
Comentario de Carla Gómez Ferradás
Smara
Paula Carballeira
Kalandraka
É un libro estupendo, como os que liamos de pequenos, con esas historias e esas lendas que te atrapan, e non podes parar de soñar con elas e desexas vivilas.
Encantoume
05/06/08
Smara
Atoparalo en Sáhara
04/06/08
O crime da Rúa da Moeda Vella
Comentario de Marcos González
O crime da Rúa da Moeda Vella
Román Raña
Xerais
Deume moita rabia a perda do instrumento por culpa dos camellos, aínda que creo que a verdadeira lacra radica na xente que mete droga no país. E non entendo algunhas das reaccións da xente... creo que unha mentira a tempo arranxa problemas.
Cara ao final do libro as sorpresas sucédense constantemente. Gustoume moito máis do que esperaba.
Atoparalo en Asasinatos, Crimes, Intriga
02/06/08
Xuntos e máis nada
Comentario de Carla Gómez
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
A verdade é que crea moitos sentimentos dentros dun, consegue cambiar o ánimo coa súa lectura, para min é moi profundo.
É un libro marabilloso cheo de historias preciosas.
Atoparalo en Amizade, Amor, Busca da felicidade, Soidade
28/05/08
O señor Ibrahim e as flores do Corán
Comentario de Agustina González
Faktoría K
Pódese sentir tristura cando o neno foi abandonado dúas veces seguidas polos seus pais. A felicidade séntese cando foi adoptado e cando os protagonistas viaxan xuntos. E unha mágoa enorme me invadiu co final, que ogallá non acabase así. Non me gusta que sexa tan pesaroso. Sei que é certo, que a vida é así, que as cousas boas pasan deseguida, pero o libro fíxoseme moi triste neste instante.
Recoméndoo encarecidamente
Atoparalo en Adolescencia, Amizade, Busca da felicidade, Outras culturas, Relixión, Sexualidade
26/05/08
A pensión Eva
Comentario de Sara Vallo Munín
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia
Respecto á relación de Nené coa súa curmá pareceume un pouco "escandalosa". Ao principio podería haber inocencia infantil. Despois non.
O libro en si gustoume bastante. É moi doado de ler.
Atoparalo en Amizade, Amor, Guerra, Sexualidade
25/05/08
Xuntos e máis nada
Comentario de Sara Vallo Munín
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
As últimas partes do libro xa non me gustaron tanto. Pero axuda a darse conta da realidade da vida, da súa dureza e inxustiza. Hai máis momentos de infelicidade, polo que se ve, que de felicidade.
A historia de amor gustoume moito, é moi fermosa.
O libro nin me gustou nin me disgustou, aínda que me fixo percatarme de moitas cousas. Como por exemplo o tremendo que é a soidade.
Atoparalo en Amizade, Amor, Busca da felicidade, Soidade
24/05/08
Calella sen saída

Comentario de Carla Gómez Ferradás
Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia
Atoparalo en Actualidade, Inmigración, Racismo, Sociedade
23/05/08
A pensión Eva
C
omentario de Agustina González
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia
Gustoume o libro, é entretido. Resulta interesante saber que senten as xentes ao comezar a vida sexual.
Atoparalo en Amizade, Amor, Guerra, Sexualidade
21/05/08
Crime e castigo
Comentario de Susana Cumbraos
de lelo; enfrontábame a un clásico universal, escrito da man dun dos mellores, do fundador da novela moderna, ambientado no século XIX, protagonizado polo ben entrelazado co mal na busca da loita pola existencia do ser humano...Realmente é un libro complicado porque a pel do protagonista é difícil de traspasar, e todos eses sentimentos que el sente, golpéano e lle doen, transmítellos ao lector, pero dun xeito nada sinxelo, dado que un tense que mergullar na mente dun criminal atormentado polo pasado e, á vez, orgulloso deste.
A min custoume comprendelo, aínda que admito que é un libro moi bo, co cal experimentei outras cousas que outros libros non foron capaces de transmitirme.
Sen dúbida, o máis complicado deste clásico non é o número de páxinas se non a mente do protagonista. Anímovos a lelo.
Atoparalo en Crimes, Remordementos, S. XIX
19/05/08
¡Asústate, Merche!
Asústate, Merche!
Fina Casalderrey
Xerais
Pareceume un libro moi bonito. Estaba acostumada aos libros de misterio e case non lía libros deste estilo.
A protagonista paréceme unha rapaza bastante desafortunada. Por iso as cousas tan malas que lle pasan lévana a pensar no suicidio. Gustoume o xeito de tratar o diario, e tamén me gustou o final.
Atoparalo en Adolescencia, Crueldade, Dereitos Humanos, Diario, Xuventude

