O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Este libro gustoume moito.
Neste libro foi nun dos
poucos onde me puxen na situación da protagonista e sinceramente o
que pasou Marta no sería nada doado para ningunha muller.
Esta historia reflexa como os homes, mozos ou maridos
poden chegar a ser extremadamente controladores e poden
chegar, desgraciadamente, a maltratar a unha muller indefensa xa que só pola forza física os homes xa nos gañan ás mulleres.
Gustoume moito esta historia aínda que é un pouco
forte todo o que lle fai o mozo á protagonista; dende o meu punto de
vista ninguén que vise na historia de Marta que a
maltrataban, debería permitir semellante atropelía.
O mozo da protagonista fíxolle cousas impensables a
Marta e pola miña parte ninguén debería vivir sendo como o mozo da
protagonista.

Este libro gustoume, pero en canto ao seu contido pareceume raro que Marta, véndose na situación na que se viu, non se dera conta do que lle estaba a suceder e non pedira axuda. Por outra parte, eu se estou no lugar das súas amigas non a deixaría soa.
ResponderEliminarO libro, en xeral, está moi ben, xa que aconsella e fala moi ben dos problemas da vida coa violencia.