O libro trata da loita dun rapaz pola supervivencia nun mundo de violencia que lle desagrada por completo e que as veces o fai sufrir,pero non ten máis remedio ca seguir roubando e atracando casas xa que a súa orixe humilde lle impide vivir con solvencia e a taberna familiar apenas aporta beneficios.
Despois da morte dos seus pais el debe buscarse a vida confraternizando con perigosos criminais e bandoleiros,dos cales moi poucos son boas persoas. Ás veces atopa algun que lle bota unha man,pero na maioría das ocasión tan só a súa pericia o libra da morte. Ao longo do libro viaxa por case toda a xeografía galega coñecendo personaxes moi variopintos. Nun dos seus atracos coñece a Helena,unha bela moza que protexerá a partir dese dia poñendo en risco a súa propia vida e anteponiendo o ben da arpaza ao seu propio.Xuntos foxen para non seren capturados polos agavelados,que os queren matar,e consegen chegar a Lugo onde arapaza ten uns parentes que a coidarán.Polo camiño sofren múltiples aventuras e percances,sempre baixo a a meaza de seren capturados polos bandoleiros que buscan un tesouro,do cal tan só sabe onde esta o protagonista.
O sentimento máis salientable que me produciu a lectura deste libro foi de simpatía cara aos portugueses, xa que admiro moito a personaxe de Tomás das Congostras pola súa gran valentía. Tamén admiro moito a capacidade do protagonista de antepoñer o benestar alleo ante o seu,sobre todo con Helena,coa que acaba casando e formando unha familia.
Esta foi unha histora que aparentemente tiña un comezo normal, que non se saía fóra do común, e cando semellaba que ía ter un final típico e aburrido, muda de todo.
Gustoume, pero ao mesmo tempo sorprendeume que tivera ese final.
Foi a primeira historia do libro e impactoume.
Castelos na area.
Esta historia, segundo o meu punto de vista é un pouco irreal, xa que me parece difícil que un neno poida ser capaz de matar a un adulto soamente porque xulgou mal a súa obra.
Pero ao mesmo tempo vese reflexado o enfado que se pode cegar a coller nesas idades cando che arrebatan o teu soño.
O amigo Delmiro.
O amigo é unha historia que reflexa moi ben a desconfianza que nos caracteriza aos españois, e en concreto aos galegos. Reflexa como se pode chegar a asesinar a unha persoa soamente por desconfianza.
Paréceme moi mal que se critique á xente soamente polo seu aspecto e non se lle proporcione unha mínima de confianza aos descoñecidos.
Tinta chinesa.
Esta historia plasma sobre papal os extremos aos que se pode chegaren momentos de tensión á hora de ser nominado a un gran premio literario. O asasinato é un extremo que semella difícil de acadar, pero polo que se narra nesta historia semella estar máis preto do que nós pensamos.
Paréceme indignante a competencia e envexa existente nestes circulos supostamente cultos.
Decoración e interiorismo.
Esta historia gustoume moito e pareceume moi graciosa.
O feito de que a muller farta do seu matrimonio se deixase persuadir por aquel aposto mozo facéndose pasar polo seu xefe, pareceume chistoso.
A muller cansa da monotonía do seu matrimonio decide buscar algo de emoción extra-matrimonial, e ao fin resulta enganada e retorna ao seu matrimonio.
O home do saco
Esta historia xunto coa de A proba do alfinete, son as miñas preferidas do libro.
Chocoume moito como un rapaz lle pode coller tanto medo a un personaxe da mitoloxía popular galega, ata o punto de intentar matalo, trabucándose e asasinando ao pai dun amigo.
Quedoulle un gran sentimento de culpabilidade.
A proba do alfinete.
Como xa díxen esta historia é unha das miñas favoritas do libro.
Gústame a actitude do protagonista, que ten un gran afán de superación, e chegou a ser un detective capaz de desenlear un caso da altura dunha axencia de detectives.
Móstranos como detrás de xente aparentemente normal, se pode agochar un traficante de cocaína.
Balangandán
Esta historia non me gustou tanto coma as outras.
Eu non creo nos feitos paranormais, e moito menos nas pitonisas, adiviñas, hipnotizadoras.
A crenza neste tipo de persoas ou feitos paréceme unha mostra de incultura, ademais dunha perda de tempo.
Viva a revolución.
Esta foi outra das historias que me gustou moito. Gustoume moito o afán revolucionario que tiña a xuventude da época, en busca dun cambio necesario. Manifestaban o seu espírito revolucionario, un espirito que quizais a xuventude de hoxe en día non posúe ou mellor dito posuimos.
Tamén me chamou a atención a crueldade coa que se trataba aos contrarios ao réxime franquista.
Vinte pesos de prata.
Esta é a historia que reflexa perfectamente a vinganza.
O irmán supostamente morto na Argentina volve para facerlle pagar ao seu irmán o seu merecido.
Gustoume moito, xa que o irmán da Ponte Vilariño recibiu o seu castigo pagando coa súa propia moeda.
