Comentario de Katia Pereira GonzálezIlla Soidade
An Alfaya
Xerais
Cando tiven por primeira vez este libro nas miñas mans e vin o título e a
súa portada, pensei que ía ser un libro que non me ía gustar moito, pero a
medida que ía pasando as páxinas, o seu contido ía sendo cada vez máis
interesante. Gustoume moito porque foi un libro que me transmitiu
moitas mensaxes e quedou gravado no meu interior.
Este libro é un reflexo da realidade social que existe no noso país. Unha homenaxe a
todas aquelas persoas que viven na rúa e cuxa única compañía é a
soidade.
Fíxome
reflexionar moito en todas aquelas persoas que viven na rúa, e que non teñen
unha vida organizada como a maioría da sociedade. Que non teñen casa, comida, amigos, en definitiva, e sobre todo, que están
illados pola sociedade e discriminados por ser como son.
Pareceume moi
boa actitude a de Lucía, posto que grazas as súas charlas nocturnas Soa deixaba
de ser “unha illa” e de estar soa, e volvía a terra, dándolle un pouco de luz
na escuridade que reinaba na súa vida.
Este libro
amósanos algúns dos estereotipos, por exemplo, de que a xente non se acerca a
eles por vivir na rúa e este libro demostra que non porque vivan na rúa son
malas persoas e poden ter un gran corazón. E nós deberíamos facer coma Lucía,
ser valentes, e a pesar do que dirán, intentar integralos e facerlles a vida
máis levadeira. Porque Lucía ía falar con Soa ás agochadas, xa que súa nai
non lle gustaba que os “sen teito” descansasen alí, na Praza dos Mistos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario