ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/10/07

O código da Vinci



Libreta e comentarios de Susana Cumbraos

O Código da Vinci
Dan Brown
El Aleph




Sábado, 6 de outubro do 2007

"Sentíase como unha pantasma, transparente, flotando de porto a porto... Era como se a xente mirase a través del e non o vise"
A vida deste personaxe, Silas, prodúceme for e á vez temor. Tan só poñerme na súa pel sinto o odio cara a todas aquelas persoas descoñecidas que camiñan ao seu carón e non tardan en murmurar: "unha pantasma con ollos de demo" e miran estrañados a cor pálida da súa pel.
Podo comprender como o mundo en si se burla del polo sinxelo motivo de ser albino... Podo comprender o odio que sentía na súa alma cando vía ao seu pai biolóxico pergarlle á súa nai por culpa de ser albino... Podo comprender que nun ataque de ira matase ao seu pais, despois de ver cos seus ollos como a persoa que dera a vida xacía morta... En si, é moi doado comprender a frustración que sente este perturbado personaxe car ao mundo despois de ter unha infancia, unha adolescencia e unha madurez traumática e difusa sen saber o lugar que ocupa nesta inxusta vida.

"A falta de entendemento alimenta a desconfianza": unha frase que di moito.
Dáme rabia que Dan Brown queira manter nun misterio, de momento, o que pasou á noite na casa de Normandía do avó de Sophie... Intrígame saber que era o que adoraban e se acaso era tan espantoso para que Sophie sentise ganas de devolver todo aquilo que sentía revolverse no seu estómago, e tamén para que esta deixara de dirixirlle a palabra ao seu avó para sempre, xa que ao fin e ao cabo, era a única familia que lle quedaba.

Cada vez que maxino a Robert dando clase dáme a leve sensación de que como profesor debía ser moi bo... encontrei unha pasaxe onde el se atopaba dándolle clase ao alumnado e lles preguntou que era para eles o sexo; os alumnos homes contestaron rapidamente dicindo que só era un momento de pracer, ao que el contestou que "a próxima vez que estean cunha dona, busquen no seu corazón e pregúntense se son capaces de entender o sexo como un acto místico ou espiritual. Acepten o desafío de achar esa chispa divina que o home só pode alcanzar mediante a unión co sagrado feminino"; todas as alumnas lle aplaudiron.
Creo que ten razón; gustaríame converterme en personaxe deste libro para vivir e presenciar moitas das imaxes que se me forman na mente e me transportan a París dun xeito incrible...

Mércóres, 10 de outubro do 2007

Por fin puiden saber que era o que adoraban en segredo o Priorato de Sión aquela noite... a verdade é que non mo esperaba, xa que pensei que se trataba dalgo sagrado referido a Xesús.
Pero se eu fose Sophie procuraría falar co meu avó e que mo explicase.
Adoraban un acto sexual e agora estou intrigada por saber a ascendencia de Sophie... todo encaixa moi ben.

Non entendo a este home! Nun primeiro momento pensei que era un machista pola súa forma de dicirlle a Langdon que as mulleres non valían para ser policías e agora non podo comprender o repentino cambio cara a Sophie e a Robert. Ás veces dáme a impresión de que este home sabe demasiado, que el é "O Mestre", cousa que aínda se mantén na ignorancia.

Pobre Silas! Sen querer destrúese a el mesmo no preciso momento no lle disparou...
Este monxe é a miña personaxe favorita. A súa maneira de ver as cousas, o desprezo pola vida, o amor polas persoas que lle ofreceron comprensión, o arrepentimento e a mortificación que é capaz de sufrir polos seus propios erros, a maneira de agradecer...
Sen dúbido non é sinxelo. É o personaxe mellor creado, o máis intrigante e misterioso. Creo que é o personaxe no que o autor se centra para conseguir que este libro teña éxito, porque... que sería do libro sen un monxe tolo que corre dun lugar a outro coa pistola na man e martirizándose a si mesmo??? NADA

Acabei agora o libro e estou indignada... non me esperaba algo así. Gustoume... non moito. Gústame o misterio pero non como está escrito.
Para min o final é a parte do libro na que o autor pode deixar quedar a obra mellor ou peor, todo depende do final. Hai libros que nos defraudan e non nos satisfán polo simple feito de que non é como esperabamos ou mesmo como maxinaramos e quixeramos que fose.
Tiña tan boas referencias deste libro, que iso axudou en parte a que me defraudara.

Sabor a ti

Comentarios de Thalía Troitiño González.