As memorias de Sherlock Holmes Conan Doyle Galaxia
Este libro é moi parecido en canto á estrutura a As aventuras de Sherlock Holmes, os dous teñen relatos breves independentes uns dos outros. As historias son moi interesantes, a sensación de sorpresa está presente en todas elas. Tamén creo que o feito de que sexan relatos pequenos impide que haxa certos fragmentos aburridos ou sen interese, como poden existir nunha historia longa.
Gustoume a parte da loita entre os dous magos. Os contos que sabe a Avoa Ugago son moi interesantes, especialmente os que teñen algunha ensinanza.
É un libro moi bonito, moi fácil de ler. E gusta mesmo pola súa sinxeleza.
Gustoume moito a historia deste libro. Empeza falando da familia do que é protagonista da historia e logo segue falando do que lle acontece en menos dunha semana. Este libro é unha historia de amor, traizón, intriga, realismo... Considero que a vida que ten Manuel xunto coa do seu irmán Miguel é realista, pero sobre todo moi sentida. Fan sentir ao lector os memos sentimentos ca os protagonistas, o que me dá unha idesa sobe a calidade do escritor. O amor é un camiño difícil e fermoso que hai que buscar e percorrer. Sen dúbida, recomendo este libro. É un libro que paga a penar ler aínda que pareza groso, pois lese axiña. Gustoume o xeito de escribir do autor, sobre todo polo realismo e sentimento que impregna a obra. Unha historia tráxica con final feliz.
Gustoume moito. Mergulleima apenas se decatarme no deserto vivindo cada palabra que os meus ollos lían. Volvín disfrutar do libro como cando era pequena.
Aínda que ao principio non me gustou, ao final é moi interesante. Gústame sobre todo o personaxe de Leopoldo, a quen non lle gustan nin a violencia nin os problemas, e tampouco os busca. A historia en si pareceume triste, desde o momento que lle roubaron o Stradivarius a Leopoldo todo foi tristeiro. Tamén me gustou moito o intento de busca deste instrumento.
Comentario de Carla Gómez Ferradás Smara Paula Carballeira Kalandraka
É un libro estupendo, como os que liamos de pequenos, con esas historias e esas lendas que te atrapan, e non podes parar de soñar con elas e desexas vivilas.
Encantoume
A verdade é que os primeiros capítulos non me gustaron moito, pero despois xa me comezou a interesar. Pouco a pouco foime gustando máis; estou acostumado a Agatha Christie e a Sherlock Holmes e este fáiseme estraño polo xeito de contar a historia. Deume moita rabia a perda do instrumento por culpa dos camellos, aínda que creo que a verdadeira lacra radica na xente que mete droga no país. E non entendo algunhas das reaccións da xente... creo que unha mentira a tempo arranxa problemas. Cara ao final do libro as sorpresas sucédense constantemente. Gustoume moito máis do que esperaba.
Que dicir deste libro... ante todo e como vén sendo habitual este curso, encantoume.
Sempre cando comezo un libro sinto que non me vai gustar e ao final gústame tanto que volvería lelo unha e outra vez. A verdade, sentía "medo" ao velo tan groso pero pouco a pouco a lectura atrápate no seu interior.
O título provén de catro persoas que comezan unha vida xuntos, de aí o título. E con elas comprendemos a situacións de dureza que nos propón a vida, e como superalas. A verdade é que crea moitos sentimentos dentros dun, consegue cambiar o ánimo coa súa lectura, para min é moi profundo. É un libro marabilloso cheo de historias preciosas.
Quizais a medida da lectura non debe ser o número de libros lidos, senón o estado en que nos deixan. Que importa se un é culto, está ao día ou leu todos os libros? O que importa é como se anda, como se ve, como se actúa, despois de ler. Se a rúa e as nubes e a existencia dos outros teñen algo que nos dicir. Se ler nos fai, fisicamente, máis reais. Gabriel Zaid
No se defiende que la lectura sea fácil, más bien al contrario, la lectura debe significar descubrimiento, emoción. La lectura tiene que arrastrar al niño o la niña a un esfuerzo por comprender, por desenmascarar misterios. Los buenos libros actúan tensando la cuerda sin que se llegue a romper. Hemos de poner en manos de nuestro alumnado lecturas que propicien el contacto directo con un texto que debe ser recreado, imaginado, vivido, emocionado al fin y al cabo.
La lectura nos sitúa ante un enigma, una adivinanza. En realidad de lo que se trata es de llenar un vacío. La lectura nos entra como entra el aire en los pulmones. El aire no sólo entra y ya está. El aire entra porque en los pulmones hay un vacío y este vacío empuja al aire a entrar. Es este vacío el que hay que llenar, es así como respira la lectura. Hay un vacío que hay que llenar y sólo se puede llenar leyendo. Si no existe la necesidad de conocer, de resolver enigmas, de poco servirá que en casa o en la escuela tratemos de empujar las lecturas hacia adentro.