ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Andrea Díaz


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Comecei a lectura deste libro sen moito entusiasmo; pensaba polo título que sería unha historia sinxela, pero sorprendeume, sobre todo logo de charlar co autor. Paréceme que o trasfondo é moito máis amplo do que maxinamos, vai máis aló dunha historia curiosa sobre un adolescente con aires de rebeldía que se rebela contra os seus costumes familiares e decide afrontar a vida seguindo as súas propias leis.
A historia é de culturalismo, sobre a liberdade de elixir quen e como queremos vivir e quen e como queremos ser.

Con Bali Rai

O xoves o alumnado de4º da ESO e 1º de Bacharelato puido coñecer ao escritor inglés de orixe indú BALI RAI, grazas á editorial Sotelo Blanco. Temos moito que lle agradecer a Narciso, representante desta editorial, por sermos nós os escollidos: só seis centros de Galicia tiveron esta sorte.
Bali Rai, autor de Un casoiro ben mal amañado achegouse ao centro cun intérprete pois el non sabe castelán nin galego. Pero foi ameno e contou ao alumnado como é vivir nun lugar multicultural e como é vivir en situacións de pobreza que levan ao vandalismo; contou tamén por que se fixo escritor e como nos seus libros reflicte a súa sociedade, o xeito de falaren e as palabras que utilizan. Algúns alumnos e alumnas atrevéronse a preguntar en inglés directamente e outros fixérono en galego, e tod@s eles saíron moi contentos desta experiencia nova. Ademais, o libro gustoulles, que é importante!

28/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de José Antonio Rey García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco


Sorprendinme ao coñecer a historia do mozo protagonista, tiña unha pequena idea de qeu se facían estes casoiros pero o relato desta historia conmoveume.
Penso que a súa elección foi moi arriscada, que renunciou a moitas cousas pola liberdade e paréceme unha persoa moi valente, pois no seu lugar serían moitas as persoas as que se someterían á súa relixión sen facer nada.
Por outra parte, alporízome ao pensar que unha relixión obriga a facer esas cousas, creo que se deberían limitar á crenza e ao culto, pero sen privar da liberdade a ninguén.
Deume pena que non continuase a relación dos protagonistas. Ás veces axuda máis o silencio que as palabras para consolar á persoa amada, e a moza do protagonista sabía que facer en cada momento.
Os abusos do pai eran continuos, e non só os do pais senón os de toda a familia, un tema que se trataba con total normalidade, sendo unha auténtica brutalidade.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Susana Cumbraos Troitiño

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro está ben, amosa o estilo de vida dos punxabis e de como a sociedade pode chegar a comportarse, sempre cunha maneira de pensar moi peculiar, aínda que sexa para ben e non para mal.
O libro expresa os cambios de personalidade dunhs personaxes a outros, deixando ver así como persoas que conviven xuntas teñen diversas formas de pensasr e actuar.
En xeral gustoume, estaba ben e aproxímanos a coñecer unha nova sociedade, a forma de vivir desta...
En canto ao final... estaba moi visto!!! Eu prefería que acabase doutro xeito, máis orixinal, que fixese que me sobresaltase e me impactase. Porque non me produciu nin tensión nin sorpresa.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de María Agustina González

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco

Non sei moito que dicir deste libro, aínda que podo asegurar que ME ENCANTOU.
Dende o principio ao final, porque nada máis comezar o lector séntese coma se fose o protagonista e vive todo o que a el lle acontece; séntese odio cara aos racistas, non entendes a ese tipo de pais e sentes todas as emocións xuntas que sente o protagonista, e mesmo non sabes se rir ou chorar ou como reaccionar ante todas as vivencias do protagonista, sobre todo que dicir ante unha cultura e unha tradición que non te deixa ser ti mesmo.
Encantoume o final. Non se me pasou pola cabeza nunca, pero foi como tiña que ser.
É un libro fascinante. Así que se podedes lelo, lédeo.

27/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Silvia Villar García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco

Este libro cóntanos as tradicións dunha familia india, e do fillo máis novo, que é diferente, non entende á súa familia nin quere acatar as ordes inxustas desta. Lévase moi ben co seu tío, porque este tampouco é moi ben aceptado pola familia a causa das súas ideas liberais.
Cando lin este libro tiven sensacións de rabia e tristura porque eu poñíame no lugar deste rapaz, sempre só, incomprendido pola súa propia familia, cunha nai que non lle demostra o seu amor, finxindo sempre...
El tiña que buscar o amor que a súa familia non lle deu nos amigos e na xente de fóra.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Bibián Caramés

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



PAreceume un libro moi interesante xa que nos conta a experiencia dunha persoa no seu intento de casar coa persoa que ama, unha moza que non é da súa relixión e por iso os seus pais o obrigan a casar con outra, con que ao final non casa e acaba marchando. Cóntanos como a relixión doutros países está moi vixente e a xente tómaa moi en serio. A pesar da tristura dalgúns momentos, o libro gustoume.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Villar García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro está narrado en primeira persoa. Amósanos como nalgunhas culturas os pais obrigan aos seus fillos a casar -con só 17 anos- cun ou cunha descoñecid@ que nunca antes viran. Exercendo de xeito forzado todas as responsabilidades que trae consigo isto.
Tamén nos transmite unha forte sensación de pena, tanto polo trato que lles dan os seus pais e irmáns como pola decisión de elixir entre a súa familia e a súa futura muller ou a súa namorada.
No libro podemos ler perfectamente que esas familias non casan por amor senón por compromiso familiar.
A min gustoume moito, é moi entretido. Non me gustou o final, preferiría que fose máis xusto.
Ten bastantes erros na tradución ao galego.

26/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Cristina Ares Carballude


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro non me desgustou; pareceume interesante por coñecer os costumes doutras culturas; e indignoume o machismo que se reflicte no libro, a muller nunca ten decisión para nada.

Pareceume un libro demasiado Xuvenil.

25/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Rocío Pena López

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




O libro non me gustou moito porque é algo aburrido. O personaxe principal non ten liberdade ningunha e a familia é moi inxusta con el, xa que o obrigan a facer cousas en contra da súa vontade.