Sabor a ti
Miguel Suárez Abel
Xerais


Capítulo 1

Sinto intriga por saber o que pasa no seguinte capítulo. Nesta móstrase un interese tanto por parte de Pili como pola de Xulio, unha certa atracción. Síntense atraídos mutuamente aínda que tentan ocultalo. É o comezo dunha historia de amor.

Capítulos 2,3,4,5

Estes personaxes amosan unha clara insatisfacción nas súas vidas. Tanto Pili como Xulio non saben que camiño seguir, non saben sequera como definir o que lles está a pasar. Viven atrapados nunha vida na que son infelices e só xuntos se senten como o que sería unha relación de nenos. Son conscientes do dano que poden facer ás súas respectivas familias se algo do seu se descobre.
Teño intriga por desvelar que ocorrerá entre eles.

Capítulo 6

Vexo que os personaxes están desesperados por estar xuntos, senten un forte desexo mutuo que os levo a tolear apaixoadamente. Tenen unha enerxía tan intensa que provoca riscos.

Capítulo 7 ao 12

Sinto tristura, compaixón, dor... polo final desta historia de amor. Creo entón que hai que aproveitar a vida, espremela ao máximo, porque en calquera momento éche arrebatada sen ter tempo a reaccionar. Creo que as cousas antes de facelas témolas que pensar pois un simple erro pódeche custar moito.
Nesta historia con final tráxico, móstrasenos que o amor é todo un mundo (ledicias, tristuras, ilusións...) que te eleva ao máis alto. Nunca se sabe de quen te podes chegar a namorar, nin as dificultades que acarrean.

Recomendo este libro pois é entretido, divertido, directo, expresivo... Amosa a historia de amor de dous profes dun instituto, que se senten atraídos desde o primeiro momento. A paixón é a dona das súas vidas, pero finalmente é o destino o que decide por eles.

16/10/07

O club da calceta

Libreta e comentarios sobre este libro de Eva García Bibián:

O club da calceta.

María Reimóndez
Editorial Xerais


Día 11-10-07. Capítulos 1-3, pax 13-121

Dende fóra os problemas das demais persoas parecen totalmente alleos a nós, completamente diferentes, pero ao final tod@s loitamos polos mesmos intereses: UNHA VIDA MELLOR.

Ata o de agora só levo lido tres historias:
- Matilde: unha muller sometida por un home que a trata como a unha escrava, humillada pola sociedade por ser gorda, unha persoa que loita por conseguir sobrepoñerse a esta situación.
Realmente todo é un reto. E ogallá que a súa fortaleza lle sirva de exemplo a moitas persoas.
- Anxos: unha gran muller que no canto de quedar cos brazos cruzados loit por lograr a nosa liberdade, e demostrarlle ao mundo que somos útiles e valentes.

Pero eu penso que aínda que non lle berremos ao mundo o que somos capaces de facer, xa sería un gran adianto crelo nós. Paréceme realmente incrible que nalgunha época nos desen feito crer que somos inútiles, que non valemos para nada.
E da súa relación de parella o único que saco en claro é que é preferible estar soa antes ca estar con alguén que non che guste.
-Rebeca: unha "barbie" de medidas perfectas á que tod@s tratan como unha boneca sen setimentos.
Non podo entender como hai mulleres que no canto de sentirse humilladas cando un home mira para elas soamente polo que teñen e non polo que son, non se percatan de que as tratan como obxectos. Falamos de mentalidade dos homes pero se queremos que a deles cambie deberiamos empezar por cambiar a nosa.
Si, paréceme moi ben o pensamento feminista pero coido que hai cousas que non se fan para marxinar ás mulleres, senón por costume e ás que lles damos demasiada importancia, será porque queremos cobrar no presente o que o pasado nunha nos deu.


