02/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Alberte Payo

As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
Deste clásico da literatura mundial gustáronme bastante algunhas historias pois eran curtas e sinxelas de entender; pero outras non tiñan nin pés nin cabeza baixo a miña opinión. É unha obra coa mesma estrutura á obra de Don Xoán Manuel, ``O Conde Lucanor´´ que xa limos en castelán.
Nesta obra cada historia non ten nada que ver coa anterior, pois unha fálache dun rei árabe que tiña un falcón e outra de como Aladín atopa a lámpada máxica. Pero pódese dicir que  todas tiñan unha ensinanza ou moralexa.

No que a min respecta este libro é bastante pesado de ler pois ten moitas das historias difíciles de entender e tamén como xa dixen con anterioridade, ningunha historia ten que ver coa anterior. O bo do libro é que aprendemos anécdotas tradicionais da cultura islamista e tamén nos ensina cousas para a nosa vida cotiá.

1 comentario:

  1. Laura García Moldes3 de maio de 2015, 11:30

    Pareceume un libro un pouco complicado de ler, pola súa linguaxe complexa e o seu comezo que non me gustou pero que a medida que o les faise entretido polas accións rápidas e interesantes .
    Gustoume a súa estrutura porque cada relato tiña a súa propia historia, os seus ambientes exóticos e coloridos, tanto como os personaxes e os dramas que presentan.
    O libro está cheo de imaxinación e fantasía pero segue sendo, ou iso creo, unha lectura máis adecuada para adultos.

    ResponderEliminar