguel Anxo Murado para darme conta, unha vez máis, quen en cada relato se pode atopar un sentimento oculto que está destinado a nós mesmos, os lectores.
E foi así, deste xeito tan marabilloso, como Murado nos transmitiu neste libro como só os valentes sobreviven e que baixo un bo libro sempre hai un valente escritor. Para ser concisa, direi que en xeral gusoume moito... Cada un dos diferentes relatos contados eran maxistrais, sobre todo cando te lembras de que todo é real, de que acontece día a día neste mundo e que nun só abrir e pechar os ollos as vidas de centos de persoas evapóranse na nada.
Esta idea báteme moi dentro, e á vez atorméntame.
Poderíalle poñer "peros" a este libro, como a case todos, pero o único que lle vou poñer vai ser o dos bruscos e crueis finais da maior parte dos relatos. É lóxico que acaben mal, pero é demasiada crueldade.

26/02/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Sonia Salgueiro Brea


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Gustoume moito este libro aínda que nalgúns momentos fíxoseme algo complicado seguilo, xa que intercala distintos tempos e fala dunha realidade que non cheguei a coñecer, aínda que non é tan afastada, na que as condicións de vida eran moi diferentes ás de hoxe en día.
As historias que se relatan son incribles, aínda que algunhas son moi duras e tráxicas. Penso que é un libro bonito xa que algúns personaxes conseguen sobrevivir e ao mesmo tempo interesante porque nos trae á memoria unha realidade que está presente na mente de moitos anciáns.
O libro ten unha carga de dor e tristura, supoño que polas condicións durísimas daquel tempo e porque todos perderon a alguén importante na súa vida.


Os ollos de K

Comentario de Noelia Rosende López

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia



Os Ollos de K pareceume un libro fácil de ler e cunha curiosa historia; aínda que a min non me gustan demasiado as historia de ficción na escrita, pero esta, en concreto, si me gustou, xa que mestura feitos que poden ser reais, con outros obiamente ficticios; pero se pensamos nunha mente psicópata tampouco son ideas tan disparatadas.
Por último teño que recoñecer que as escenas sanguinarias me daban un pouco de noxo.

Os ollos de K

Comentario de Marcos González Fernández

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Ao principio, mentres non collín o fío da historia (máis ou menos a metade do libro), era como se carecese de interese, non me tiña moito atractivo. Mais unha vez que me fun achegando ao final, é moito máis intrigante e entretida.
O libro foime moi bonito, sobre todo a segunda parte, pois como dixen, ao principio érame un pouco abstracto. Ademais é raro, é dicir, orixinal na historia e na forma de contalo. Unha das cousas que máis me gustou foi a viaxe a Praga, aínda que non sei por que.
En resumo, acabei contento del, e aparte, aínda que pode ser un pouco complexo de entender, posto que dá moitas voltas, e é un pouco revirado; é bastante fácil de ler.

As Rulas de Bakunin


Comentario de Antía Iglesias Otero

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


A mostra expectante de como Galicia e España viviron a época da represión e como os anarquistas lograron saír de apuros.
A parte do libro que máis me gustou foi a do cárcere e tamén a historia de amor entre Camilo e Rosalía.

25/02/09

As rulas de Bakunin


Comentario de Susana Cumbraos

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Este libro cóntanos a historia dun home anarquista que nvivu na súa propia pel a guerra, así como tamén as repercusións desta.
Unha obra maxistral, para o meu gusto, que nos amosa como era a vida naqueles tempos difíciles, onde as accións de cada un poñían a súa propia vida en perigo; aínda sendo deste xeito había persoas que loitaban polos seus principios e endexamais se rendían.
Chamoume moitísimo a atención o modo no que está narrado este libro: entrelaza vivencias en primeira persoa con vivencias en terceira, pero sen se afastar desa liña conmovedora e á vez intelixente.
Tamén me chamou moito a atención o modo no que o autor é capaz de plasmar todos eses sentimentos. Podo dicir, despois de lelo, que é unha obra totalmente diferente a Os ollos de K, pero igualmente marabillosa.


Os ollos de K

Comentario de Adrián Furelos Sampayo

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Pois a min este libro, en especial gustoume bastante só que ao comezo era moi difícil collerlle o fío da historia. E xusto cando aparece Dimitrie é cando espertou en min o verdadeiro interese pero é que antes tiña un lío criminal, xa sabes o lío que me fago eu.
E eu a toda a xente que ten por costume ler ou non, recomendaríallo xa que é moi entretido e apaixonante e debo dicir que eu de ler moito non son, aínda que algo si leo.