Día 12-10-07. Capítulo 4-6, páx 121-243

-Elvira: nela pódese aprezar a mente retrógrada que nos invadía noutros tempos, esa mentalidade que parece mentira que aínda teña moita xente. Faime lembrar que aínda que os pensamentos doutras persoas e os nosos sexan completamente diferente debemos respectalos porque é moi duro que te forcen a pensar, sentir e actuar. Debemos defender os nosos pensamentos.
- Luz: historia dunha vida chea de prostitución na que é moi duro sobrevivir.
A xente pouco madura, ou máis ben a xente que non sabe nin que esa palabra existe, pensa que prostituírse é divertido, que esa xento faino porque quere, que é algo moi doado ben remunerado. Asocian "prostitución=diversión"; o que eles non saben é que non é só ter que aturar a catro babosos aos que lles tes que facer o che piden, senón que aínda poden pegar, descargar as súas frustracións con eles. E isto divertido? Para quen o é?
- Fernanda: condeada toda a vida á discriminación , cando sae da marxinación comprende que o "home perfecto" non existe.
Si é certo que malia todo sabemos defendernos sós pero se alguén se acerca a ti e che dá o cariño e as forzas para seguir adianto, iso... iso non hai xeito humano de pagalo.
Admiro ás persoas como Fernanda e tamén a esas persoas que axudan á xente coma ela a percorrer o camiño (un camiño tan difícil) ata a felicidade.


Día 14-10-07. Capítulo 7, páx 243-fin

Non sei como describir as emocións que este libro causou en min, non se me ocorren as palabras axeitadas, coido que non existen as palabras perfectas. Ningunha das palabras que poida escribir arestora se comparan cos sentimentos que un libro pode causar nunha persoa.
Eu son das que opino que un bo libro é aquel que agocha moitos sentimentos e do que cada persoa saca os seus propios.

É neste preciso instante cando podo dicir que confío máis en min mesma ca nunca; parece incrible o que un libro pode facer nunha persoa.

13/10/07

O inferno de Marta

Comentario de Sara Vallo Munín

O inferno de Marta

Pasquall Alapont
Editorial Xerais


Unha frase moi importante que atopei no libro é a seguinte: “No medio daquela tempestade, Marta creu descubrir a luz dun faro potente”. Significa que nunca todo está perdido, aínda que creas que non se dá saído desa situación, o maltrato, por exemplo, sempre se ten que dar o paso para non seguir nesa situación.
Eu creo que moi pouca xente ten o carácter suficiente para parar os maltratos. Porque a xente que lle pasa “afúndese” psicoloxicamente, debido ás constante humillacións que sofren.
Non é xusto que a xente que é maltratada non teña máis protección. Eu se coñecese a algunha persoa maltratada nunca a deixaría por moi insoportable que fose a convivencia, nunca se debería deixar aos maltratados co seu maltratador. Porque a historia do libro acaba ben, pero moitas que suceden acaban cun final tráxico.

Despois de ler este libro, son máis desconfiada coa xente, porque a calquera lle pode pasar e só de pensar as horrorosidades que sofren danme moita carraxe e pena. Carraxe pola mala persoa que é capaz de levantarlle a man a alguén ou de humillalo, e pena pola persoa maltratada que non ten culpa de naada, que é unha vítima do maltrato, e que ás veces non é consciente do dano que está a sufrir.

O diario vermello de Carlota

Libreta e comentarios sobre este libro de Eva García Bibián:

O diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Editorial Galaxia



Día 3-10-07. Capítulos 1-6, pax 13-73


Xa tan cedo, nas primeiras páxinas, comezo a decatarme de que é un libro moi interesante e do que calquera persoa podería aprender moito, pois opino que hai moita xente soberbia que o cre saber todo, e non é así, sempre nos poden ensinar, sempre podemos aprender máis. Pouco a pouco daste conta de que determinadas cousas que conta non están tan lonxe de nós, senón mesmo que poida que máis preto do que pensamos… todos temos un amigo, un curmán ou, mesmo, nós mesmos.

Día 5-10-07. Capítulo 6-10, páx 73-127

Ao acabar de ler estes capítulos comprobo que este mundo aínda ten moito que mellorar, que as mulleres se trataban (agora en menor medida) como trapos noxentos ou simples aparellos reprodutores. Pouco a pouco e moi a modiño unha pequena parte da sociedade está evoluíndo e vaise dando de conta das cousas das que somos capaces as mulleres.
Ao ler o machismo que afecta á maioría da xente, prodúcese en min (supoño que non soamente en min) unha grande indignación e unha rabia infinita, danme ganas de berrarlle ao mundo catro grandes verdades. Ogallá algún día a sociedade estea tan orgullosa de nós coma nós mesmas, e debemos confiar en que ese día chegará.

Día 8-10-07. Capítulo 10-12, páx 127-163

A decir verdade, agora mesmo podo seguir lendo pero necesito facer unha pausa pola profunda carraxe que me percorre. O libro relata a “discriminación” noutras relixións que se lle fan ás mulleres, unha delas privarlle da súa propia sexualidade, podendo chegar a matalas, simplemente por quitarlle o pracer sexual, todas nacemos con iso, por que nolo quitan? Acaso nós non podemos sentir desexo coma os homes? Porén, eles poden casar con moreas de mulleres e cantas máis teñen máis poderosos se consideran eles mesmos e as sociedades que os rodean.
E eu digo, hai dereito a iso? Estamos tan atrasados como para que nalgunhas culturas as mulleres se sometan a semellante humillación?. E parecerá repetitivo falar disto pero poida que este tema mereza estas páxinas e moitas máis.
Por outra parte, a lectura faime sentir, por dicilo dalgún xeito, parva, porque aínda agora a xente nova de hoxe en día, tan informados como se supón que estamos, seguimos crendo nalgúns bulos que se din por aí. E non saber diferenciar nalgúns casos o ficiticio da realidade nesta sociedade (supostamente tan avanzada) paréceme un verdadeiro atraso. E, a verdade, xa non sei se crer o que din de “quen non está informado nos tempos que corren é porque non quere”.

Día 9-10-07. Capítulos 12-18, páx 163-243

Por que todos sentimos pena por unha persoa que ten os pais separados? Si, pode ser que o pase moi mal e ata poida que iso lle cause algún tipo de problema ou trauma; pero hai xente á que iso non lle pasa e, daquela, por que o tratamos como se xa non tivese pais ou por iso sentimos mágoa?. Por que non nos damos conta de que pode ser que se sintan moi incómodos? Debemos aprender a non facer iso con todos, só cos que o necesiten, doutro xeito crearémoslle un problema que non teñen.
Por outra banda, está a xente que vive con pais homosexuais e aos que tratamos como bechos e facemos que se sintan acomplexados cando pasan por xunto á xente e quedan murmurando, cando os miran mal…
A ver se evoluímos suficientemente para deixar de discriminar á xente con esa condición.

Día 10-10-07. Capítulos 18-fin, páx 243-311

Somos moitas as persoas que xulgamos á xente pola apariencia e criticamos moitas formas de vida desde fóra, nunca pensamos que se estiveramos no lugar da outra persoa fariamos exactamente o mesmo aínda que non nos guste ou non nos pareza ético, ese é o caso, por exemplo da prostitución, a xente que se prostitúe non o fai por gusto, uns por necesidade, outros por engano e outros por traumas, o caso é que non fan dano a ninguén nin rouban e gañan o pan de cada día.

VIVE E DEIXA VIVIR

12/10/07

Os primeiros libros escollidos

Comezamos por publicar a lista dos primeiros libros escollidos polo alumnado de 4º de ESO-A, tendo en conta que algúns deles xa os remataron e comezaron con novas lecturas:

1.- Cristina Ares Carballude
Anna Gavalda: Xuntos e máis nada. Galaxia

2.- Lorena Bibián Caramés
Agatha Christie: Asasinato no Orient Express. Galaxia

3.- Laura Carballo Mato

Andrea Camilleri: A pensión Eva. Galaxia

4.- Susana Cumbraos Troitiño
Dan Brown: O código Da Vinci, El Aleph.

5.- Andrea Díaz Casal
Kafka: A metamorfose. Sotelo Blanco

6.- Adrián Furelos Sampayo
Marina Mayoral: Chamábase Luís. Xerais

7.- Eva García Bibián
Gemma Lienas: O diario vermello de Carlota. Galaxia

8.- Carla Gómez Ferradás
Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla, Xerais.

9.- Marcos González Fernández
Arthur Conan Doyle: Un estudio en escarlata. Galaxia

10.- María Agustina González
X. M. Núñez Singala: Mar de fondo, Galaxia

11.- Adriana Rey García
Fiodor Dostoievski: Crime e castigo. Galaxia

12.- José Antonio Rey García
Manuel Rivas: Que me queres, Amor? Galaxia

13.- Icíar Rodríguez Nóvoa
Jaume Cela: Silencio no corazón. Galaxia

14.- Noelia Rosende López
Ana Frank: Diario. Kalandraka

15.- José Salgueiro Tallón
Jordi Sierra i Fabra: Nun lugar chamado guerra, Galaxia.

16.- Luís Segade Penela
Tolkien: O hobbit. Xerais

17.- Patricia Taboada Espiño
Christine Nöstlinger: Horario de clase, Galaxia

18.- Thalía Troitiño González
M. Suárez Abel: Sabor a ti, Xerais

19.- Sara Vallo Munín
Pasqual Alapont: O inferno de Marta. Xerais

20.- Emma Vázquez Rivas
Agatha Christie: Cianuro espumoso . Galaxia